Deste xeito, acaba de contratar á empresa Difux, SL, por pouco máis de 45.000 euros para a impresión, edición e distribución de diverso material para a campaña do Día das letras galegas 2010, que este ano se adica ao poeta Uxío Novoneyra.
Logo de aprobarse o expediente de gasto, a secretaría xeral envíolles unha invitación as empresas Agencia Gráfica Gallega, SL; Difux, SL; Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, SL (en diante 2Mil) e Grupo Comunicación y Diseño Lúdica 7, SL para que presentaran as súas ofertas no prazo de cinco días naturais.
Segundo consta na documentación que figura no expediente e do informe que emite a negociadora designada para o exame e análise das ofertas, Difux, SL foi a empresa mellor valorada para realizar este traballo. As impresións e edicións de libros conmemorativos teñen que estar listas en 18 días.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Uxío Novoneyra/ xunta.es
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting