Nunha reunión celebrada o pasado xaneiro, estas entidades, entre as que se atopan a Asemblea Republicana de Vigo, a Asociación Cultural Comisión pola Memoria "Sinhor Afranio", a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, a Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36, a Comisión Cidadá pola Verdade do 36, a Fundación 10 de marzo ou o Instituto de Estudos Miñoranos, acordaron iniciar accións conxuntas ante a Consellería de Cultura.
Así, critican o "cambio en negativo" por parte do actual goberno da Xunta de Galicia por eliminar a promoción e colaboración coas actividades que se desenvolven coas tarefas referentes á recuperación da Memoria Histórica e anular a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009.
Illa de San Simón
Tamén denuncian a redución da partida orzamentaria do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" e o cambio de usos para Illa de San Simón. Por iso piden que sexa declarada como un "Lugar da Memoria" de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido, "onde se poida desenvolver todo tipos de actos de recoñecemento, homenaxe e difusión a todas aquelas persoas que sufriron a perda da liberdade por ser demócratas".
Neste sentido, reclaman a continuidade do Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista e demandanlle á Xunta que se siga a promover a investigación na recuperación da Memoria Histórica.
***********************
A/A
Excmo. Sr. D. Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo
Consellaría de Cultura e Turismo
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
En reunión celebrada en Vigo o día 9 de xaneiro de 2010, e constatado o cambio en negativo por parte do actual goberno da Xunta de Galicia, en relación co corte ou eliminación da promoción e colaboración coas actividades que se desenvolven coas tarefas referentes á recuperación da Memoria Histórica, anulando a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009, as asociacións abaixo asinantes,
ACORDAN
1.- Denunciar a redución da partida orzamentaria do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", que tan importante labor estaba a levar adiante, reclamando que se continúe conservando o 100% da súa financiación.
2.- Perante o cambio de usos para Illa de San Simón, demandamos que a mencionada illa sexa "Lugar da Memoria" de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido, onde se poida desenvolver todo tipos de actos de recoñecemento, homenaxe e difusión a todas aquelas persoas que sufriron a perda da liberdade por ser demócratas.
3.- Reclamamos a continuidade do Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista.
4.- Demandamos que se siga a promover a investigación na recuperación da
Memoria Histórica, así como o fomento de axuda e colaboración para
actividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e institucións en realización de actos de recoñecemento das vítimas da represión franquista.
Asociacións asinantes:
Asemblea Republicana de Vigo (Vigo)
Asociación pola recuperación histórica de Marín (Marín)
Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)
Asociación Cultural Comisión pola Memoria "Sinhor Afranio" (Colectivo da provincia de Pontevedra)
Asociación Amigos de Johan Carballeira (Bueu)
Asociación cultural " A Oliveira" (Teo)
Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido" (Terra de Montes)
Asociación Civico-cultural Terra de Outes (Outes)
Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo (Lugo)
Asociación cultural Vagalumes (A Estrada)
Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Vigo)
Colectivo Republicano de Redondela (Redondela)
Comisión Cidadá pola Verdade do 36 (Baixo Miño)
CRMH d´A Coruña (A Coruña)
Fundación 10 de marzo (Galicia)
Grupo "A Quenlla" (Galicia)
Instituto de Estudos Miñoranos (Val Miñor)
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Calquera cousa non, pero o que se facía mal sí. Ou que pasa, que o único inútil é Feijoo(que é bastante incompetente, por certo)? Pois si non me gustan os consorcios varios e chanchullos de todo tipo da igual quen os faga, sr. Peleteiro...
Ah! que só se pode facer crítica dos de agora! Así lles foi, ou vos foi. Resulta que hai que dicir amén sempre, aínda que o partido se equivoque. Viva a Santa Madre Inglesa!
O malo de todo isto é que coñezo a moitas persoas que pertencen ás asociacións mencionadas anteriormente que se pasaron toda a anterior lexislatura pasada criticando calquera cousa que facía o bipartito. Agora, laianse da política do PP. Perdode todos o meu cabreo, mais moitas destas persoas deberían saber que despois de 70 anos de goberno fascista en Galiza non se vai cambiar en 3 anos e medio.
Acción a favor da memoria histórica/ pcasevilla
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting