Á deriva

Cantas alarmas máis teñen que saltar para que Rodríguez Zapatero reaccione?.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 03/05/2010

  • versión para imprimir

Ata onde ten que subir a taxa do desemprego, xa por riba do 20 por cento (4.612.700 de parados), para que deixe de anunciar unha reactivación económica que non chega e para a que nin sequera é capaz de artellar medidas que troquen, aínda que sexa sutilmente, a tendencia?

A situación de Grecia foi un aviso que todo o mundo entendeu menos o Goberno que lidera Zapatero, que optou por facer alarde de solidariedade na vez de poñer as súas barbas a remollar. Séguelle agora, aínda por resolver definitivamente o problema heleno, Portugal, e a pregunta que está a revolotear nos miolos de todos, agás quizais na masa gris dos que en España teñen a obriga de aportar solucións, é si o noso país seguirá esta perigosa senda.

Hai pouco máis de dous meses unha delegación gubernamental viuse obrigada a facer ronda de contactos para devolver ós mercados a confianza sobre a nosa economía. Dicían daquela que España non era Grecia, argumento que seguen a empregar neste intre. Certo é que diferencias hainas. Prometéronse daquela, e como consecuencia dese momento de pánico, reformas pero todo, pasada a tempestade, quedou quieto. Non se concretou o plan de austeridade, e paralizouse os cambios nas pensións ou a tan manida reforma laboral.

Xurde, a tenor da rebaixa da calificación da débeda española por parte de S&P, unha nova tormenta, pese a que dende o Goberno Zapatero manteñen a cantinela de que se observan datos positivos que denotan síntomas de recuperación. O pánico nos mercados, en calquera caso, non se fixo agardar. E hai que ter presente tamén, por exemplo, que dentro dun par de meses vencerá a débeda pública española e haberá que refinanciar (facendo uso das cifras máis optimistas) nada máis e nada menos que 25.000 millóns de euros nunhas condicións, ademais, distintas, máis gravosas, das existentes cando se tramitou o crédito. É dicir, unha nova hipoteca, por obra e gracia do goberno socialista, á que teremos que facer fronte todos os españois.

A situación vivida esta semana fíxome lembrar a interpelación que lle fixen á vicepresidenta económica Elena Salgado a principios do pasado mes de novembro sobre as repercusión do aumento do déficit no incremento da débeda pública e a valoración que dela farían os mercados internacionais.

Advertíalle xa daquela, hai seis meses, que o cadro macroeconómico que acompañaba ós orzamentos do Estado non se axustaba á realidade e que, por elo, a situación que se ía derivar da súa aplicación empeoraría aínda máis a crise económica no noso país. Apelaba entón a Sra. Salgado, para xustificar as súas cifras, a que España mantiña a máxima calificación das axencias de rating sobre a débeda pública e eu facíalle constar que algunha desas axencias xa nos rebaixara a nota e outra advertía da posibilidade de facelo. Aludín incluso ó caso de Grecia, indicándolle que o noso país non estaba exento de seguir o mesmo camiño.

E o que pasou sabeo todo o mundo. As previsións, as estimacións, as advertencias que eu fixen daquela desgraciadamente cumpríronse. Pero para o goberno socialista segue sen pasar nada, mantense na súa liña de negar a evidencia, de mirar para outro lado, de seguir coas súas ensoñacións sobre brotes verdes.

Que máis ten que pasar, que outros detonantes precisa Zapatero para reaccionar e poñer coto a esta situación? Chegar ós seis millóns de parados? Que a bolsa se desplome? Que os mercados internacionais nos retiren a súa confianza? Que a calificación da débeda pública se sitúe no moi deficiente…?

Imos á deriva. E o peor é que o capitán do barco non se dá por aludido nin por enterado.

Mentres o país estase a desangrar, os socialistas non dan visos de querer falar e menos aínda afrontar o asunto. Prefiren centrar os seus esforzos e interese en cuestións tan absurdas a estas alturas (máxime cando a penuria económica obriga a aplicar criterios de austeridade) como que os senadores empreguen na Cámara Alta a lingua que mellor lles pareza (o custo da idea vai rondar o millón de euros) ou reixeitar, por poñer un exemplo máis próximo, o traslado das consultas de especialidades ó novo hospital de Lugo. Son contrarios a unha mudanza, á que, por certo, non lle puxeron ningunha pega en dez anos, pese a que as instalacións coas que contarán pacientes e profesionais serán infinitamente mellores que as actuais.

Son as contradiccións dos socialistas, especialistas en crear problemas onde non os hai e de non resolver os que hai.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
4

quefuerte

Iso de que imos á deriva e que o capitán do barco non se da por aludido nin por enterado vai por Feijoo?


3

Cernadas

El gobierno de Zapatero dispara en 231 millones los gastos de personal en un solo trimestre, mientras anuncia que recortará 16 millones. En plena crisis, el gobierno socialista contrata más personal eventual que el año pasado: un 4,7%. ¿A quien pretenden engañar??


2

Barreirín

Non, o desemprego en Galicia si aumenta é culpa do cha-cha-chá, si fose ben o tema entón deberíamosllo a Feijoo. IMAXINA ESTE PRIMEIRO PÁRRAFO, CORREXINDO O TEU: Ata onde ten que subir a taxa do desemprego, xa por riba do 16% por cento (200.000 de parados), para que deixe de anunciar unha reactivación económica que non chega e para a que nin sequera é capaz de artellar medidas que troquen, aínda que sexa sutilmente, a tendencia? ÁNIMO BARREIRÍN, CONTESTA.

3 respostas
1

Por Papanatas: As politicas de emprego que se estan a facer en Galicia polo goberno de Feijoo, non teran ningun resultado mentres o goberno de Zapatero non acometa de unha forma seria e responsable a reforma laboral. Listillo, que eres un listillo.

2

Por Pailan: Claro claro tontainas, la culpa es del chachachá, atontao que eres un atontao, reforma laboral a de Baltar

3

Por PPapanatiñas: Papanatas, o nome vaiche ao dedo. Pero no decía o Feijoo fai máis dun ano que vos acababades co paro en 45 dias. Daquela xá gobernaba o Ppsoe. Tonto, que eres tonto, no o digo eu, dío o Tonecho.


1

Listillo

E canto aumentou o desemprego en GALIZA, MAMALÓN?


Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog