"Entendo que foi un acto distendido a unha festa que se me invitou e, por suposto, acepto totalmente e absolutamente as críticas que se fagan neste acto", dixo en resposta a a polémica causada pola súa intervención no peche dun acto solidario en Teo que GC desvelou xa o pasado martes.
O Concello de Boqueixón, gobernado polo PPdeG, foi un dos principais impulsores desta cea solidaria que tiña coma fin recadar fondos para as vítimas do terremoto de Haití. Feijóo acudiu a este acto en calidade de presidente do Goberno galego ao igual que o ex presidente da asociación cultural xuvenil Raíña Lupa e ex concelleiro en Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que acudiu en calidade de director xeral de Xuventude.
Acto solidario
O acto tivo lugar o pasado 5 de marzo nun restaurante de Teo e a el acudiron máis de 800 mozos. Antes da cea interviu María Sande, unha moza galega que estivo de voluntaria en Haití tras o sismo. Tamén se proxectou un documental de Alejandro Ramírez. Ao evento tamén acudiu a actriz María Mera, á que logo se referiría Feijóo en varias partes do seu discurso como María Meira.
O presidente galego interviu ao finalizar a cea e, no seu discurso, non fixo ninguna alusión a Haití. Adicouse a criticar a socialistas e nacionalistas e a facer comentarios sobre María Méndez."Vou ser breve porque quedei con María Mera a partir da unha en ir tomar unha copa. De momento díxome que non, pero o vouno a intentar", dicía o líder conservador no seu discurso. "E de aquí ata que se organice a festa, eu vou seguir falando con María Mera para ver se teño algunha posibilidade", engadía.
"Machista"
Unhas declaracións que xa foron tildadas de "machistas" polos partidos da oposición e mesmo criticadas por algúns dos mozos participantes nesa cea como tamén se pode apreciar no video.
Logo do Consello da Xunta, e preguntado por esta cuestión, Feijóo dixo que "acepta" todas as críticas. "Non teño máis que engadir e aceptalas e nada máis. Entendo que foi un acto distendido a unha festa que se me invitou. Por suposto que acepto totalmente e absolutamente todas as críticas que se fagan neste acto e en todos, como non podía ser doutra forma". Así de contundente e de breve se despachou o presidente galego sobre esta cuestión.
***************
COMUNICADO DO CONCELLO DE BOQUEIXÓN DO PASADO 5 DE MARZO (vía santiagoycomarca)
NOITE SOLIDARIA CON HAITI.
Hoxe venres 5 de marzo vaise celebrar unha cena solidaria para recadar fondos para as vítimas do terremoto de Haití. Esta cena solidaria vai a realizar no restaurante Los Robles, no Concello de Teo, e está organizada por un colectivo de organización de ámbito autonómico, que dende hai uns meses se puxeron en marcha para realizar esta actividade solidaria.
Antes da Cea os mais de 800 mozos e mozas que participarán neste acto solidario van a poder coñecer cal e a situación deste país caribeño da man de María Sande, unha moza galega, que participou como voluntaria nas actividades de primeiros auxilios realizada sobre o terreo tralo sismo que o pasado mes de xaneiro asolou este país americano.
Xunto coa experiencia de María Sande proxectarase o documental “ Unha Aposta pola Vida” dirixido por Alejandro Ramírez.
O acto dará comezo ás 22:00 h e nel participarán entre outras personalidades o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo e o Director Xeral de Xuventude Ovidio Rodeiro.
Tódolos fondos recadados irán destinados a ONG CROSE, organización que dende o momento do sismo está a traballar sobre o terreo coas vítimas e axudando a reconstrución do país.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Este del sentido cívico es tonto o es tonto, o las dos cosas a la vez. Rojadas dice, facheríos los vuestros que tenéis el sentido cívico en la punta de aquello con lo que está pensando Feijoo, orgulloso de un presidente GILIPOLLAS estarás tú, que debes ser un memo/a igual que el imbécil ese.
Sentidocivico: Tem um pouco de sentidinho e o que deves fazer é ter vergonça dum presidente que o único que quere é exterminar a identidade galega co fim de fazer méritos para ir-se para Madrid já que ódia a nossa terra e a nossa cultura e sobre todo nosso idioma que é por cima de todo a nossa principal sinal de identidade.
que verguenza que cada vez más se lean rojadas como las de este foro. A donde iremos a parar con gente que escribe estas memezes. Un poco de sentido y no nos rasguemos las vestiduras y sintamonos orgullosos del presidente abierto y extrovertido que tenemos.
Eu estiven nese acto e foi unha autentica vergoña. Dixeron que foramos o maior numero dde persoas pa apoiar un acto benéfico, en ningun momento falaron de nada politico. Unha vez ali fáltannos ao respecto desa forma e intentan censurar o video... LAMENTABLE. Que todo o mundo vexa como é este señor.
presidente frijoles que esta usted casado con una que levou o papa e agora anda poñendo os cornos en plan chulete eh... ji-ji vai acabar vostede como berluscone eh.... namentres non acabe como Hitler... ji-ji ju-ju
Deixen de buscar lixo no sobrado da Interné! (uupss, foi un lapso, e teño dereito a escribir sen pensar)
Feijoo fai o que fam a maioria dos líderes da direita pro-fascista com maioria absoluta, rir-se de todo-los que nom pensam coma eles, dar-lhe dinheiro aos seus amigos, privatizar o público e fomentar a confrontaçom social. Véja-se ejemplos de Esperanza Aguirre (e tele madrid cada dia mais semelhante à tvg), Aznar, etc, e no grao internacional Berlusconi e família.
El usuario es idiota si se pensaba que el video podia desaparecer tan alegremente: http://www.mediafire.com/file/fjyld...ñor_Feijoo,_que_nos_non_calamos_ostia!!_-_Mozilla_Firefox.flv
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting