Baltar exerce de líder indiscutible en Ourense

A "fichaxe" do vicesecretario xeral do PSOE de Ourense, Eladio Fernández, por Xosé Manuel Baltar é un golpe de efecto en toda regla, tanto para os socialistas, como para a dirección do PPdeG.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/03/2010

  • versión para imprimir

É é que tanto Pachi Vazquez coma Alberto Núñez Feijóo se enteraron case ao mesmo tempo da maniobra do novo presidente do PP de Ourense. Manuel Baltar comparecía este xoves acompañado de Eladio Fernández, ex coordinador provincial e ata fai pouco home da confianza de Pachi Vázquez, para anunciar a súa integración nas filas do Partido Popular.

Baltar Blanco buscaba, desde fai tempo, dar un golpe de efecto logo da súa victoria no Congreso do PP de Ourense. "Quere que en Santiago saiban quen é o que manda na provincia", aseguran dirixentes próximos ao presidente provincial que din que as súas accións van encamiñadas a manter e, mesmo superar, as espectativas electorias do seu pai na provincia durante os últimos anos.

E para conseguir este obxectivo vale calqueira cousa, mesmo convencer aos adversarios políticos. "Fernández non será o único, hai máis xente do PSOE e do BNG dispostos a mudar a un proxecto gañador", din estes dirixentes. Unhas "fichaxes" que tampouco son unha novidade no PP de Ourense. Antes que Fernández xa se pasaron ao PP outros alcaldes do PSOE, como o de Negreira de Ramuín e tampouco se descarta que tamén acabe neste partido o histórico alcalde de Rairiz de Veiga, que sempre foi da man do BNG e que, desde as pasadas autonómicas, exerce como independente.

Na dirección do PPdeG non acaban de convencer as prácticas de Baltar e, polo momento, prefiren agardar para dar o seu consentemento público. Con todo, desde Ourense aseguran que non hai diferencia ente o que fai Baltar e o que está facendo Rafael Louzán en Pontevedra. "Se se trata de traer votos ao partido logo pronto calan", din os dirixentes consultados.

Feijóo, "non coñece" a operación


"Descoñezo a concrección desa noticia. Saben que as valoracións sobre o PP nas roldas de prensa do Consello vou tentar absterme durante o tempo que estea na Xunta. De confirmarse esa noticia pois el adoptará esa decisión e o señor Vázquez buscará unha explicación. Nin coñezo con detalle esa información nin creo que me deba pronunciar", esa foi a escueta resposta de Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

O presidente galego estaba sobre aviso dunha "operación" en Ourense pero descoñecía, realmente, do que se trataba. Tampouco sabía nada Pachi Vázquez, a quen a noticia sorprendeu sobremaneira, igual que ao coordinador provincial do PSOE de Ourense, Raúl Fernández. As negociacións entre Baltar e Fernández levaronse tan en segredo que os socialistas tardaron en reaccionar á nova.

"É un home que ten moitos problemas persoais e o PP aproveitouse diso", din fontes do PSdeG que din que Fernández estaba pasando por un mal momento logo da morte, en pouco espacio de tempo, da súa muller, do seu pai e dun fillo. "Baltar aproveitase da miseria humana para comprar vontades a golpe de chequeira", apuntan.

Con todo, os principais obxectivos dos populares ourensáns está conseguido; minar o poder do líder do PSdeG no seu bastión e mandar un recado a Santiago para que vexan que en Ourense seguen mandando os Baltar.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

11 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 11

    BALTARÍN

    Tranquilos todos, hai postos na Deputación de papá para todos os cuñados sobriños tíos e demáis familia que traiades: visit Ourense, the TRANSFUGA'S PARADISE.


    10

    Xandokas

    Quero fichar polo PP!!!,.... polos da boina...... ¿canto me van pagar? (jejejeje....)


    9

    Xoel Cao

    Cuspidiño a Sarkozy que levou ao seu goberno a un fato de socialistas.Isto chámase "politique d'ouverture".Por suposto os que máis rabean son os máis conservadores da UMP.Vivan as puchas de Ourense!!


    8

    Coidado

    Este Baltariño chuleando a Feijoo, que forte.


    7

    galego

    E Feijoo caladiño e no cocho. Se consinte este transfuguismo coa venia de Baltarín vese que AUTORIDADE non ten ningunha e que é un MEXAMORNIÑO. Iso sí, un mexamorniño que cando fala parece que pontifica, pero só o parece, nada máis. Polo demáis que o PP é unha cloaca e que vende á súa nai por acadar poder non é noticia ningunha.


    6

    Alfonso García

    Iso, "que noxo", facía falta pasar un tempiño polo sistema electoral italiano. Polo menos o reparto de estrelas no parlamento e nos outros ía ser moito máis entretido. Aquí son sempre os mesmos falando do mesmo. Eternos candidatos a facer o que diga o partido, se lles deixan chegar colocándoos nos postos de cabeza. Un aburrimento total. Queremos unha Eurovisión política! Que haxa chiquilicuatres aos que votemos e logo botemos nós! democracia electrónica mañá! ;)


    5

    QUE NOXO

    Manda carallo cos nosos políticos, nin ideales políticos, nin ética, nin honor, o único que lles importa e ter un bo traballo, no que se faga pouco e se cobre ben e que lle den polo carallo ó pobo e os seus problemas. Todo seguirá igual mentres esta pseudo dictadura de partidos non mude a unhas elección con listas abertas e elcción directa. ROMA NON PAGA TRAIDORES. ASCO DE CLASE POLITICA


    4

    alucinado

    Ben está que o PSOE denuncie o tránsfuga do PP en Ourense, pero que tomen nota do que fai o mesmo PSOE en Ares.... http://www.lavozdegalicia.es/ferrol... O que non vale en Ourense ¿ vale en Ares ?


    3

    Xandokas

    E que malo ten isto? ... 'e como se ficharan a Ronaldinho polo Real Madrid...


    2

    Carlos

    O que pasa en Ourense é que os do PSOE parecemos pailáns. Xa hai tempo que o Baltar merodea por certas casas ben coñecidas e non dicimos nada. A partir de agora man dura contra os virachaquetas.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Acto político de Xosé Manuel Baltar/ manuelbaltar.com