Zapatero contra Galicia

Había poucas dúbidas ó respecto, pero, por si aínda se atisbaba algunha sombra, quedou xa completamente despexada: O Goberno de Rodríguez Zapatero non quere a fusión das caixas galegas. Así de sinxelo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 09/03/2010

  • versión para imprimir

O recurso ante o Tribunal Constitucional da lei de caixas, que foi impulsada por unanimidade do Parlamento galego e aprobada por dous terzos da cámara (non hai que esquecelo), era unha cortina de fume, unha excusa para gañar tempo e seguir a poñer atrancos á alianza entre Caixa Galicia e Caixanova, que as levaría a convertirse na quinta entidade financieira do Estado. A estrataxema responde exclusivamente ós intereses do PSOE e pode incluso que a súa orixe esté nalgún ministerio, non precisamente da área económica, con clara vinculación con Galicia.

O espectáculo dantesco de hai uns días, cando o Goberno central unilateralmente decidiu cancelar unha das xuntanzas previstas, incumplido as máis mínimas regras de decoro e educación social, pero sobre todo vulnerando o respeto que debe imperar nas relacións entre institucións, é incalificable e, sobre todo, inaceptable. Idénticos calificativos merece o feito de que algún alcalde que concurriu baixo as siglas do PSOE dispuxera de información privilexiada e fixera ostentanción dela antes incluso de que lle fora comunicada os responsables da propia institución agraviada.

O executivo que lidera Núñez Feijoo representa a Galicia, a todos os galegos, en definitiva, e o desplante do Goberno central denota, por tanto, unha total falla de respeto a Galicia e a todos os galegos.

Revela asimesmo, agora xa con absoluta nitidez, que Rodríguez Zapatero e os seus ministros non queren chegar a ningún acordo, que só anhelan sacar rédito político bloqueando as lexítimas aspiracións de Galicia de seguir a ter presenza destacada no mapa financieiro español. Sen esquecer tampouco que o seu proceder atenta contra a propia autonomía de Galicia.

Os socialistas non tiñan argumentos xurídicos para seguir a xustificar a presentación dun recurso de inconstitucionalidade. Foi unha decisión arbitraria e os feitos así o demostran. Non había tampouco vontade negociadora, porque si a houbera, ese recurso non se tería presentado antes incluso do inicio das conversas.

Non hai que obviar tampouco os variables e contrapostos discursos dos socialistas sobre este asunto. É imposible estar na misa e replicar e, máis pronto que tarde, Zapatero e o PSOE terán que responder das consecuencias que a súa irresponsabilidade está a provocar.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

Neocón

Barreiro, non tendes vergonza, non sei como vos atrevedes a falar, con todo o que vos vén encima. Será por iso que estades a comprar a todos os medios de comunicación? espera a ver a que o sumario da "gurtel" saia a lus do día. É iso estades a taparlle a boca cos cheques de todos os galegos. Tamén quero decirlle que non vos olvides de todos os cartos que lles estades a dar sin control ningún os vosos amigos das empresas, son FONDOS PUBLICOS. Ai, eso si a culpa de todo a ten ZP, . Primeiro utilizades o pupulacho para sertar nos sillóns, e despois dadeslles ben polo CU...


2

Laissez passer

BARREIRÍN, como te escuchen en el PP de Madrid te van a canear, así que llevándole la contraria a CRISTOBAL MONTORO y a lo que dicen los dirigentes nacionales de tu partido. Otra cosa, si sois tan "presuntamente" liberales en economía, ¿que hacéis con leyes intervencionistas?. Eso es propio del venezolano Chávez y similares, pero no de un partido que se declara liberal. Claro que cuando interesa mangonear, no hay principios. Tenéis menos credibilidad que verguenza, que ya es decir.


1

Algalia

Barreiro é certo o de "Zapatero contra Galiza", mais tamén podemos dicir o mesmo de "Feijóo contra Galiza": no Concurso Eólico, na Lingua, no desmantelamento dos Servizos Sociais, na privatización da Sanidade, na gratuidade dos Libros de Texto, nas norma do Hábitat, etc.., e o peor é que Feijóo é Presidente da Xunta, cando menos o Zapatero defende a súa España.


Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog