Xacobeo

O 2010 é un ano importante para Galicia. A celebración do Xacobeo é un fito histórico para promocionar a nosa terra en todo o mundo e unha oportunidade económica nada desdeñable nun intre no que calquer axuda é boa para tentar empurrar os datos hacia valores positivos.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 08/05/2010

  • versión para imprimir

Pero como case sempre acontece, tamén con motivo do Ano Santo hai quen prefire atrancar o carro na vez de empurrar del. O Goberno de Rodríguez Zapatero adícase a torpedear a festa á que debería sumarse con efusión e entrega.

Négase a transferir fondos e racanea a celebración de calquer acto ou actividade que ben poidera contribuir a promocionar no exterior tan sinalada data, obviando que o Xacobeo non é só de Galicia ou de Santiago, é de toda España, porque moitos son os camiños que levan ós peregrinos a Compostela ó pé do Apóstolo.

Esta actitude dos socialistas non resulta novedosa é desgraciadamente non se restrinxe únicamente a este asunto, simplemente amplifica o proceder dos seus compañeiros en Galicia que centran o seu discurso crítico en minimizar a programación cultural diseñada pola Xunta, esquecendo, porque a súa memoria política é moi fráxil, que a súa propia contribución, xunto cos daquela socios de goberno na Xunta, foi totalmente nula. Así, todas e cantas actuacións de mellora e conservación das distintas rutas parécenlle insuficientes e ata lle restan mérito á anunciada visita papal.

A relevancia do Xacobeo, coma outros asuntos candentes neste intre na nosa cumunidade, son, ou debería selo alomentos, asunto de país e, polo tanto, como tal deberían ser tratados.

Poñerse en contra de todo e boicotear canto sea posible este acontecemento pon de manifesto a pouca altura de miras dos socialistas e sobre todo deixa patente que non escatiman ningunha oportunidade para castigar a Galicia por retirarlle o seu apoio nas urnas, primando, en consecuencia, o interese partidista sobre o xeral. Proceder que, ó meu entender, é totalmente errado. O seu desmarque, nembargantes, non empañará o brillo do acontecemento.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

sergio abelleira

Qué ben se definen alguns. O seu proxecto de país ou do que sexa pasa po botar dil aos que pensan distinto. Moi crarificador.


3

Ferreira

Pero que goberno de Zapatero. Iluso non sabes que a Conselleira de Facenda máis inútil que tivo Galiza (por suposto do PP) presupostou que ía ingresar 600 millóns de euros do estado que ninguén lle dixo que lle ian a dar?. Son as vosas pallas mentais as que pretendedes que nos creamos. Si é esa mesma rácana a que ten paralizada a toda Galiza lambón, ou a Xunta non xestiona o 80 % dos cartos de todas as administracións. Que burros sodes pon as barbas a remollar lambón que non che queda moito para que vos larguedes da Xunta e despois botarémosvos do país para que vexades mundo e non volvades nunca zipaio.


2

Barreirín

Xa estamos, vaia preparando un artigo sobre o cambio climático: "ZP E A CONTAMINACIÓN" "SOCIALISMO E EFECTO INVERNADERO" "COIDADO CO2, VEÑEN OS ROXOS"...ou sobre terremotos "EPICENTRO E FERRAZ" "TSUNAMI PSOE"...déixese de lerias, Barreirín, e coidado co emprego de termos coma "asunto de país" (que país? España? Galicia?) porque cos do PP nunca se sabe de que falan. O que está ben, falando de memorias fráxiles, é que vostede, precisamente vostede, fale de primar o interese partidista sobre o xeral: pra escachar a rir.


1

Benito

El Xacobeo es para la mistica. Todo lo otro, la fiest y tal, es un desproposito organizativo que ni tiene sentido a la hora de buscar targets ni esta cerca de plantearse de una manera sensata. Como quieran los dogmaticos de partidos ponerse a favor (o en contra) ya pertenece a la lamentable dinamica de la politica española.


Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog