Polo noso blog colaborador axendapolítica
A pasaba semana sinalabamos que o balance da actuación anual de Núñez Feijóo comezaba a destacarse como tema relevante dentro da axenda, tema no que as referencias aos datos de paro e decrecemento económico pintaban un escenario pouco favorable para a imaxe do Presidente. Pero, xusto cando agardabamos que pasado o interese polos efectos do temporal quedase o espacio comunicativo libre para un minucioso repaso destes doce meses, por primeira vez cunha ampla crítica con presenza en medios posta nos intereses da axenda personal dos galegos, intercedeu a sua santidade (e monseñor Barrio) e salvoulle a semana a Feijoo. (Gráfico 1)
E fixoo sen alterar esa elevada presencia do Presidente en relación co seu Gabinete, esta semana o conselleiro Rueda, encargado do lio das caixas, foi o Conselleiro con mais presencia nos medios dixitais. Sorpresivamente a conselleira do Mar, Rosa Quintana, moi pouco habitual nos medios, obtivo tamen unha presenza relevante correxindo furtivos e celebrando a acuicultura e a gastronomía marítimas. (Gráfico 2)
O interese que despertaron a viaxe de Núñez Feijoo (e monseñor Barrio) a Roma, as suas actividades no Vaticano e o conxunto de anuncios, explicacións e interpretacións que produciu a sua volta motivaron un amplo interese diario polas virtudes do Presidente da Xunta e os seus exitos. (Gráfico 3)
Menos Lei de caixas
O anuncio da visita de Bieito XVI e o heroico das negociacións compensaron o permanente lio das caixas e o inevitable balance previsto, iso si, no diario La Opinion semella que perden un pouco o equilibrio cando de falar do Vaticano toca. (Gráfico 4)
Revisando os temas das novas do presidente vemos como pasa todo a un segundo plano para deixar espazo ao relacionado co bispo de Roma, todo agás as Caixas, sempre as Caixas. Toca agora ver canto tempo é capaz o Presidente de estender o apoio do Papa ao Xacobeo como solución a canto problema apareza.
*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 288 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Grafico sobre a presencia mediática do Goberno da Xunta/ axendamediatica
Grafico sobre a presencia mediática do Goberno da Xunta/ axendamediatica
Grafico sobre a presencia mediática do Goberno da Xunta/ axendamediatica
Grafico sobre a presencia mediática do Goberno da Xunta/ axendamediatica
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting