Guerra na CRTVG

O Comité Interempresas da CRTVG acusa a CUT e a “certos dirixentes” do ente autonómico de “azuzar” aos contratados para crear unha guerra entre os traballadores. Os contratados denuncian que o comité “vendeunos" e o ente público di que a OEP é a mellor forma de "acabar coa precariedade".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/03/2010

  • versión para imprimir

As diverxencias veñen de lonxe pero a tensión foi a máis e estalou tras o anuncio da empresa pública de convocar unha oferta de emprego público (OEP) de 220 prazas polo sistema selectivo de concurso oposición. Un anuncio que os traballadores contratados interpretaron como un pacto entre a dirección da CRTVG e o Comité Interempresas xa que a modalidade elixida é o concurso oposición e non o concurso de méritos como piden a maior parte deles e porque o número de prazas está lonxe dos mais de 500 que se prometeran.

Por iso, e logo de asambleas e reunións frustradas co actual comité, os traballadores contratados, co asesoramento da CUT, teñen iniciado unha serie de protestas encamiñadas a convocar novas eleccións sindicais.  Tampouco descartan unha folga se comité e dirección non poñen en marcha medidas alternativas para manter no seu posto aos máis de 300 contratados que non poderán facerse cunha praza.

Esta é a segunda vez que os traballadores piden a o cese do Comité Interempresas. Hai pouco máis dun ano un grupo de traballadores, tamén asesorados pola CUT, presentaron na Oficina de Rexistro Público da Delegación Provincial da Consellería de Traballo da Coruña máis sinaturas das precisas para iniciar o proceso de revogación do Comité de Empresa da televisión autonómica conforme establece a lei. O proceso paralizouse coa entrada do novo goberno e reactivouse unha vez que a nova Xunta decidiu convocar un OEP.

“Consolidacións” sen exame


Pola súa banda, os membros do Comité intercentros (CIG, UGT, CC.OO e USO) acusan á CUT e a moitos dos contratados de buscar “un proceso de consolidación no que unicamente o persoal da casa acceda aos postos de traballo”. Así, din que esta reclamación que non se axusta ás normas de acceso ás empresas públicas, nomeadamente o principio de igualdade.

Ademais critican que estes traballadores e á CUT dirixan a súa frustración contra eles “cando foi o PP quen lles creou expectativas de acceso aos postos fixos que agora non pode cumprir”. “Sorprende tamén que non sexa a Dirección o branco das súas críticas cando está na súa man calquera posibilidade de modificación ou aumento das prazas ofertadas e cando é un dos dos piares nos que se sustenta o acordo final sobre a OEP”, apuntan nun comunicado.

O Comité Interempresas tamén responsabiliza a algúns sectores  da  dirección de promover a actual situación de conflitividade no ente público porque “só busca deslexitimar a representación sindical e  favorecer un contexto que lle permita botar abaixo o convenio colectivo e precarizar as condicións laborais dos traballadores”.

Cifras

Segundo datos da empresa, o número total de contratos temporais na CRTVG é de 443, 125 son contratos de interinidade celebrados para substituír traballadores con dereito a reserva de posto de traballo (baixas por enfermidade, licenzas e suspensións de contratos), 17 de prácticas e 12 de revecemento (celebrados para cubrir postos de traballadores acollidos á xubilación parcial). Por iso, o comité intercentros asegura que “pola súa propia natureza, estes non poden ser obxecto de consolidación, e a súa continuidade non depende da execución da OEP”.

Dos 289 contratos cubertos temporalmente na modalidade de interinidade en vacante de OEP (124) e de obra ou servizo determinado (165),  220 son os que se consolidarían coa execución da OEP. Os 69 contratos restantes, a empresa vincúlaos con programas non permanentes na grella da TVG e a RTG que teñen autonomía e substantividade propia e que xustificarían senllos contratos de obra ou servizo determinado. “Por iso tampouco estes contratos dependería da realización da OEP, senón da permanencia en emisión dos programas que os motivan”, di o comité.

***********************************
Documento remitido pola Dirección da División de RR.HH. aos traballadores este luns:

En relación coa recente sentenza do Tribunal Supremo relativa á legalidade ou non dunha cláusula do Convenio Colectivo da Radio e Televisión de Andalucía que establece a posibilidade, con carácter excepcional, de novar os contratos de traballo temporais e transformalos en fixos, é importante salientar que esta solución non podería prosperar na actualidade xa que suporía unha vulneración do artigos 55, 61 e da Disposición Transitoria  4ª da Lei 7/2007 do Estatuto do Empregado Público, do artigo 103.3 da Constitución Española e do artigo 10 da Lei da Función Pública de Galicia, por non cumprirse os principios reitores do acceso ao emprego público, máxime cando se indica expresamente no artigo 10.4 da Lei da Función Pública de Galicia que a Administración non poderá converter en fixa ou indefinida unha relación laboral de carácter temporal.
Sendo isto así, a única solución posible á precariedade da  contratación temporal é unha oferta de emprego público de 220 prazas polo sistema selectivo de concurso oposición, único que garante xuridicamente o proceso, avaliando ao máximo legal posible os méritos dos profesionais que levan anos demostrando a súa valía na empresa e utilizando para ilo a consolidación de emprego temporal prevista na Disposición Transitoria  4ª da Lei 7/2007 do Estatuto do Empregado Público.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
9

averseédesta

Canto atrevido e canto insulto! Que levemos 10, 15 ou 20 anos traballando aquí dentro sen ter aprobada unha oposición é culpa dunha dirección que actuou de xeito irresponsable pero tamén é culpa duns sindicatos, e dun comité de empresa (o que segue, con poucos cambios) que o permitiu. Acordáronse dos contratados cando precisaron o noso apoio para ir á folga. Ata ese momento, mesmo nos negaron en público. Foi tal cual. Dixeron que eles non representaban os contratados. Despois dimitiron para se volver presentar. Menuda burla! E agora falan de xustiza, igualdade, ..., canta palabra valeira! O comité é o peor mal desta empresa e se chegamos a esta situación foi porque nunca lles interesou atallala. Agora cómpre unha solución excepcional para un problema excepcional. Despois será o momento de facer as cousas ben, con orde e con xustiza.


8

María

Pois a ti que te despidan con case 50 anos, fillos pequenos e sin ter onde caer de cu.


7

xiabre

Contratado, eu pasei pola mesma situacion e un xuíz daquela mandoume para a casa cunha indemnización...as normas para o acceso aos postos públicos son vía concurso oposición...ter un amigo que te meta e te manteña 20 anos dentro non debe garantirche a praza fixa, porque é unha inxustiza... e non é certo que ninguén tivera oportunidade de acceder a unha praza porque sin ir máis lonxe hai 4 anos houbo oposicións. Digo máis : Técnico de control de son (na radio) e Locutor que non son prazas en extinción, non me contedes milongas, que aínda por enriba a última convocatoria fixose de xeito que os de fora non puideramos enterarnos a tempo porque se convocaron en pleno nadal...sei do que falo e tamén sei que despois de traballar 4 anos e medio na casa funme fora porque non aprobei a poposición, hai que ser honrados si non aprobas ¡fora!


6

para xiabre

#2, hubo 2 convocatorias para 2 PLAZAS en total y a categorías en extinción. Eso no son oposiciones para 500 trabajadores.


5

Tolón tolón

¿E a xente nova que quere entrar en CRTVG? ¿Non teñen tanto dereito coma o resto a conseguir unha praza? Que eu saiba, os que estiveron anos e anos traballando alí fixérono cobrando un sueldo de carallo e traballando a turno partido, que xa o quixeran moitos traballadores dos medios. Aquí dá a impresión de que estiveron currando gratis. NINGUÉN OS OBRIGOU, CARALLO! Outra cousa ben distinta (non intentedes confundir) son os traballadores das produtoras, que cobraban a metade e traballaban o dobre. Iso é outra cousa ben distinta... Pero na CRTVG hai moito asiduo ao pasillo... así vai como vai.


4

Traballador

Nos servizos informativos, tanto da TVG como da Radio Galega, sobra moita xente, sobre todo redactores. Non hai tanto traballo para todos, e penso que botalos tampouco é a mellor solución, senón apostar pola produción propia. Deberían reciclalos canto antes, poñelos a facer programas, coidando ao máximo a calidade. Lembren que hai dúas canles, e cada unha delas debería ter a súa propia programación.


3

Contratado

Ninguén tivo a oportunidade de opositar a unha praza na CRTVG nos últimos 18 anos. Eso si, a CRTVG non deixou de contratar traballadores, na maioría dos casos previa proba de selección, que non se esqueza. Hoxendía son traballadores con dereitos que están a recoñecer nos xulgados practicamente todos los días, incluso con sentenzas firmes do Tribunal Supremo. Se a Xustiza dalles a razón, por que os sindicatos e a empresa xúntanse para negarlla?


2

xiabre

E certo que algúns levan 20 anos traballando, pero non é menos certo de que neses anos houbo 2 convocatorias e eles NON APROBARON, así que se non aproban, para a casa como se fixo sempre...


1

caraduras

Estes traballadores son uns caraduras que queren entrar polo puto morro. Que fagan unhas oposicións limpas coma todo dios ou queren entrar enchufados coma entraron todos os do pp. E logo van de democrátas amparados por un pseudosindicato que se di independentista e que é o tonto útil do pp. unha vergoña o da compañía