+ BNG convértese en + Galiza

O segundo movemento en importancia dentro do Bloque decidiu cambiar o seu nome. A partir de agora Máis BNG pasará a ser Máis Galiza. A decisión tomouse na xuntaza deste xoves onde Quintana valorou votar negativamente a proposta de EI.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 12/03/2010

  • versión para imprimir

Finalmente, e logo das presións de certos sectores do BNG, o Consello Político de Máis BNG decidiu mudar o nome co que se bautizaron na política nacionalista para evitar suspicacias e malentendidos cos seus colegas do Bloque. E optaron por algo semellante e sinxelo para os seus militantes: Máis Galiza.

"Ao final foi o nome máis axeitado que atopamos. Tampouco lle demos moitas voltas. Mantemos o + e incluimos Galiza que é a nosa nación, o noso país e que, por estensión, nos engloba a todos", apunta un dirixente desta formación. "Nin deterxentes, nin bebidas enerxéticas. O noso é Máis Galiza por e para Galiza", ironiza.

Ninguén é o pai

No colectivo que lidera Carlos Aymerich ninguén quere ser o pai da criatura. "Igual que Máis BNG naceu de xeito espontáneo, tamén o fixo Máis Galiza", asegura.

Este grupo decidiu cambiar de nome logo de que  EI e, especialmente, a UPG, criticaran en varias ocasións que o uso de 'BNG' poidera causar confusión entre os militantes e a propia sociedade galega. Un debate no que chegou a intervir o propio voceiro nacional, Guillerme Vázquez. Por iso, e para evitar máis amonestacións, os integrantes de Máis BNG decidiron no consello do pasado xoves denominarse oficialmente Máis Galiza. O logo será '+G'. Unha proposta que non convence a todos. Algúns reclaman que xunto ao g se inclúa tamén o z de GZ pero saiu elixida por ampla maioría a primeira opción.

Quintana


Por outra banda, na xuntanza do pasado xoves, e tal e como xa adiantamos en GC en xaneiro, Máis BNG decidiu que se absterá na votación que terá lugar no Consello Nacional do BNG deste sábado para celebrar unha asamblea nacional antes das municipais do próximo ano, como pide Encontro Irmandiño. Con todo, durante esta xuntanza houbo determinadas voces que mesmo apostaron por votar negativamente, tal e como fará a UPG. Un destes dirixentes foi Anxo Quintana quen salientou que o problema deriva do anuncio que fixo, logo das pasadas autonómicas, Carlos Aymerich comprometendose a celebrar un cónclave antes das municipais.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
10

Antón

Mira Sandocán,vai tomar anda.


9

Arenga

+ Galiza????? Primeiro deveriam saber o que querem, já que cada dia renúnciam a mais princípios. Todo seja polos €€€


8

mouro

+galiza? Ese non é o xornal de Terra Galega? Vaia, vaia... www.maisgalicia.com


7

Sandokán

Es un fenómeno Antón! Tesme que dicir onde fixeches ese ciclo formativo de Reparto de carnés de caciquismo, a xulgar a fondura dos teus comentarios, ten unha pinta caralluda :))))) Como diría Rubén Darío: Admirable! Dando por bo que non es un cacique, pregunto: - Tiveches oportunidade de selo? - Terías capacidade intelectual para selo? Afortunadamente non tiven a oportunidade e espero que non me chegue.


6

pindo

Se o futuro de Galiza está nas mans do afillado de Meilán Gil, o Aymerich, que paren que eu me baixo


5

Antón

Tes algún problema Sandokan?Pois eu son moi pouco cacique,e ti?


4

Xandokas

Se isto vai ser MÁIS GALIZA, eu case prefiro menos "chourizos" e máis xustiza. Se isto é o futuro, pido asilo político en Portugal!! (jejejeje....)


2

Sandokán

Que pasa Antón? Que todos son caciques menos ti? Que cachondo!


1

Antón

Por min como se lle chamades(casi tan caciques como PP)


Cosntitución de Máis BNG/ maisbng.com