Desprezo total ós canallas da política

Nestes días enchéronse páxinas e páxinas de xornais e ocupáronse minutos e minutos nas canles de radio e de televisión sobre o sonado caso de transfuguismo político de Eladio Fernández.

Por Eladio Osorio | Castrocaldelas | 16/03/2010

  • versión para imprimir

Eu puiden ter escrito sobre este suceso hai xa algún tempo, pero preferín facelo ó cabo duns días de xeito máis sosegado. E fágoo así por medo a ser impulsivo e falar co corazón e non coa cabeza, porque eu coñecía e considerábame amigo de Eladio Fernández.

Quero comezar dicindo que me parece totalmente lexítimo que unha persoa que está en política acabe pasando dun partido a outro, porque non temos porqué pensar exactamente igual ó longo da vida. Eu non creo que o fixera nunca, pero é lexítimo.

Aínda así, este cambio debe ser froito dun proceso de madurez e de reflexión. Un non cambia por que sí en cinco minutos, cambia ó longo de anos e anos. Ademais é máis sinxelo de entender que cambie de parecer unha persoa que non está en primeira liña política ou que non estea moi comprometido coas súas siglas. Porque estando en primeira liña, o máis ético e irse para a casa se un non está de acordo coa súa formación política.

Pero alguén me pode explicar como unha persoa que é un dirixentes dunha organización política pode cambiar de siglas en só cinco minutos e sen ter mostrado a máis mínima discrepancia dentro do seo do PSdeG-PSOE. Porque se unha cousa hai certa en todo este culebrón é que Eladio Fernández xamais mostrou unha pequena discrepancia no seo do PSdeG-PSOE.

É moi difícil de comprender, case imposible. Pero o que xa ninguén entende, absolutamente ninguén, é que este personaxe da política se quede coas actas de concelleiro e deputado provincial que acadou gracias ó Partido Socialista.

A lexislación vixente di que as actas de concelleiro e de deputado son persoais, pero diferentes sentenzas recoñecen que  os electores a quen lle votan e a un partido político. E no caso da acta de deputado provincial, quen a ostenta e grazas o voto dos concelleiros da súa mesma formación política dentro da xunta electoral pola que concorre.

Eladio Fernández, tivo sempre a gran sorte de conta co apoio de todas e todos os compañeiros do PSdeG de Ourense para poder ser concelleiro en Ourense, logo cabeza de lista en San Cibrao, e máis tarde deputado. Tamén tivo a sorte de contar con respaldo para ser secretario provincial provisional ante do I Congreso, e logo contou coa confianza de Raúl Fernández para ser vicesecretario.

Que máis se pode pedir dentro dun partido? Eu creo que nada, por que se alguén pide máis é que está pedindo só para si mesmo e non para un proxecto común.

O máis suxo de toda esta xogada é como se fraguou, a escondidas, a costas de todas e todos os compañeiros, sen dicir absolutamente nada, e sendo unha mala persoa e quedándose coas actas de concelleiro e de deputado.

E o que fai todo esto en política só merece o desprezo dos cidadáns, porque é un canalla da política.

Pero tan culpable é el como quen o acolle no seo doutro partido sen pedirlle que sexa ético e que devolva as actas. Estou falando de José Manuel Baltar, o novo presidente do PP en Ourense que quere superar o seu pai en xogadas suxas dentro da política ourensá.

Falando estes días con ducias e ducias de cargos do Partido Popular na provincia (dos dous partidos populares que hai en Ourense), ninguén entende a xogada de Baltar Blanco. Todos cren que é froito da súa inexperiencia e das súas ansias de chamar a atención e de facerlle a puñeta a Núñez Feijóo.

Alguén cre que esta fichaxe lle vai a aportar réditos ó PP?. Eu podo afirmar que ningún. Eladio Fernández non tiña ningún peso político como para arrastrar votantes e aínda por riba esta fichaxe só serviu para espertar repugnancia en moitos votantes que están fartos de que Ourense só sexa noticia polas falcatruadas dos baltares.

Eu quero crer que esta decisión de Eladio Fernández non sexa como as demais fichaxes que fai Baltar, e dicir, con algún posto de traballo parello para algún familiar ou con algunha outra cousiña. Quero crer que esta decisión de Eladio Fernández só foi pola ansia de figurar e de ocupar portadas de xornais que tanto ansiaba sempre. Quero crer esto, pero posiblemente me equivoque. E posiblemente esta equivocación se desvelará en próximos días. Estade todas e todos atentos.

Eladio Osorio




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
6

Aos comentarios anteriores

O do remix de notas de prensa é certo, o de que estaba a falar por teléfone, non.


5

maria caldelas

Creo que Eladio está mal da cabeza. A súa vida foi un compendio de infortunio que ao longo transtornouno. De non ser así no cabe ise cambio de rumbo e habería que pensar que é un canalla como di Osorio ou esterco para abonar o cortello popular. O problema do señor Baltar fillo e que como naceu cos pés no esterco, por no decir a palabra directa, arrodeado sempre de ameazaas, chanchullos e cacicadas do se u pai, ahor non é capaz de sentier o cheiro que leva nos zapatos, nin a un corrupto cando o ten ao lado. Pásalle en t odolos eidos da vida. Non sabe distinguir os aduladores, dos que está arrodeado daqueles o que o queren, si hai alguén que o quera de xeito desinteresado salvo os seus pais. Pobre neno rico. E pobre Eladio


4

Manolo

Conocidos socialistas se alegraban del triunfo de José Manuel Baltar en el reciente congreso provincial. Ahi teneis vuestro premio. Pensabais que así teniaís más cerca el poder, y sin embargo está poniendo en claro la corrupción de vuestro partido. Menudos personajes teneis en puestos elevados del PSOE en Orense. Los baltares son repulsivos, pero el problema es desgraciadamente mucho más amplio, como acabamos de ver. El caso Eladio muestra la abundancia de sivergüenzas que hay en política... Ni que decir tiene que el BNG y su colosal pelotazo a favor de Afiador Produccions S.L. es más de lo mismo.


3

Hela Dios

Bo, este artigo é un re-mix das notas de prensa que se enviaron aos medios desde o psoe de ourense. Non aporta ningunha reflexión nova, vindo dun liberado do partido. Podías dicir que 20 minutos antes da rolda de prensa o Eladio pasou pola sé do partido, deixou un escrito enriba da mesa da administrativa e marchou. Ela non se decatou porque estaba a falar por telefone. Se queremos impedir que haxa máis Heladios tendes que mudar a Lei Eleitoral e o psoe pode facelo en madrid, que de seguro que se acada maioría ao unirense os outros grupos minoritarios-alternativos. A solución está no Congreso dos Deputados. Reforma da Lei Eleitoral, xa! Psoe culpábel!


2

Lenduaire

Bo, será porque Lendoiro xa se retiróu, porque si non tiña o primeiro posto seguro.


1

Sandokán

A ver, Eladio, figura, xa que ninguén che comenta fareino eu. Ti eras quen tiña que estar na lista dos políticos galegos máis sesisss, moi por riba de Rueda ou de Quintana. Querémoste!


Eladio Osorio

Asesor do Grupo Socialista da Deputación de Ourense. Concelleiro en Castro Caldelas do 91 ó 99 e de 07 ata hoxe. secretario Comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó 09. Secretario xeral do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e Secretario de Acción Electoral do PSdeG-PSOE de Ourense. O seu blog