O presidente chama "tonta"á oposición por non entender o acto de Guerra e Mato

"Cando o sabio sinala a lúa, o tonto sinala o dedo". Así de contundente, e utilizando o refraneiro, referiuse hoxe o presidente da Xunta ao acto protagonizado o pasado luns polos conselleiros de Economía e Traballo para conmemorar o Día da Muller.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 11/03/2010

  • versión para imprimir

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijó criticou a socialistas e nacionalistas por "politizar unha foto", en referencia as instantáneas nas que Javier Guerra está caracterizado de ama de casa e Beatriz Mato de home de negocios.

"Quedan moitos prexuizos existentes que hai que eliminar e ese era o obxectivo do acto", dixo o presidente galego en relación á conmemoración do Día da Muller no que participaron os membros do Executivo galego. Por iso, acusou á oposición de non entendelo. "Facendo un recordatorio tería que dicir iso de cando o sabio sinala a lúa, o tonto sinala o dedo", engadiu.

Un acto do "artista"

Así, recordou que o "artista" que desenvolveu ese acto xa se manifestou e xa dixo que o que tentaba facer era, precisamente, denunciar a existencia na sociedade actual de divisións en función dos roles masculino ou feminino. "Por iso, e por respecto a esa iniciativa, -- os conselleiros-- seguiron nesa actitude", indicou.

Deste xeito,  volveu cargar contra PSdeG e Bloque por "politizar" esa foto e non "dicir nada" doutras fotos "máis escandalosas", en alusión ao secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías --encargado das negociacións sobre a Lei de Caixas--, "que se adica a aprender galego os fins de semana" en vez de "manter o principio de igualdade entre institucións".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Pablo Hortas

Este señor Feijóo, que se adica a aprender inglés os fins de semana en que todos lle pagamos a viaxe a Londres (a el e ao chateiro Puy), ten xa tan poucos argumentos que se adica ao insulto. E non me estrana: case non hai día ou semana na que non teña que sacar a cara por algunha cabrafanada dos seus conselleiros. Pero a culpa é do entrenador: el conformou o equipo!!


1

xanzo

Pero de que vai este tío descalificando sempre á oposición por expresar as súas críticas. Non vin en ningún sitio que un presidente lle chame tonta á oposición por dicir verdades como puños


rolda de prensa de Feijóo/ xunta.es