Un paso importante

A fusión das caixas galegas é, pola súa transcendencia, un asunto de país.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 09/04/2010

  • versión para imprimir

 E ó final impúxose a responsabilidade e imperou o que, dende o principio, era do que se trataba: de abrir a negociación para garantir a galeguidade e a solvencia da caixa resultante.

Avanzar no proceso de reestructuración do sector bancario, especialmente no que afecta ás caixas de aforros, era algo do que ninguén dubidaba e que todos os expertos e organismos competentes, incluido o Banco de España, recomendaban.

Era unha cuestión non xa necesaria senón obrigada para asegurar, ademais dunha reducción no número de entidades, que éstas sexan máis fortes e que, deste xeito, poidan contribuir a reactivar o crédito e a recuperación económica, que é, non hai que esquecelo, a prioridade para todos neste intre, tanto para as administracións como para o conxunto dos cidadáns.

Non cabe dúbida de que este proceso inicial fíxose moi longo e non precisamente porque se demorara en exceso no tempo senón porque deu moito, demasiado, que falar. A fusión das caixas galegas converteuse nun embrollo de envergadura case dende o principio porque a letra pequena tivo máis transcendencia do que a priori podería agardarse e indiscutiblemente marcou o ritmo e a dirección da sucesión de acontecementos posteriores.

A crónica dende logo foi intesa dende o mesmo intre no que o Parlamento galego lle deu o visto bo á lei de caixas. Unha cuestión que está aínda pendente da decisión que adopte o Tribunal Constitucional ante a cando menos sorprendente maniobra do Goberno que lidera Rodríguez Zapatero de presentar un moi cuestionado recurso de incostitucionalidade.

Os intereses contrapostos e os conflictos xurdidos no seo dalgunha forza política tamén contribuiron a dilatar e a enrarecer o proceso. Unha cuestión sobre a que terán que rendir contas os seus responsables.

En calquera caso e á marxe das idas e vidas de algúns e das bravuconadas fóra de lugar e tempo de outros, que as dúas caixas aceptasen sentarse a negociar a fusión é unha boa noticia para Galicia e responde á defensa do interese xeral que é, o fin, o que verdadeiramente importa e o que sempre defendeu e promoveu dende a Xunta o seu presidente Alberto Núñez Feijoo. Agora é momento de obviar localismos e liortas partidistas; é momento de facer país e loitar por acadar o mellor resultado posible para todos. O primeiro paso, o máis importante, xa se deu.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 13

    HIPÓCRITAS PEPEROS

    Pero a ver ho, os da sede do PP DADE ARGUMENTOS E MENOS LERIAS. agora resulta que sodes NACIONALISTAS GALEGOS EN ASUNTOS ECONÓMICOS (claro, nas outras cousas non, que non hai cartos polo medio e non interesa). OU VOS ACLARADES OU ESTADES ESQUIZOFRÉNICOS, porque si sodes de verdade os da INDIVISIBILIDAD DE LA NACIÓN ESPAÑOLA, a que carallo ven agora o de "levar os cartos xentes doutros lares", a ver si nos ACLARAMOS DUNHA PUTA VEZ, sodes do laissez-faire e non intervención en asuntos económicos e da libre empresa ou sodes partidarios de NACIONALIZAR, a ver si nos aclaramos si sodes do que dí o VOSO PORTAVOZ NACIONAL PARA ASUNTOS ECONÓMICOS Cristóbal Montoro ou sodes da UPG (curioso que coincidades con estes, debe ser o ANSIA DE MANGONEAR A PASTA DA OBRA SOCIAL E REPARTILA AO ESTILO BALTAR-CACHARRO-LOUZÁN, xa sabemos como). ESQUIZOFRENIA, O VOSO É ESQUIZOFRENIA, e o peor e que seguro que tedes os cartos no BBVA, SANTANDER OU POPULAR. HIPÓCRITAS E ESQUIZOFRÉNICOS.


    12

    Valentin Araujo

    Ista xenta de esquerda ten tanto odio ós do PP que preferen cos cartos dos galegos se afasten da terra, e, que desaparezcan as caixas de aforros galegas ó seren absorbidas por xentes doutros lares. Deste xeito é como defenden ós galegos polo mundo adiante... ¡MEXAN POR NÓS E DIN QUE CHOVE!


    11

    JTIRIMOL

    Ten narices que o PSOE se poña a dar leccións de política, ética, moral, economía e goberno. Cando son incapaces de ver o que teñen diante dos ollos, orgullosos estarán cando perdan as eleccións, e o señor ZP e o seu equipo de goberno, pase a formar parte da Historia de España, como O PEOR GOBERNO DA DEMOCRACIA. E iso aparecerá reflexado nos libros e nas aulas, en galego, castelán ou inglés se fose menester. UN 10 BARREIRO, SIGUE ASÍ!!!!!!!!!!!!


    10

    Barreirín

    E sí, O primeiro paso xa se deu, e foi... MANDAR CALAR AO SR. FEIJOO, e así caladiño, co rabo entre as pernas, fala quen ten que falar e quen sabe


    9

    bARREIRÍN

    E AO FIN, cal é o interese do PP, un partido que se define a sí mesmo coma liberal, partidario da libre competencia e da non intervención en asuntos económicos? QUE FACEDES MANGONEANDO ASÍ?? Será porque a pasta da OBRA SOCIAL É MOI APETECIBLE para poder manexála dende o poder político a conveniencia (ARTE NO QUE SODES UNS MESTRES)... E XA SABES, moita lei express e moito carallo pero ahí segue Gayoso, oposto á absorción ao DIKTAT DO LOBBY CORUÑÉS encabezado polo voso amigo DE LA VOZ DE GALICIA, a quen suministrades convenientemente fondos dos impostos de todos os galegos en forma de subvención... HIPÓCRITAS


    8

    BARREIRÍN

    E TÍ falas de maniobras interesadas, alma cándida, cando SACADES UNHA LEI-EXPRESS NA VESPERA DE FIN DE ANO, a todo correr para BOTAR FORA AOS DIRIXENTES DA CAIXA QUE SE OPÓN DESDE UN PRINCIPIO aos vosos mangoneos? MANIOBRAS INTERESADAS??? INTERESES CONTRAPOSTOS nalgún partido?? ESTAS A FALAR do que dí MONTORO OU O PP de Madrid e o que decides vos?


    7

    Barreirín

    GALEGUIDADE? Galeguidade la de Corina Porro, NEgreira, Rueda, etc??? los de las manifestaciones de Galicia Bilingue ahora hablan de GALEGUIDADE? GALEGUIDADE la de los del "decreto" para intentar quitar todo lo posible la enseñanza del gallego de nuestras aulas? QUE CONCEPTO FINANCIERO, GALEGUIDADE, será a de levar a ruina as caixas para a ABSORCIÓN FINAL POR CAJA MADRID???


    6

    Barreirín barreirín

    Hombre, otra vez los de la sede del PP atacando en bloque: y nada de argumentos nuevos, no, la misma tontería de siempre. SOLVENCIA, la que dice KPGM (la de Elena Pisonero, del PP madrileño y Caja Madrid, coincidencia?) en un par de semanitas en un estudio AD-HOC? SOLVENCIA la que obliga a pedir cerca de 2000 millones de euros de PRÉSTAMO Y-LUEGO-VEREMOS-SI-PODEMOS-DEVOLVERLO? SOLVENCIA es echar a la PUTA CALLE A mil quinientos empleados DIRECTOS más limpiadoras de las oficinas cerradas, personal de mantenimiento, alquileres,etc??? SOLVENCIA ES que no haya competencia?? que donde teníamos dos ahora tengamos una??


    5

    trex

    Pero no nos andemos con lindezas: estos tíos de la izquierda aprovecharán todo para salpicar basura, porque saben que perderán las municipales y también las generales. Vamos a ver, ¿quién sostuvo a Barrionuevo en su escaño mientras no se le dictó sentencia? Pero si estos tíos no tienen en qué esconderse. Por cierto, al numero uno, el caso del decreto del castellano, tierra, macho, que no os sigue ni dios. En lo de la corrupción de Rinlo, mira de enterarte de cómo se hacen los estudios e infomres de impacto ambiental. ¡Ah! si tienes tantas pruebas contundentes como se intuye que dices, al juzgado, macho, al juzgado derechito, y si no es así, muérdete la puntita de la lengua.


    4

    TELMO

    Isto é para o amigo que fala de Paifocos. Qué demos ten que ver a acción da Xunta nas Caixas co Gürtel, Rinlo ou o Decreto do galego? A ver, lindiño meu, por qué non te posicionas neste tema concreto?, ou é que che costa darle a razón o PP? Ai, ai, ai...


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Xosé Manuel Barreiro

    Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog