"Ah!, non sabía que ían levaros custes ao Parlamento. Pois eu encantado". Feijóo respostaba así á intención do PSdeG de preguntar pola da súa visita e a dos seus colaboradores ao Vaticano na Cámara galega.
Ademais de preguntar canto lles custou aos galegos a súa visita ao Papa así como a dos seus "colaboradores", o PSdeG interpelará ao presidente galego para saber se considera que a "súa posición no séquito" e a dos seus colaboradores, en alusión a súa parella, se corresponde coa "necesaria prevalencia do poder civil".
Sorpresas
Feijoo dixo que, como presidente, ten que respostar de todas as súas viaxes e visitas que faga en representación da xunta e abonadas con fondos públicos". Estou a disposición de respostar pola utilización de fondos públicos en todas miñas viaxes", dixo pero engadiu "pode haber sorpresas sobre unhas viaxes e outras viaxes", en alusión as realizadas polo seu antecesor, Emilio Pérez Touriño.
En todo caso, amosouse disposto a "aclarar" todo o que teña que aclarar sobre as viaxes que fixo neste ano e as que fará ata o final de lexislatura. Hai uns días, e neste xornal, a socialista Marisol Soneira criticou a Feijóo por trata como "colaboradora" nesa viaxe a súa compañeira sentimental.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
quero saber canto gastou este NEOCON, é canto gastou todo a tropa que levou consigo. Agora a prensa non fala do coste total... non, non, todos os fascistas están calados. Xa se encargou de pagarlle ben os medios. 4 millons a Voz, e outros 2 mais a repartir cos medios afins. Non quero pensar si esto o fixese o PSG non o quero pensar a que lle ía car. E mentres tanto con 40.000 parados mais dende que este NEOCON subiou o trono...
Señor feijoo dice que hay que acortar gastos, estoy de acuerdo no viaje tanto y deje a los funcionarios trabajar y no contraten ustedes tantas empresas que las direcciones generales de las consellerias están de brazos cruzados porque vienen las empresas y lo hacen que pena señor feijoo he confiado en usted y me ha dececionado, pienso que deberia volver cuando era interino y ver desde dentro lo que se cuece...suerte señor que el Vatcano le perdone
Ostiás, e as de Fraga con TUTTA A BANDA DE GAITAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE E DEMÁIS COMITIVA, 400 PERSOAS, EIN?
Aaaiiiiii, non me pode resultar máis feixonudo este feixume que recende a feixón cerebral dende a cachola do Faisán maior da Galiza. "Cheira a feixoada, cheira a feixoada" repite o subconsciente. E do ceo baixou un Anxo (Lorenzo) e a feixoada fíxose carne: Galiza ficou sen galego e todos ignorantes.
e se comparamos coas viaxes de Fraga caeremos de cu, non! vaia elemento este Alberte. Sigue sigue no pares que a campaña continua, ainda non comezache a ghobernar
Queremos saber e imos a propoñer unha iniciativa popular para saber se o vestido de comadre de Feijoo é regalo da Diputación de Ourense, se a saia de globos de Guerra pagouna a autoridade portuaria de Vigo, e así
A estes fulanos do goberno o de dar a cara e ser transparentes nos seus actos queimalles, visto está, que ai que perseguilos polas sombras e ver si meten cartos no peto (sr.Miranda), a quen lle dan subvencións e por qué (LVG) e ata que expliquen viaxes en oscuras comitivas (vaticano), cando queiran cumprir a transparencia e os valores democraticos seran escoitados e respetados pa falar de liberdade e da vida, e mentras a ser uns chorizos e corruptos, pois cada un é o que "come".
Queremos saber quen pagou a viaxe da consorte. Xa estamos fartas de pagar as fesas das hamijas, queridas e queridiñas de tododios.
rolda de prensa de Feijóo/ xunta.es
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting