Este colectivo critica que Xunta e Ministerio de Medio Ambiente están cometendo unha "desfeita inimaxinable" ao utilizar fondos europeos para intervir nos proxectos de Restauración Hidrolóico Forestal con grandes maquinarias pesadas que "destrúen sistemáticamente os hábitats protexidos". "A intención é aforrar man de obra e multiplicar o lucro económico", denuncia Orlando Álvarez, voceiro da plataforma.
Neste sentido, apunta que as administracións públicas destinan cada ano tres millóns de euros "en destruír o Courel", unha cifra que, segudo esta asociaicón, sería suficiente para pagar os salarios de máis de 100 persoas que poderían realizar ese traballo manualmente e sen danar o ecosistema.
Máis casos
Nas últimas semanas, e tal e como denuncia SOS Courel producironse varios casos de destrucción ambiental nos lugares de Ferramulín, Ferreirós e Miraz.
Álvarez acusa á Direccións xerais de Montes e de Conservación da Natureza de non facer nada e anuncia que acudirá ao Parlamento Europeo para denunciar esta situación.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ese comentario malintenciionado só pode ser dun indocumentado que ademais debe estar a sacar proveito da mafia política que nos goberna, antes e agora, que devolve favores aos que lles axudaron a chegar á poltrona á conta de esnaquizar o patrimonio máis valioso que ten o Caurel
Un día Suarez Canal intentou explicar como funcionaba a mafia dentro do mundillo pseudoforestal, e todos dixeron que estaba louco. Aí dentro sodes una pila de bandidos, lunes, pistas, prantacións, todos sodes o mesmo. Sodes pior cos do GUrtel ¡
SOS Courel : Por qué non denunciades o maior estrago que sofren eses espazos : os incendios forestais. Iso non o facedes porque sabedes que a maioría provócanos os paisanos, e son intocables. O que vos dá vida é botar contra a Administración; sen ela non seriades ninguén, pero os montes seguirían ardendo. Sodes uns hipócritas.
Incendio no Courel/ megoxe.blogspot.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting