Soneira critica a "doble moral" de Feijóo por acudir a unha audiencia papal e esquecer os "postulados católicos" do seu partido que é contrario o aborto, ás parellas de feito ou o matrimonio homosexual, "a pesar de que no Goberno da Xunta hai gais recoñecidos".
"Debería lembrar Alberto Núñez Feijoo, e tódolos fariseos que izan a bandeira dunha concreta moral, o ritual romano do matrimonio: doute compañeira, que non escrava. Lamentable todo este episodio que mostra, mais que ningunha acción política concreta, a escala de valores de algúns", asegura a deputada socialista.
O PPdeG tamén criticou, cando estaba na oposición, o "protagonismo" que segundo este partido tiña a muller de Touriño, Esther Cid, por acompañar ao daquela presidente en varias viaxes oficiais, e mesmo preguntaron no Parlamento con cargo a que partidas presupostarias se financiara a súa viaxe.
*******************
DE DOBRE MORAL E DE COMO REDUCIR A COMPAÑEIRA SENTIMENTAL A CONDICIÓN DE COLABORADORA.
En España, e tamén en determinadas capas da burguesía galega, sempre tivo éxito aquilo de practicar os vicios en privado e as virtudes en público. Isto traducíase na vella mensaxe dalgún crego, incapaz de manter o voto de celibato imposto pola igrexa católica, de “fai o que eu digo non o que eu fago”. Esta filosofía sempre tivo por mais pecado aquel que se comete coa entreperna que calquera outro que nace da iniquidade que aniña no cerebro que maquina maldades inimaxinables contra a humanidade.
Así, a dereita e os sectores mais conservadores da igrexa católica, mobilízanse e berran polas rúas de España contra todo o que ten relación con esa zona tabú para eles situada no centro de gravidade do corpo humano: o divorcio, o aborto, os matrimonios gays, etc. Solo hai que acudir as hemerotecas para ver as reaccións destas xentes en canto a esquerda propuxo elevar a categoría de norma legal o que era normal na sociedade. Pero, contrariamente o que cabería pensar, os mesmos que se manifestan contra o divorcio, o aborto ou os matrimonios homosexuais, non dubidan en divorciarse, abortar ou casarse cunha persoa do mesmo sexo.
A min sempre me pareceu que unhas pingas de pragmatismo son imprescindibles para un bo político. Agora ben o que practica Alberto Núñez Feijoo está bastante alongado do pragmatismo pero moi próximo o cinismo como acción política. Así vemos que, quen encabeza a formación política que defende e propugna determinados valores morais e determinada forma de entender a vida e as relacións entre as persoas, don dubida en incumprilas todas nun exercicio de cinismo difícil de explicar. Claro que tampouco ten explicación a posición da igrexa, tan dilixente contra uns e tan comprensiva para con outros.
Alberto Núñez Feijoo ten no seu goberno a gays recoñecidos, asistiu o casamento de amigos gays, convive cunha muller “en pecado”.... é iso malo?. Absolutamente non para case todo o mundo... excepto para a dereita política e para a igrexa católica. O Presidente da Xunta e a dirección do Partido Popular sempre deu apoio a estes postulados pero, cando lle afectan, renuncia a eles e aplica o que é normal na sociedade. E dicir, fai o que eu digo pero non o que eu fago. Vicios privados e virtudes públicas. A dobre moral da dereita, pero moi especialmente do Presidente, tivo a máxima expresión na visita que fixo o Papa cando, para xustificar a presencia dunha muller coa que convive e que, supoño que amará e respectará, reduciu a condición de colaboradora.
O exercicio farisaico dunha moral oficial e doutra real lévanos a situacións coma estas; e lévanos a esperpentos tales como que, reducida a compañeira sentimental do Presidente a condición de prestadora de servicios (colaboradora), pensemos que os afectos do Presidente teñen a categoría de relación mercantil.
Estou convencida de que non é así, pero debería lembrar Alberto Núñez Feijoo, e tódolos fariseos que izan a bandeira dunha concreta moral, o ritual romano do matrimonio: doute compañeira, que non escrava. Lamentable todo este episodio que mostra, mais que ningunha acción política concreta, a escala de valores de algúns.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Eu quero saber en calidade de que foi a CHINY a Roma', si vive e pernocta en Monte Pio ', si esta rexistrada como parella de feito, ou petence ao Gabine de Feijóo?
Bueno pero este señor, non tiña certas inclinacións, como é iso de que ten unha compañeira sentimental... parece moi duvidoso...
Maina, or certo esqueceuseme dicir que esta señora pediu a excedencia para vir vivir a Monte Pío, cousa que me parece moi ben pero nós non temos porque pagarlle os seus gastos....
Maina, contra quen se carga é contra os hipócritas da igrexa católica que tanto reprime a os seus sempre que non sexan presidente da Xunta. E mesmo Feijóo que anda con chorradas de colaboracións, ó pan, pan, e ó viño, viño....
Unha vez máis hai que cargala contra as mulleres.. Esta señora se é a compañeira sentimental do presidente ten todo o seu dereito a acompañalo nas súas viaxes e actos oficiais como fan todos as santas esposas e esposos dos respectivos presidentes/as. E ten a súa profesión, supoño que terá con que pagar o seu vó a Roma, pero se os hai por menos de 100 euros en Rynair! Outra cousa é criticar ao presidente pola súa hipocresia e doble moral e a da gran maioría das dereitas, pero non, sempre é máis fácil buscar o chivo espiatorio e arremeter contra a súa muller..
Unha vez máis hai que cargala contra as mulleres.. Esta señora se é a compañeira sentimental do presidente ten todo o seu dereito a acompañalo nas súas viaxes e actos oficiais como fan todos as santas esposas e esposos dos respectivos presidentes/as. E ten a súa profesión, supoño que terá con que pagar o seu vó a Roma, pero se os hai por menos de 100 euros en Rynair! Outra cousa é criticar ao presidente pola súa hipocresia e doble moral e a da gran maioría das dereitas, pero non, sempre é máis fácil buscar o chivo espiatorio e arremeter contra a súa muller..
Pienso como catolico/a que el señor Feijóo debia de saber que el trabajo no se debe confundir con el de relacción sentimental, lo que pasa es que a ella de alguna manera le gusta representar lo que no es,
Pagamos todos a viaxe, igual que a as que fan os dous as fins de semana a Madrid, ou as que fan o un ou unha por ver ao a outro outra.
Quen lle pagou a viaxe a esa señora?, supoño que ela mesma, espero que non fose cos meus impostos. Institucionalmente que se acorde de que ela non ten dereito a un peso dos impostos dos galegos. É de vergoña a dobre moral, ir ver ó papa cunha concubina, vivindo en pecado mortal, sen respetar o santísimo sacramento do matrimonio, e ela levando unha cruz no peito. Pero esta xente é católica?, sabe o que significa iso?, ou quere fardar por ahí dicindo que foi recibida polo papa? Que pensarán disto os conselleiros gays, que dirán cando veña o papa que considera a súa condición sexual unha aberración e un pecado?
Recepción del Papa a Feijóo/ vaticano
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting