Piden a retirada do polígono do Monte Picuto por non cumprir a Lei do Solo

O colectivo veciñal 'Defende o Monte Picuto' deununcia que preto do 60% do polígono proxectado no monte Picuto (Marín) ten máis do dobre da pendente recomendada pola Xunta para a instalación de parques industriais.

Por Galicia Confidencial | Marín | 07/03/2010

  • versión para imprimir

Esta asociación presentou ante a Xunta un completo dossier de consideracións ao documento inicial do Plan Sectorial de Solo Empresarial de Galicia. Entre os argumentos máis rotundos figura o forte desnivel do terreo que faría “totalmente desaconsellable”, segundo o informe topográfico aportado, a instalación dun polígono industrial ou plataforma loxística como os que o Concello de Marín e a Consellería de Medio Ambiente proxectan nesa ubicación. Máis do 57% do terreo previsto ten unha pendente superior ao 35%.

A “Guía de Recomendacións Técnicas para o Proxecto Integral de Parques Empresariais de Galicia”, publicada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo en 2009, recolle que "...oss parques de tipo industrial non se poden localizar razoablemente sobre as zonas moi abruptas, entendendo por estas as que superen o 15% de pendente”. Un recente informe técnico revela que o 92,60% do terreo proxectado como chan industrial no Monte Pituco (Pornedo) supera amplamente esa porcentaxe.

Desniveis do 30%


Nun comunicado, este colectivo asegura que máis do 11% da superficie prevista excede en dez puntos ese nivel máximo recomendado. Outro 24% do terreo presenta un desnivel entre o 25 e o 35%. O dato máis salientable refírese a que máis de 42 das 73 hectáreas que ocuparía ese suposto polígono sobrepasan o 35% de pendente. Por estes motivos que cómpre lembrarlle ao Goberno local de Marín, xa no ano 2000 a Autoridade Portuaria descartara o Monte Pituco como posible emprazamento para as empresas susceptibles de traslado.

Así, di que o movemento de terras necesario para adecuar a superficie do Monte Pituco ás condicións óptimas que require un parque industrial, tería un custe moi elevado. Deste xeito, apuntan que, pola composición rochosa dese territorio, como quedou probado durante as obras da variante de Marín, "sería previsible acometer numerosas voaduras que xa naquel entón provocaron importantes fendas nas vivendas de Pena e Caeiro, que a empresa promotora se viu obrigada a reparar".

Ademais, denuncia que o impacto ambiental e paisaxístico derivado da explanación do terreo "sería brutal e dunha envergadura irreparable".

Críticas ao PSdeG

Por último, critica aos dirixentes socialistas, que non se reuniron con esta plataforma, por asegurar que esta zona é “a máis chan” de todo Marín para ubicar un polígono industrial. "Con máis de 68 hectáreas cuxo desnivel pasa do 15%, a plataforma veciñal discrepa radicalmente do que o Goberno local entende por un emprazamento axeitado para semellante infraestrutura, tendo en conta as indicacións da propia Xunta de Galicia", aclara.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Monte Pituco (Pornedo)