Aquí podemos ver ó Conselleiro de Cultura mesturando nomes como os de Boqueixón ou Boimorto con Toro (Touro) e Desván de los Monjes (Sobrado dos Monxes).
Posiblemente dentro de pouco haberá que cambiar os seguintes nomes de poboacións galegas deste xeito:
Carballiño por Roblecito
A Rúa por La Calle
O Bolo por El Bollo
Chandrexa de Queixa por Chandreja de Queija
A Teixeira por La Tejera
Laouro por Laroco
A Porqueira por La Puerquera
Muíños por Molinos
Lobeira por Lobera
Pereiro de Aguiar por Peral de Aguilar
San Amaro por San Mauro
Crecente por Creciente
Pontevedra por Puentevedra
Ridadumia por Encimadelumia
A Estrada por La Carretera
Baralla por Baraja
Cervo por Ciervo
Lourenzá por Lorenzana
Triacastela por Triacastilla
Xermade por Germade
Riotorto por Riotorcido
Pedrafita do Cebreiro por Piedrafita del Cebrero
Cospeito por Cospecho
Porto do Son por Puerto del Sonido
Ortigueira por Ortiguera
Cabanas por Cabañas
Oleiros por Alfareros
etc......
Así son os que nos gobernan hoxe, uns firmes defensores da convivencia das dúas linguas en Galicia. Non vos recorda esto a un tempo pasado onde a algúns lle deu por traducir o nome das nosas aldeas e vilas?
Eladio Osorio
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Síntoo, pero as traducións automáticas non darían todos eses resultados. Por exemplo Amaro sería Amargo e non Mauro. Queixa sería Queja... Si, ben sabemos que esas adaptacións se fixeron no pasado e vostede é ás que se refire con humor, pero postos a traducir...
Chelo, en realidade o inimigo non ten por que ser nin o PSOE nin o PP. Na sociedade conviven diversas tendencias e como tales deben coexistir. Inimigas poden ser certas actitudes lingüísticas, se ao PSOE lle preocupa o idioma, que teña coherencia, e que non defenda posturas antagónicas en función do que lle pete ao líder do concello de turno.
O número dous do PSOE en Ourense e Vicesecretario Provincial Eladio Fernández, pásase ao PP de José Manuel Baltar J.M. Baltar 1 -- Pachi Vázquez 0 Que nolo explique Eladio Osorio tan amigo de criticar aos demáis.
Mira cheliño, primeiro o galego e de todos non dos nacionalistas ou do bloque, e segundo cando o PSOE (que de PSdG non ten nadiña) teñan unha pouca congruencia nos sues ditos e feitos. A á galeguista e minoritaria e perseguida no partido, nin cargos de suposto mais peso (presidente de duputación, ou presidente de socialistas galegos) pon a un alcalde firme na defensa do galego, por que non é posible, nun partido que vive na era feudal, con baronias de turno, donde cada baron minte ou afirma segun a comenencia electoral.
Ímoslle botar unha man a Eladio e traducir o nome dalgunhas aldeas de Ourense: As Maus por Las Manos Grou por Grullo Rabodegalo por Rabodegallo Berrande por Gritad Grixoa por Grijoa Lamamá por Barromalo Campobecerros por Campoterneros Portoamieiro por Puertoaliso Couxil por Cougil Xinzo de Teixugueiras por Ginzo de Tejoneras Sobrado do Bispo por Desván del Obispo Pazos de Arenteiro por Palacios del Arentero Xocín por Jocín Niñodaguia por Nido del águila A Illa por La Isla A Lama por El Barro A Pola por La Rama Sacardebois por Sacar de Bueyes Vilachá por Villallana Covas por Cuevas A Veiga do Seixo por La Vega del Cuarzo A Retorta por La Retorcida etc..................
Jaaaaaa, ja, ja, ja, ja...! Escachei a rir coa lista de topónimos traducidos! Que ocurrente! Debe ser o primeiro que fai algo así... E, xa que estamos por traducir, tamén o podemos facer ó contrario... Agora que a algúns se lles dá por escribir en galego "Alemaña", "Franza", "Galiza"... tamén deberían pór "Noroga", "Finlanda", "Soza", "Polona"...
Pero que garulos sodes algúns. Só mirades para o ombiguiño. Agora o inimigo é o PSOE, non?. Sempre facedes igual algúns do Bloque. Dinamitades todo só con tal de gardar a leiriña e así nos vai. O inimigo chámase PP e goberna a Xunta, non o esquezades.
O Entroido xa rematou. Vade quitando as caretas os do PSOE. Os membros da Mesa do Parlamento de Galicia (PP e PSOE) rexeitaron o impulso dunha iniciativa popular na que a plataforma Queremos Galego pedía dar soporte legal á garantía dos dereitos lingüisticos dos galegofalantes. PSOE-PP a mesma merda é!
Menos mal que parou Vde. de criticar aos Baltar. Agora toca o tema da lingua da que o seu partido o PSOE sempre foi un gran valedor. Vostede que pensa que con mandar a un ministro do Goberno á manifestación de Queremos Galego, xa abonda. Teño que recordarlle que no concello da Coruña e ante unha moción presentada polo BNG na que se instaba ao Concello a promocionar e impulsar o uso do galego(Ordenanza Municipal do Uso do Galego) o seu querido PSOE sumouse ás teses galegofóbicas do PP e votou en contra desta moción. Teño que convidalo a que escriba sobre a fusión das caixas galegas,política enerxética(Concurso eólico),política pesqueira, sector agrogandeiro, construcción naval, sectores nos que o seu partido está a xogar cos intereses de Galicia.
Asesor do Grupo Socialista da Deputación de Ourense. Concelleiro en Castro Caldelas do 91 ó 99 e de 07 ata hoxe. secretario Comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó 09. Secretario xeral do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e Secretario de Acción Electoral do PSdeG-PSOE de Ourense. O seu blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting