Un solo feito dunha repetición dun atentado de magnitude semellante a este, ou aos do 11-S en Nueva York e Washington, está ocasionando uns efectos verdadeiramente graves sobre a convivencia entre musulmáns e o resto da sociedade, e converten a este terrorismo en particularmente perigoso para os contornos multiculturais.
A ideoloxía que sustenta o terrorismo de Al-Qaida non ten fronteiras. Trátase dunha amalgama de elementos procedentes da tradición musulmán, de autores islamitas moi radicalizados ou de interpretacións persoais do seu xefe Bin Laden.
A súa estratexia ten utilidade operativa pois aglutina conflitos diversos nunha única loita polo establecemento do Islam na sociedade e a derrota dos infieis. Por outra banda borra fronteiras e crea sentido de irmandade entre persoas de diversos países. A súa estrutura en rede e descentralizada permite sumarse á organización a grupos terroristas xa constituídos.
Os seus membros poden desprazarse con comodidade dentro dos países da Unión Europea, unha vez que cruzaron a fronteira Schengen, e a abundancia de comunidades de inmigrantes procedentes de países islámicos lles proporciona redes de contacto e fainos máis invisibles ás forzas de seguridade. Tratan de confundirse co resto dos musulmáns e procuran non chamala atención facendo unha vida normal. Está constatada a aceptación do disimulo como estratexia que garanta o éxito da súa misión.
E non cabe dúbida que esta circunstancia prexudica subxectivamente a presunción de inocencia dos musulmáns que nada teñen que ver co terrorismo.
Estamos a falar dun terrorismo que crea gran alarma social, xa que as súas accións non so perseguen o impacto mediático, se non tamén elevadas taxas de letalidade. Constitúen unha ameaza perceptible que pon en primeiro plano un foco de inseguridade que fai uns anos non tiñamos. De aí que a sociedade sospeite das comunidades islámicas, autóctonas ou da inmigración, como elemento aliado ou xerador deste tipo de terrorismo, polo que a relación mutua pode verse gravemente contaminada.
Non se trata de que os musulmáns deixen de ser coherentes coas súas crenzas relixiosas, pero si que os valores que se difundan dende as institucións islámicas en Occidente sexan compatibles coa democracia, os dereitos humáns e a convivencia pacífica entre relixións e culturas.
Do contrario estaríase permitindo neglixentemente que no seo das sociedades europeas xerminen sementes de intolerancia que, en medio ou longo prazo, darían froitos amargos.
Teñen un grave problema estes grupos islamistas. Non diferencian o eido político do relixioso e pretenden que o Estado réxase polas costumes e leis do Islam. E neste senso, a medida que aumente o número de musulmáns en Europa como consecuencia da inmigración, o Islam político pode converterse nun desafío para as democracias occidentais.
Ata de agora a experiencia dos grupos islamitas afincados en Europa non é moi alentadora xa que, en xeral, mantéñense distantes da sociedade de acollida, creando unha subcultura, de momento, minoritaria.
Iso ao longo, pode ser moi perigoso.
José Freire
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
estimado arenga: non me doen prendas en dicirlle que ten toda a razón, que xa vivimos no estado orwelliano, i este señor non sei que pretende vendernos cos seus artigos. Expreseime de forma incorrecta. Son as peaxes do internet.
Concordo em muito do que dís indalecio, mas eu diria que a última parte da tua mensagem já é aplicada.
Coido que vostede, como funcionario que é da Policía, debera de estar máis ao tanto que eu sobre o que sucedeu en Madrid: xogo técnico táctico previo das tropas da Otan en Madrid, e atentado de falsa bandeira ao pouco. Eu, que non son musulmán, estou máis pola teoría de que Al Qaeda é un invento dos servizos secretos, como tantos outros inventos, para meter medo. Fagamos necesaria a represión, criando primeiro o medo, logo a necesidade de defendérmonos do inimigo imaxinario e, finalmente, deixemos funcionar o racismo, que xa virán as medidas policiais e o estado parafascista.
Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting