"Quem sabe muito de vacas
é o presidente da Xunta,
em Noia visitou umha granja
e recorda-lo aínda me asusta:
O gandeiro apresentou-lhe
ás vacas Maruxa e Paca
e Feijoo perguntou:
Por que som femininos
todos os nomes das vacas?
O gandeiro ante tal inteligéncia
explicou-lho com a boca aberta:
Porque todas as vacas som fémias
Se esta vaca fosse macho
seria boi
e chamaria-se Paco
Feijoo pom-me medo.
Se estudasse primária
suspenderia Conhecemento do Médio."
Os populares calificaron de "vergonzosa e bochornosa” este texto e a Agrupación Independiente de Arzúa (AIA) de "bochornosa actuación" a intervención de Sende na XXXV edición da Festa do Queixo. Unhas acusacións que extenderon ao concello e ao alcalde ao que lle piden explicacións por utilizar unha festa para facer "proxelitismo político".
A resposta de Sende non tardou en chegar. Na súa web asegura que "semelha que nom toda a gente -especialmente algumha gente da órbita do Partido Popular- tem o suficiente sentido do humor como para encaixar a retranca e o espírito lúdico da literatura...especialmente quando se utiliza a retranca para fazer umha achega crítica sobre o tema da língua".
Así, e seguindo coa retranca, apunta que os referentes da súa composición foron "Pessoa, Shakespeare, Rosalia ou a Bruja Averia" aos que "non lle chega á altura dos nocelhos" e agradece "de coraçom" os "aplausos, sorrisos e gargalhadas"por parte do público asistente.
Vacas e Feijóo
Sobre a súa alusión a Feijóo e o seu descoñecemento do mundo rural, Sande aclara que se baseou en feitos reais que aparecen recollidos pola prensa. Así, se referiu a un acto do presidente en campaña electoral cando lle preguntou a un gandeiro de Urdilde por que todas as vacas tiñan nome de muller. "Así, se preguntó si “todas as vacas están en contra de unha en concreto” y, cuando un periodista ironizó sobre si debatirán, se mostró rotundo y convencido de sus costumbres cual Félix Rodríguez de la Fuente: “Si, pero de unha en unha”. Y siguió con las pullas a “la canallesca”, preocupado porque los periodistas pudiesen “producir estrés” a las vacas", apunta a crónica de Xornal desa xornada.
Por iso, Sende insiste en que utilizou esta crónica para "documentarse" e "enriquecer o texto com um exemplo surrealista, absurdo e trágico sobre o conhecemento que do rural tenhem alguns dos nossos responsáveis políticos".
Deste xeito, e en resposta ás críticas recibidas asegura que "as vezes a realidade é mais obscena, morbosa, degradante, vergoñenta e desonrosa (sic) que a própria literatura".
De feito, a anécdota da vaca deu máis que falar durante a pasada campaña electoral e foi utilizada pola anterior conselleira de Política Territorial para criticar ao actual presidente:
E serviu para facer videos humorísticos sobre o feito:
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Jose: CAda un pode pensar o que queira, non???? E por iso xa vai ser excluido de actos públicos??? Está claro que Feijóo é peor que Fraga... Rural: O galego que se escreve, escréve-se. O que se fala, fala-se. Non se pode escrever o que se fala e falar o ques e escreve. A ver se te decatas da burrada que puxeche. Ou en español se escreve como falan os andaluces ou os arxentinos??????
"Galego internacional"! Manda nabo! Eu, que pensaba que eran galego e portugués, como dúas linguas diferentes e independentes...! Pois vai ser certo o que din algúns, que agora é "portugués da Galiza"... (vivir pa ver!)
Si señor, os discursos son para dicir cousas. Non son relatos protocolarios e aburridos. Iso só o fan os mediocres que non teñen nada que contar. Noraboa a Sechu Sende por empregar o pregón das festas en dicir cousas de interese, e ánimo ante os intolerantes que rabian polo evidente ridículo dalgúns mandatarios desvinculados da terra.
A anécdota non ten moito que dicir. Cada un é libre. A liberdade de expresión é así de fodida. Invitárono a dar o seu pregón e douno. Está prohibido falar mal do presidente da Xunta?. Fedeguico cantos pregóns dou en festas por ahí cagándose na nai que pariu a zapatero (e fixo ben conste...). Pois eso, que non pasa nada. Sobre que este señor empregue o galego na súa grafía internacional. Pois que pasa, hai que sair da aldea mental e abrirse ó mundo. Ós 210 millóns de persoas que falan a nosa língua, máis que falantes ten hoxendía o francés e o alemán. A algúns fódelle ver que o galego é unha oportunidade e non un problema.
A anécdota de Feijóo e as vacas non tivo desperdicio... Agora que... que Sechu Sende vaia de "experto do rural"... Primero, que escriba no galego que se fala no rural...
Hombre, Jose, secundario lo será pa ti, majo, pero Feijóo era "el único candidato 100% rural" y va y pregunta lo de las vacas. Es que es para nota, oyes. Lo de lusista independentista: ¿aquí cada uno no puede defender lo que quiera? ¿no se trataba de éso? ¿o los amiguetes del PP aún defendéis aquella democracia orgánica del tío Paco? Pues así te está la cosa, Jose. Con dos tetillas, de Arzúa.
A mi que un lusista independentista venga a una fiesta a leer un discurso absolutamente denigrante contra el PP no me parece que sea algo "normal". ¿por qué no criticais esto?. No, vais a lo fácil. Lo de la vaca es secundario y lo utilizais para atacar, como siempre. Seguro que Feijoo sabe más de vacas y de campo que muchos de los que escribís aquí, so paletos.
Non me lembraba xa da anécdota famosa. Moi ben a nova. O que é triste é que veñan agora os do PP de Arzúa a tentar remendar un defecto do presidente. Facían mellor en estar calados.
jaajajajajajajajajaajajajajaj, logo e normal que confundan os bois coas vacas, ai ai, hai que ser pailán para preguntar semellante barbaridade
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting