A Cámara galega dalle un tirón de orellas a Rosa Díez

O Parlamento galego criticou hoxe, sen citala, a Rosa Díez por utilizar un “xentilicio como alcume pexorativo” contra os galegos e tildou o seu comportamento de “xenófobo”.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/03/2010

  • versión para imprimir

"O uso do xentilicio como alcume pexorativo, non só ofendeu a miles de galegos e a outras persoas sensatas, senón que constitúe un tópico non aceptable. Contén un prexuízo xenófobo, inadmisible nun único marco de debate que cumpre defender, o das ideas", recolle a declaración institucional aprobada hoxe por unanimidade no Parlamento galego.

A Cámara fai un chamamento chamamento a "afondar na educación, nos valores cívicos da tolerancia e respecto ao outro, e a abandonar a linguaxe que pode fomentar estas condutas, sobre todo por parte dos creadores de opinión,", entre os que se atopa os líderes políticos, como a propia Díez.

Finalmente, e tal e como pedía o PP, a declaración no fixo mención expresa a Rosa Díez. Con todo, PSdeG e BNG pactaron a declaración porque entende que, aínda sen citala, “está claro que nos referimos a ela”.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

8 comentarios
8

Nacional Non Graciñas

Ahí NACIONAL, ahí lle diches, e de paso sería recíproca cando te/se meten cos de aló do PADORNELO chamándolle de todo?


7

NacionalGalego

Non foi un "tirón de orellas", foi unha clara declaración institucional na que se expresa a opinión da cámara, no sentido de considerar racistas e xenófobas, aquelas manifestacións que menoscaben a imaxe colectiva da identidade galega. Se tiveramos competencias en materia penal, unha declaración deste tenor tería a súa natural plasmación na lexislación penal en forma de tipo delictivo.


6

Rayleigh

Manolo fillo...deixa de facer méritos para que te coloquen de candidato a alcalde. A ti impórtache ben pouco os chanchullos ou calqueira outra cousa que non sexa a túa mesías Risiña. Deixa de facerte o digno por que non o eres


5

Manolo

Una estúpida manera que tienen nuestros diputados de intentar que olvidemos sus chanchullos generalizados con las dietas. Señores, estamos en el paro y en la ruina y ustedes se dedican a las gilipolleces para despistar.


4

Galego GZ

Ben feito, como menos agardaba unha amonestación deste tipo. Estaba farto do "mexan por nós e dicimos que chove" tan popular entre a poboación galega.


3

rosiña GB

Stop racismo


2

Festival del humor

Vaia xitanada, por unha bilbainada montades unha merenda de negros, que moros sodes. Eso sí, os deputados para cobrar coma os cataláns, sodes uns xudíos aínda que traballedes menos que un andaluz.


1

galego

Paréceme unha parvada. Rosa Díez busca protagonismo insistentemente e o único que fan é darlle unha importancia desmesurada. O parlamento dos galegos debería adicarse a outras cousas máis productivas, senón vai resultar que ó final Rosa tiña parte de razón.


Intervención de Rosa Díez no Parlamento/ rafaelsanchezdiaz.wordpress.com