Touriño dá un golpe de efecto

O presidente da Xunta decidiu dar o paso que xa levaba tempo anunciando; deixa o Parlamento. A decisión produciuse esta mañán sen que o líder do PSdeG soubera os motivos. O ex mandatario pode recalar nunha fundación.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 10/03/2010

  • versión para imprimir

Facía algún tempo que Touriño viña reflexionando sobre a necesidade de deixar a Cámara para evitar ser o blanco das críticas dos dirixentes do seu partido. O ex presidente consideraba que a súa presencia na Cámara supuña un "incordio" para Pachi Vázquez e o seu entorno, especialmente, logo do distanciamento existente entre ambos os dous.

De feito, afíns a Touriño acusan a Vázquez e ao seu enterno de filtrar aos medios unha "suposta inactividade parlamentaria" do ex presidente, así como algunhas informacións que sairon publicadas e que sinalaban a Pérez Touriño como o deputado "menos traballador" da Cámara.

O ex líder socialista decidiu dar o paso "un pouco farto" da actual situación e do seu "aillamento total" por parte da nova dirección socialista. E tal e como xa comentamos , ademais de volver á universidade, podería recalar na presidencia dalgunha fundación de estudosque está promovendo xente do entorno universitario, e que está vinculada a Iniciativas 21.

Decisión meditada

A súa decisión foi meditada e consultada co seu entorno máis próximo, pero non foi comunicada polas canles oficiais aos dirixentes do seu partido. Touriño xa tiña claro o que quería facer e onte foino comunicando aos poucos. "É un xeito de desprecio logo do que lle teñen feito durante este tempo", apuntan deputados afíns a Touriño.

O PSdeG emitiu unha nota na que destaca que Touriño  "quere deixar constancia da súa gratitude e recoñecemento aos miles de galegos e galegas que lle outorgaron a súa confianza na representación parlamentaria e ao mesmo tempo amosar o seu agradecemento aos compañeiros do grupo  socialista así como aos presidentes e ex presidentes do Parlamento, e aos demais deputados da Cámara e aos traballadores da mesma".

Pola súa banda, fontes da dirección amosanse un pouco  sorprendidas pola decisión de Touriño pero apuntan que é un xesto "valeroso" que demostra que é un "político íntegro". Con todo, critican que o ex presidente non teña actuado doutro xeito nestes meses que leva na Cámara galega e non teña aportado máis ao partido.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 12

    Rayleigh

    Pois a min non me parece ben. Este señor presentouse as eleccións. Sabe perfectamente que é un mandato de 4 anos. Foi votado e salvo causas de forza maior (morte, enfermidade...) débese quedar a cumplir. Se quere deixa-la política que non se presentara hai un ano ou que a deixe dentro de 3 anos. Ou se seguira de Presidente da Xunta, tomaría esta decisión?? Todos sabemos a resposta. Touriño..Xenio e figura


    11

    homo politicus

    La clave para entender el panegírico que el"politicólogo" Barreiro (el mayor felón de España, después de Fernando VII), dedica en LA VOZ a este inútil es ésta: haber enchufado a su hija en la Xunta,otra "politóloga" de 20 y pico de años como "asesora" aúlica. Así se escribe la historia!


    10

    anonimus

    Saude pra este home,os do psdg estaban desexeando que marchara,que seria do psdg sen as coiteladas entre eles. A outra cousa...


    9

    Manolo

    Pobrecillo,¿que va a ser de él ahora si audis de 500.000 €?


    8

    galeguiño

    "Sic transit gloria mundi". Mira que es parbo. Ti creiches que tiñas a cadeira enganchada. O que che pasa é que botas de menos as papadelas, as viaxes a todo trapo, o audi supermillonario, o palacete, o ringorrango, choferes, esbirros, secretarias e como non, os cartiños,gabelas, dietas. Vaite, e vouche dar un consello: non vaias facer o parbo outra vez, non caias nas mans dese Petene miserento!


    7

    O can Pancho

    Panchito, ejemplo le habrá dado a la pandilla de incompetentes que puebla el PARLAMENTO GALEGO, así, en general. Porque tus amiguitos del pp tampoco salen muy bien parados, capici? ah, y firma con el anonimus de toda la vida, coño.


    6

    militante

    O amigo emilio sempre fai das súas. Non podía marchar coma un señor, tiña que marchar como unha estrellita e deixando mal o partido como fai sempre. unha vergoña para quen foi presidente e lider do psdeg tanto tempo.


    5

    galego

    Ten mais dignidade Touriño que tódolos trepas que afundiron o seu governo, como Rivera Otero-Petene, de profesión estadista ou Antón Losada, de profesión tertuliano televisivo con chacha. O trepartito no puido con tanto mangante da USC.


    4

    galeguiño

    Discúlpome polo meu comentario último cara a vos os da redacción, que fixen con certo cabreo ao ver que publicades o comentario recusatorio. Gracias.


    3

    galeguiño

    sodes un pailans e uns desvergonzados, estades bloqueando con pretextos absurdos o meu comentario para que non saia, seguramente porque non vos gusta o que estou escrebindo dun miserento!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Rolda de prensa de Touriño/ psdeg-psoe.org