Economía oculta o pago dun millón aos xornais en convenios

Violando a Lei, o departamento de Guerra non publica os datos das súas axudas directas nin na súa web nin no DOG. Galicia Confidencial desvela as cifras destes doce convenios na segunda parte dunha serie de informacións sobre as axudas a dedo a certas publicacións.

Por Walter Burns | O Irixo | 10/03/2010

  • versión para imprimir

A de Lei de transparencia e boas prácticas da Xunta obriga ás consellerías e entes públicos a publicar todos os seus convenios no Diario Oficial de Galicia e nas súas páxinas web.

O que marca a Lei

Sobre o DOG, a norma vixente especifica que "cada consellería ou entidade remitirá ao Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiro vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro unha relación dos convenios de colaboración".

"Para os efectos da súa difusión na internet, a consellaría ou entidade fará pública, na súa respectiva páxina web e dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior", segue a Lei.

Consellería de Economía de Industria non cumpre totalmente estes dous preceptos. Con todo, Galicia Confidencial tivo acceso a todos os convenios asinados polo departamento de Xavier Guerra cos medios de comunicación.

O reparto é o seguinte:

  1. Grupo Voz (La Voz de Galicia e Radio Voz): 241.000 euros en 2 convenios, o 24% do total.

  2. Grupo El Progreso (El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra): 200.000 euros en 2 convenios, o 20% do total..

  3. Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión da Coruña): 179.000 euros en 2 convenios, o 18%

  4. Editorial Compostela (El Correo Gallego, Galicia Hoxe, Radio Obradoiro, Correo Televisión): 144.000 euros en cinco convenios, o 14% do total.

  5. La Región: 140.000 euros , o 14% do total.

  6. ABC: 27.500 euros, o 2%.

  7. Onda Cero: 20.880, o 2%.

  8. Cadena Cope: 19.773, o 1%

  9. Cadena Ser: 16.100, o 2%.

  10. SI Galicia Radio: 10.000, menos do 1% do total.

A suma total é de 1.010.253, o que convirte a Economía na Consellería que dá máis cartos a dedo aos medios de comunicación durante o primeiro ano da era Feijóo.

Guerra publica os convenios de Fernando Blanco pero oculta os seus

A pesar disto, a web de Economía só recolle os acordos asinados polo bipartito, como xa denunciara en rolda de prensa o deputado do PSdeG José Manuel Lage.

A consellería tamén incumpre dobremente a Lei de Transparencia ao remitir ao DOG un listado incompleto de convenios. En primeiro lugar, métense todos os contratos nun único "totum revolutum" chamado "Convenios de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e diversos medios de comunicación".

En segundo lugar, non se dá conta ao público da cantidade pagada en cada convenio. Iso malia que a Lei establece que: "Cando os devanditos convenios impliquen obrigas económicas para a Facenda autonómica, sinalaranse con claridade o importe destas, o obxecto do convenio e a persoa ou entidade destinataria da prestación", tal e como apuntou o blog Feijoomente e cumpren o resto de departamentos salvo Augas de Galicia.

Un millón en 15 días para informar da ciencia

Todos os convenios asináronse a final de ano, a mesma xornada, o 16 de decembro de 2009. Isto provocou que só se estiveran vixentes durante 15 días.

Cal é o motivo para que Economía destinase 1 millón de euros en axudas directas a certas empresas? . En todos os acordos o "obxectivo" é o mesmo: "Facer da sociedade galega unha sociedade ben informada no ámbito da ciencia e a tecnoloxía".

Ningún dos acordos chega aos 150.000 euros, barreira que obrigaría a Economía a aprobalos no Consello da Xunta, o que implicaría o seu inmediato coñecemento pola opinión pública.

Control dos medios

Galicia Confidencial publicou onte que a Xunta de Feijóo xa repartiu 2,4 millóns en convenios entre certos medios.

Os convenios dependen do criterio de cada conselleiro. Non hai concurso, nin criterios obxectivos publicados para o seu reparto. Tal grao discrecionalidade ten desatado as críticas tanto do Consello de Contas como do Colexio de Xornalistas e do Sindicato de Xornalistas de Galicia, e do mesmo PPdeG cando estaba na oposición.

Axuda aos donos de La Región en pleno ERE

Daquela todos coincidían en que era un xeito do poder de comprar aos empresarios medios de comunicación. Na pasada lexislatura, o Parlamento reclamou ao Goberno por unanimidade que condicionase as axudas aos medios ao mantemento do emprego estable, algo que non cumpriu o bipartito.

A realidade mostra que o PP tampouco está a cumprir o que apoiou a Cámara. Por exemplo, os convenios a La Región foron asinados en plena execución dun ERE que levou á rúa a máis de 20 traballadores.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
7

romeu

pp = corrupción = ditadura


6

galego

Ogallá fixeran o mesmo no tripartito que na era Fraga. Deron pasta, pero o importante non era o feito, senón a cantidade. No bipartito a pasta foi a menos, e cunha lei de publicidade institucional que non se fixo porque o PSOE non tivo prisa. Se La Coz estivera ben untada Latorre non protestaría, e non andarían aínda hoxe os vellos por ahí queixándose dos audis de Touriño e alabando ó inepto de Feijoo.


5

tus

Pero os estadistas do trepartito, como Antón Losada o tertuliano con chacha -ó que botaron de Voz por certo- e Rivera Otero -Petene- aconsellaron manter esas axudas á Voz e os demais medios. Son uns xenios que seguiron co mesmo tinglado durante os seus catro anos. Agora parécelles mal o mesmo que eles facían. O problema e que non cabía tanto trepa da USC no trepartito, porque no demais fixeron o mesmo que na era Fraga.


4

Galicia Confidencial

Corrixido Manolo. Houbo un erro coa suma de Prensa Ibérica, non era 400.000 euros senón os 179.000 que figuran agora. As porcentaxes, tanto as do texto como as do gráfico, están ben. Moitas gracias polo aviso!


3

galego

Non me veñades conque o bipartito tamén facía convenios porque a eso xa os botamos fóra e agora gobernan outros que se queixaban deses convenios. A pasta dos medios é inmensa. Aquí non hai austeridade. Só la voz de galicia máis de 700 millóns ptas en 10 meses¡¡¡¡. O parlamento solicitou a petición de subvención para a rotativa do grupo que levou 2,5 millóns de euros, non a tiñan¡¡¡, la voz non pide nen subvencións para que llas den¡¡¡¡ Obviamente o autor de "Yo protesto" agora xa non protesta. É así de simple.


2

Manolo

As cifras non están ben. Non é posible que Prensa Ibérica, con 421.404 euros, reciba o 18%. Son moitos máis cartos ou a porcentaxe é maior. -Grupo El Progreso (El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra): 200.000 euros en 2 convenios, o 20% do total.. -Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión da Coruña): 421.404 euros en 2 convenios, o 18%


1

federico

Alguen pódeme explicar quen / que é siGalicia? Non ten nin web!


Convenios cos medios de comunicación no primeiro ano de Feijóo. Consellería de Economía e Industria