Na economia de mercado é a empresa a que xera riqueza, é portanto imprescindible facilitar o marco lexislativo que permita que a empresa xere máis riqueza para os seus propietarios e para toda a sociedade, quen só pensa na distribución da riqueza esquece que para poder repartir algo primeiro hai que crealo, creo que hai que por o acento na creación de riqueza. O nivel de vida dun obreiro europeo de hoxe é moi superior ao dun rei de hai douscentos anos e o mérito diso, só se lle pode atribuir aos incentivos que crea unha economía de mercado competitiva.
Nesa creación de riqueza os autónomos, as pequenas e medianas empresas xogan un papel crucial, sen embargo ninguén politicamente en Galicia ou España se preocupa da defensa dun marco legal que facilite o desenvolvemento da sua actividade, poñamos un exemplo dos que indican ben ás claras a enorme distancia que ainda nos afasta dos paises punteiros da Europa neste aspecto, A Directiva 2000/35/EC de morosidade (“late payments”) é unha das directivas máis importantes aprobadas na UE en materia de lexislación económica e que en medio dunha grave crise financeira tense revelado como clave para que moitos estados europeos entre os que non está o español, teñan comezado a sair da crise.
Esta directiva establece que as facturas xa sexan de administracións a empresas ou de empresas a empresas debense pagar a 30 días. A maior parte dos paises europeos xa ten trasladado con literalidade esta directiva ás suas lexislacións nacionais, xa que as directivas son normas marco que emanan dos organos da UE e que despois, deben ser adaptadas nos distintos paises membros, en España, sen embargo, feita a lei, feita a trampa.
A lei 3/2004, de 29 de decembro, establece que “se pagarà a 30 días, salvo acuerdo entre las partes”. Así as grandes construtoras cando subcontratan obra pública ás pequenas e medianas empresas fornecedoras “consiguen o acordo” de pagar a 210 días, algo semellante á prática das grandes empresas da distribución que asfixian á industria agroalimentaria e conserveira galega, nen que dicir ten que coa actual dificultade de acceso ao crédito por parte de PEMES e de autónomos a situación é insoportable, sen embargo ao PSOE e ao PP preocupanlle máis os intereses das grandes empresas que pagan a campaña “esto sólo lo arreglamos entre todos”. Como poden competir as empresas galegas en Europa con ese diferencial de necesidade de financiamento brutal sobre os seus ombros?
A do mercado laboral é outra regulación ineficiente que causa pobreza na nosa sociedade e que dificulta a competitividade das nosas empresas e nomeadamente a creación de emprego estable e de calidade, o actual marco lexislativo laboral fai que a taxa de temporalidade, referida ao número de empregados con empregos temporais en España, sexa a máis elevada da OCDE, e a taxa de desemprego máis que duplique a media da Unión Europea, ao tempo que a minoria privilexiada cun emprego fixo ten os dereitos de indemnización máis altos da UE. É dificilmente discutible que a rixidez da lexislación laboral española é a causante deste problema, o que non é certo que isto lle preocupe aos sindicatos, que si están preocupados polos traballadores sindicados e defenden os seus privilexios e sobre todo os dos liberados sindicais, pero que non están en absoluto preocupados cos desempregados e cos traballadores temporais. Esta análise que fago non ten nada de orixinal, é compartida por todos os organismos económicos internacionais que chaman constantemente a atención sobre a terrorífica rixidez do mercado laboral español, arrepiame a hipocrisia de Zapatero, que se se sentise responsable de todos e cada un dos desempregados que hai en España, como dixo o outro día, tomaría medidas neste sentido, pero o que lle preocupa en realidade é ter contentes aos sindicatos como un dos grupos privilexiados, xunto ás grandes empresas, que o sosteñen no poder, por iso lles subíu a subvención un 50%.
Creo que é necesaria a simplificación da lexislación laboral, suprimir as ETT’s, suprimir os diversos tipos de contrato lixo e baixar significativamente as indemnizacións por despedimento, desta maneira convertiriamos un mercado dual, con parias (desempregados e temporais) e con privilexiados (fixos), nun mercado laboral máis xusto e equilibrado, e con menor taxa de temporalidade e de desemprego, o que aumentaria a produtividade e os salarios, quer via produtividade quer via escasez de traballadores, animando aos empresarios a pagar soldos máis elevados e a facelo de forma sostible e beneficiosa para empresario e traballador, ao estar estes aumentos salariais vinculados á produtividade.
Carlos Vázquez Padín
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Só unha aclaración sr. Padín. Os paises que para nos teñen que ser modelo, as democracias avanzadas, teñen sistemas de contratación laboral moi flexíbeis, con despedimentos case de balde para a empresa (Dinamarca por ex.); en troca eses mesmos paises teñen un sistema de cobertura social envexábel. Logo, adiante nesa reforma laboral se en paralelo se garanten coberturas sociais que aquí non temos. Non sei con certeza o dato pero acho que o gasto social no estado español no chega ao 20% do PIB, moi por baixo deses estados do norte. Tamén o sistema impositivo é distinto. Apúntome ao modelo danés ou noruegués, pero a todo, non só a unha parte.
É evidente que hai que cambiar a mentalidade deste pais...en Ourense todo o mundo quer ser funcionario pq é a única saída laboral que hai, en Porriño, por exemplo os novos non teñen esa orientación.
É que propoñen para que os novos non rematen a carreira universitaria pensando na oposición que van facer? Entendo que non se pode ter un país onde haxa máis funcionarios que empresarios, pero por moita axuda que se de para montar empresas iso implica un risco importante. Cómo convencer a un licenciado en dereito que monte unha empresa e que non oposite a algo e ter un traballo de por vida e incluso optar a soldos como os dun notario, xuiz, abogado do estado, rexistrador... Non é unha crítica, é so unha reflexión en "voz alta" a teoría está moi ben, pero na práctica creo que falla xa que implicaría un cambio radical de mentalidade.
Non, o problema é a quen deixan estar nos cargos "de confianza" os de non dar pau a auga... o fillo de, o cuñado de, a sobriña de... xa sabe do que falo, e o peor e que as inspeccións correspondentes están en máns de cantamañás aínda peores, e así vai o tema. Do resto a maioría traballa bastante máis do que moita xente pensa, empezando polo ciruxán e rematando polo celador. E sei do que falo tamén
Eu son fillo de funcionarios, estou casado con outra funcionaria, ... e sei do que falo. E por eso o digo. Non porque a miña familia sexa vaga, se non polo que teño visto toda a miña vida...machácase ao traballador e encúmbrase o vago. Nin máis nin menos. E se vostede éo, sabe do que falo.
O Traxe está caralludo. É barato porque estamos en crise, igual que o Borbón deixa barba, CXXI leva traxe-carrefour. Cal é o problema? O que hai é moito socialdemócrata que leva toda a vida sen pegar pancada e agora ten medo de que lle poñan as pilas.
pois nada, dalle cos funcionarios, a próxima vez que vaia vostede ao médico, necesite aos bombeiros ou teña que acudir á xusticia dígalle que non a rañan e teñen todos os privilexios... non sei como non se presentan ás oposicións si é tanto choio. Ao mellor é que non poden, eu tamén querería ser notario.
O do mercado laboral é real, canta xente non ten acceso a un traballo mínimamente digno, e outros, que non a rañan teñen todas as vantaxes do mundo....xa non falemos dos funcionarios. Os sindicatos, cando deixaron de preocuparse polos traballadores? Canta razón tes Carlos, que pena que as túas análises queden na reflexión sobre o teu traxe. Adiante, non lle fagas a este tipo de xente. Só queren minar.
O do traxe e un argumento de peso, na vida oira unha crítica tan sólida e constructiva ao discurso de alguén dende o "muera la inteligencia"
Fundador e Secretario Xeral de Converxencia XXI. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade dirixe o seu propio negocio.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting