Carlos Príncipe, acusa a José Luís Méndez, director de Caixa Galicia, de enchufar aos seus fillos como dirixentes de empresas participadas polas entidades. Príncipe puxo en dúbida a rendibilidade de varias operacións realizadas por estes familiares.
R, Povisa, Remolcanosa
"O fillo de Gayoso está dirixindo unha empresa que se chama R, con participación maioritaria de Caixavigo", explica Príncipe na Crónica da Radio Galega. O ex-senador explica que Caixanova pagou demasiados cartos a Fenosa cando a eléctrica desfíxose das súas accións na operadora galega de telecomunicacións.
Príncipe tamén acusa a Gayoso de facilitar créditos para operacións nas que están involucrados os seus familiares . "O xenro de Gayoso é director de Povisa, que a súa vez é fillo de Solveira, que está en Remolcanosa, e compraron o canon cun crédito de Caixanova", escoitase no corte audio, editado polo blogueiro Imeneo:
O fillo de Méndez e a venda de GALP
O socialista tamén ataca a Méndez. Na súa versión, a recente venda de accións por parte de Caixa Galicia da petroleira GALP tería sido un venda apresurada, a menor prezo do real, para lograr liquidez. A venda, foi executada por José Luis Méndez López, responsábel de CXG, corporación financeira e empresarial de Caixa Galicia.
Príncipe razoa que "se eu alcalde coloco aos meus fillos no Concello de Vigo, bótanme a golpes" e conclúe que "a esquerda non pode defender a estes dous cidadáns" . Os ex-alcalde asegura que as cúpulas das caixas cometeron "gravísimos errores financeiros e deron créditos absolutamente inxustificábeis e non para o desenvolvemento de Galiza".
Canto valen en realidade os pisos de Caixanova e Caixa Galicia?
Cómpre ter en conta que o PSOE, entre liñas, indica que a situación financeira das caixas galegas non é a que se publicou. Así, Zapatero insistiu moito no Congreso, cando o BNG lle preguntou sobre o asunto, que cumpría asegurar a "solvencia".
En Galiza, Pachi Vázquez volveu acusar a Xunta este luns de "mentir" aos galegos. Tanto Caixanova pero, sobre todo, Caixa Galicia deron moitos créditos a importantes construtoras. Fadesa, Urazca, Astroc, Superco, Habitat, Nozar son algunhas das empresas financiadas por Caixa Galicia. O Banco de España ordenou este ano ás entidades reducir un 20 por cento o valor que estas estimaran para a súa carteira de pisos sen vender.
Presións a artistas para que asinen novo manifesto
Príncipe insiste en que, neste contexto, "o mellor que pode pasar co das caixas é que a xente decente estea nun lado e a outra no outro lado". O ex-alcalde asegura que Caixanova está a preparar un manifesto en contra da fusión, mesmo chamando a artistas e recordándolles o apoio recibido da Fundación Caixanova.
Denuncia de compra de votos nas asembleas
O ex-político mesmo pon en dúbida a limpeza das eleccións nas Asembleas das Caixas. Nelas participan representantes dos impositores, particulares elexidos mediante sorteo entre os que manteñen certo saldo durante algúns anos.
"Os directores das sucursais lévanos a comer, eses compromisarios en sorteo elixen unha lista que vai a asemblea, van o día da votación acompañados do director da súa sucursal, dánlles de comer, alí págaselle a dieta de 90 euros e dinlle a quen teñen que votar", conclúe o ex-alcalde olívico.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
E onde estaban os últimos gobernos galegos cando os directivos das nosas caixas mangoneaban o que querían???
hai xente moi lista e aos lambóns e papabrebas fillos de papa que ocupan postos de 'categoría' agora chamanlle 'gerente de comercialización en pymes'. ¿cando quedamos para comer e pagas ti coa túa visa de empresa? - isto tamén vale para o castelan falante ese que di que 'todo es una difamación'
hai que ver a 'elite' de sinvergonzas e mantidos que deixamos que nos gobernen e nos zoqueteen os cartos.
Algunha verba en galego di. Repite unha ducia de veces Carallo. Polo demais, equívócase en datos puntuais, pero as Caixas chamadas galegas son tal cual di: unha pandilla. Os pequenos empresarios sufrindo porque non lle dan créditos e estes gayosos e méndez empregando os seus fillos e gastando os cartos que non son seus. Pero, porque non sae algo desto nos medios de comunicación? Porque non se dan os balanzos consolidados?
Curiosa maneira de enxuiciar a unha persona. Entón por esa regra de tres, a Lendoiro habería que fusilálo e a Feijoo mandálo a Alcatraz (coa Chini, que tampouco vai ser deixar o tema do apareamento descuidado). Hai que **derse cos razonamentos de algúns.
Se levan as caixas a Madrid, saco os cartos de ali de contado, habería que ver canto rexisten as caixas cunha fuxida de capital masiva.
El hijo de JF Gayoso al que se refiere como "dirigiendo R" es simplemente un empleado, con cargo de gerente de área, al igual que otros 11. R tiene 1 consejero delegado-director general, 8 directores de división y unos 11 gerentes de área (hay 6 vacantes de gerentes para ahorrar). Juan Gayoso es uno más de esos gerentes, con experiencia y conocimientos adecuados al puesto que ocupa (gerente de comercialización en pymes). Lo que dice esta noticia no es más que una difamación.
Por que traducides as palabras de Carlos Príncipe o galego? Non dia absolutamente nin unha soa palabra na lingua de Risco. Por certo, non ten nada que ver co contido da súa disertación; declaracións que aclaran moito e teñen moito sentido.
Obras de La Manxoya, en Oviedo, de Urazca, constructora que foi á suspensión de pagos. Caixa Galicia, que financiara o proxecto, tivo que quedar cos pisos
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting