O presidente da Xunta promete facer máis "transparente" as axudas que dá o seu Goberno aos medios de comunicación. Iso si, o líder conservador négase a fixar prazos ou o alcance desa reforma legal.
Axudas sen control a empresas que despiden traballadores
Alberto Nuñez Feixóo responde así ao publicado en Galicia Confidencial. Dende que chegou ao poder o PP, o Goberno repartiu a dedo 2,4 millóns en subvencións á prensa mediante convenios, incluídos aqueles que despediron informadores ou, como La Región, aplicaron un ERE.
Estas axudas, a diferencia das subvención vía DOG, dependen unicamente do criterio de cada Consellería, o que foi criticado polo PP cando estaba na oposición.
""Estamos a intentar facer algo mellor que o Goberno anterior as nosas relacións [cos medios] e obxectivando esas relacións" asegura Feijóo.
Cuestionado na rolda de prensa do Consello de hoxe, Feixóo non puido detallar "algunhas iniciativas que estamos a valorar" pero prometeu comunicalas cando estean "máis maduras". En todo caso, marcou distancias co Goberno de Touriño, pois "non estamos incidindo na nosa opinión nalgunhas prácticas".
Incumprimento da legalidade
Malia que o presidente presume de maior transparencia que o bipartito, o certo é que varias consellerías violan a Lei de Transparencia ao non publicar os seus convenios nas súas webs.
Unha delas é Economía que, a pesar de entregar a dedo máis dun millón de euros en axudas a certos medios, non publicou a cantidade nin os destinatarios das subvencións no DOG, como marca a citada Lei de Transparencia.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Xa fai tempo que coñecemos a Núñez Feijoo. Da obxetividade da Xunta na concesión de axuda ós medios poden falar a Cope, El Correo Gallego e O Progreso. Ao grupo lucense estalle axudando a pagar as indemnizacións as que ten que facer fronte polos despidos que ven levando a cabo dende fai un ano. O xornal de Lugo ten postos á venda o Diario de Ponevedra e máis a televisión local. Preguntade.
As axudas aos medios, de múltiples formas, incluen afacultade de Xornalismo, fábrica de parados de de becas Feuga, mand e obra gratis para Rey e os outros. Pasan presidentes, conselleiros, políticos, pero por qué os donos e os directores son casi todos os mesmos desde hai 25 anos?. E unha mafia. E Feijóo pode cambialo, pero hai que ter collós. Polo menos que os cartos vaian como unha subvención "finalista" para pagar as nóminas dos traballadores, e non para mais cadeas de TV, rotativas novas, productoras, e o que se tira en xefes de prensa superfluos que hay en múltiples organismos da Xunta.....a culpa e nosa. Somos un fracaso de pais. Casi que mellor que se vaian as caixas , para romper a dinámica fraticida, norte sur, e a endogamia da clase dirixente, que despois de todo, e coa complicidadde de Emilio Rey, regalou a enerxia de Galicia, os portos, Reganosa..etc. Aviados vamos.
Y no se olviden de que el DOG se iba a dejar de publicar y finalmente se mantiene en papel por lo de siempre.
O montante das axudas do bipartito foi moi inferior ó de Fraga. E por suposto a Feijoo. As axudas nos presupostos do 2009 eran 40000 euros para todos os medios galegos. Feijoo incrementou ese montante en máis nun millón de euros nun engadido xa comentado no seu día. La voz recibiu desa partida 1 millón de euros, 2,5 pola súa rotativa e máis de 1 millón en convenios sen concurso. Para 10 meses de goberno non está nada mal. A algúns galegos parecenos moi descarado. Sobre todo porque lavoz tomou partido nas autonómicas en contra duns e a favor dos outros. Sábeno ben en La voz de Galicia que iso foi un erro.
Carlitos, mira o gráfico e observa quen son os aprendices de censores. Feijoo no 2005 co goberno en funcións dou os dous canais de TDT autonómicos: Un á COPE e outro a La Voz de Galicia. La Voz de galicia en plena campaña do 1M denunciou as axudas de Quintana a El correo gallego. Ditas axudas estaban blindadas desde o fraguismo e recurridas na xustiza polo bipartito, vinculadas a unha axuda histórica de don manuel a O Correo galego/Galicia hoxe.
Bueno, pero los tuyos parecen no unos aprendices, sino todos unos expertos en dilapidar el dinero público en empresas de amiguetes, funcionariado "de confianza" y medios de comunicación... en todo caso el que era CENSOR DE VERDAD era VUESTRO PRESIDENTE FUNDADOR D. Manuel Fraga Iribarne, no?
Camaradas, o voso BNGás entregaba o 25 % desas axudas a La Voz. Ao mellor tiñades que pedirlle máis responsabilidades a Quin, Xosé Mexuto, Gómez, Pucheiro e o pai de todos, Jacinto Rey, antes de a Santiago Rey. En todo caso, parecedes uns aprendices de censores.
Hai que seguir o boicoz a Voz de Galicia, agora hai que boicotear todo bar que teña este panfleto, e boicotear todas cantas empresas se anuncien neste xornal, adiante compañeiros
Boicoz. A que esperan a cig, o slg e o bng para facer un chamento a non mercar o diario o mintireiro " A Coz de G..."
Feijoo o problema é que xa te imos coñecendo. "Nin unha mala palabra, nin unha boa acción". e nin unha verdade cada vez que abre a boca. Os do seu partido sempre ben, o resto sempre mal.
Convenios cos medios de comunicación no primeiro ano de Feijóo
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting