Os deslices públicos poñen en apuros á Xunta

Primeiro foi Telmo Martín e agora tócalle o turno ao conselleiro de Cultura. Un novo documento audiovisual deixa en evidencia a Roberto Varela.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/03/2010

  • versión para imprimir

Aconteceu en Fitur, durante a presentación das bondades do Xacobeo. Varela castelanizou topónimos galegos e converteu a Touro en 'Toro' e a Sobrado dos Monxes en 'Desván de los Monjes'.

 

Rápidamente nos foros de internet e, sobre todo nas redes sociais, comezaron a comentar o sucedido. Unha información que utilizou a nacionalista Carme Adán durante unha comparecencia do conselleiro no Parlamento para pedirlle a demisión. "Deixen de buscar basura en Internet. Hai que ser estúpido para pensar que eu vou a dicir Desván de los Monjes", dixo entón.

Web institucional

Sen embargo, un video colgado precisamente nunha web institucional  "http://www.galiciavensientela.com/" puxo en evidencia o conselleiro que tivo que pedir desculpas. "Utilizaron un traductor automático no meu discurso e por iso dixen o que dixen", sinalou ao recoñecer ao seu erro e logo de chamar as deputadas Carme Adán e Marisol Soneira.

Non é a primeira vez que a Xunta ten un disgusto deste tipo. Hai unhas semanas, nunha visita institucional do voceiro do PP de Pontevedra ao presidente da Xunta, Telmo Martín dixo dos xornalistas que eran "unos hijos de puta", afirmación da que tivo que desculparse en rolda de prensa. Daquela, o video fora remitido tamén polo propio Partido Popular.

Unha situación semellente aconteceulle á presidenta da Comunicade de Madrid, Esperanza Aguirre, que se referiu a un dos máximos colaboradores de Alberto Ruíz Gallardón, Manuel Cobo, como un "hijo de puta". A expresión foi captada polos micrófonos antes do comezo dun acto e Aguirre tivo tamén que retractarse.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
7

Nabuco

Curioso. En Galicia para ser conselleiro de Cultura dun goberno de dereitas hai que ser un perfecto ignorante presuntuoso. Vai decir mais tonterías que Pérez Varela


6

Niullor

Hay que ser estúpido...


5

Arenga

Que agardades? Está no goberno gente que ódia Galiza e só pretende escalar possiçons para que lhe deam um posto bom em Madrid.


4

AUSTERIDÁ

Home, o outro Varela, aquel de Fraga, fora o que ía a un concerto a escoitar a gran cantante galega CARMIÑA BURANA, ademáis de presentar os concertos do anterior Xacobeo como si foran grupos de pasodobles...e agora ven o ESTÚPIDO ESTE A NEGAR O QUE DIXO. HAI QUE SER ESTÚPIDO PARA POÑER A ESTE TIPO DE CONSELLEIRO, BEN ESTÚPIDO. p.d.: Canto costóu ao erario público a viaxe de Chini coma concubina? Van devolver o diñeiro da viaxe da súa amante, príncipe dos austeros?


3

Alfonso García

Os do PP son fans inconfesos da Hora Chanante. E repiten (inconscientemente, que grande escusa Varela) esta canción todo o día: http://www.youtube.com/watch?v=V1Nn... Eu tamén vou tomar exemplo. Hai que dicilo máis...


2

xose

Que vergonza,e estes son os cadros do PP


1

Cesar

Lo de este hombre comienza a ser un poco lamentable, la verdad. Yo no sé de donde lo sacó Feijoo pero la verdad es que no está funcionando en una consellería tan importante como la de Cultura


Entrevista de Roberto Varela en Localia Vigo