Denuncian "pucheirazo" no BNG de A Coruña

Dirixentes do BNG da Coruña denuncian unha "persecución" por parte do "aparato" do partido a militantes pertencentes ao "tellismo" e a Máis Galiza.

Por Galicia Confidencial | A Coruna | 24/05/2010

  • versión para imprimir

O columnista de Galicia Confidencial Antón Tenreiro asegura, nun novo artigo, que se está "alentando un pucheirazo de facto" para "alimentar non se sabe que intereses nin acordos ás costas da militancia".

Así, sinala que na Coruña foron case medio cento de militantes quedaron fora do proceso de selección do candidato local ao non estar ao día coas súas cotas. Por iso denuncia que o "aparato" utiliza información "da que outros non dispoñen" para proceder deste xeito.

Segundo puido saber este medio, hai varios militantes nacionalistas que estan pensando en acudir aos tribunais para poder participar nas elecciòns  do candidato do BNG logo de que o Consello Nacional votara en contra desta posibilidade.

***************************

A Coruña tiña un prezo

A pasada semana escribín unha carta co titulo "por un puñado de votos" referida á situación do BNG da coruña a respeito das próximas eleccións municipais. Hoxe, seguindo con titulos sacados dos filmes de Sergio Leone titulo a presente "A Coruña tiña un prezo".

Os censos do BNG para a participación da militancia nos procesos internos para a elaboración definitiva das candidaturas resultaron polémicos e así se recolleu na prensa, onde se viu a postura oficial maioritaria da UPG e a contraria de +G e Encontro Irmandiño. Esto resulta xa habitual en calquera proceso interno pre-electoral e en certa medida lóxico, pois o "aparato" acostuma controlar datos e información coa que non contan o resto de grupos, cuestión esta a resolver por simple hixiene democrática.

Na Coruña, en concreto, foi onde se deu o caso máis rechamante, pois quedaron sen dereitos cinco decenas de militantes por distintos motivos: varias persoas nunha misma conta sen relación de parentesco, impago de cuotas, negativa de Galiza Nova a admitir novas afiliacións por motivos cando menos discutibeis etc...

A maior parte de estas baixas, curiosamente, pertencen a persoas aderidas ao chamado "tellismo" e a un sector de +G, o que evidencia o que decía anteriormente de que o "aparato" evita previamente estas situacións por contar con información previa da que outros non dispoñen.

En +G da Coruña, ademáis de verse perxudicados polas baixas propias do BNG, deben padecer tamén a asunción interna da mecanica do BNG a pesares de ter votado en contra no Consello Nacional e ademáis das persoas sen dereito a participación decididas no BNG, moitos afiliados a +G quedan tamén sen dereito a participación no +G da Coruña que manteñen ese dereito no BNG.

Traslados de localidade sen efectuar, persoas ás que non se lles tramitou a afiliación, baixas recurridas no BNG ás que aínda non se deu resposta e que son asumidas tamén por +G, persoas que pediron a alta en Galiza Nova e +G e que non lles foi concedida en ningunha das organizacións sen máis explicacións, e en definitiva, unha chea de irregularidades que perxudican, maioritariamente a unha das partes, a mesma que despois de ter gañado conforme ao regulamento unha votación para a dirección local de +G, foi suspendida e sustituida por unha xestora arbitrariamente.

De manterse este censo, estariase alentando un "pucheirazo" de facto dentro de +G para alimentar non se sabe que intereses nin acordos ás costas da militancia.

Si estas son as formas de ese novo BNG que se quere criar desde +G e que apoiou o 45% da militancia, parecense moito ás do actual BNG, e para ese "cambio" non paga a pena tanto esforzo...mentras, segue amedrar o descontento.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

32 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 16

    Xoana

    Os que somos nacionalistas de verdade, temos que ollar os ideais propios que deberan facer luz na nosa mente, e rexeitar os manexos dos que queren levar ao BNG ao fondo mariño. Co panorama que xa leva agromando dende hai tempo (coa baixada de votos), hai que dar a volta a todo. E isto ten que facelo, o que conqueriu os mellores resultados para NÓS: o Beiras.


    15

    Xoana

    - Reflexión nacionalista


    14

    Brais

    O Bng vai perder até os dous deputados que conserva no Congreso, senón ao tempo


    13

    LOIS

    O BNG tan so e unha axencia de coloacion de militantes da UPG. Nas proximas municipais van ter problemas para facer moitas candidaturas nos pequenos concellos Mentras se desangran internamente o PSOE esta a invitar a xente proxima ao nacionalismo a colaborar a nivel local con eles, sabendo do desfeita que esta a organizacion e o farta que teñen a militancia que non come da politica.

    1 resposta
    1

    Por soe: Un bo momento para aceptar as invitacións do PSOE. Manda carallo coa que está caíndo.


    12

    xose

    Non só é na coruña, é en todo Galicia, os da secta (UPG) son infiltrados do PP no bng, e non van a parar ata que afundan o nacionalismo; hai que deixalos sos xa que non hai un que vala un peso, dio todo deixar a Beiras e Camilo na casa, e Ponton e Bieito rañando nos coll... no Parlamento. O BNG está mais queimado que a pipa dun indio, e resulta preciso poñer un proxecto en marcha canto antes (a poder ser antes das municipais), con excision polo centro esquerda, incluido do grupo parlamentar para voltar a crear ilusion na xente, senon imos camiño da desaparicion. Meu deus, coa que está caendo, cun PP cheo de corruptos e un PSOE que nos arruina, o nacionalismo debia de esta subindo coma espuma, pero .... imos de ass.


    11

    lobo

    Brais, a este contertulianos, quetanto critican a UPG, faltanlle ovos, pra erguer unha alternativa creible, somentes viven e fan politica de salon, porque para esto hasta dependen da UPG.Son colonizados fracasados.

    2 respostas
    1

    Por Auuuuuu: Colonizadas tedes a/as neurona/s algún que sei eu. Esto ven sendo coma o da España dos 70, ata que palme Paco do Ferrol non hai nada que facer.

    2

    Por Brais: É que levo meses escoitando queixas, lendo blogues onde se botan pedras os de Máis Galiza coa UPG e tal e cal. Miren Terra galega, Converxencia XXi que ten un ano de vida, até poden mirar de falar coa FPG os irmandiños, pero deixen de foderse entre vostedes.


    10

    Xavi

    Home,se ser de esquerdas quere dicir querer taparlle a boca a ecoloxistas,labregos e movimentos sociais en xeral,entón a UPG éche moi de esquerdas. Tal como anda hoxe o país,o BNG debería ser quen de apañar tantos votos como na etapa de Beiras.Pola culpa destes burócratas aínda perderemos máis.


    9

    Estratego de salón

    Estes sucesos/rumores ocorren por mixturar nun mesmo partido a comunistas e dereitistas. Algún día os de +Galiza xuntaranse cos de Tega, Converxencia XXI ou outros e faran un grande partido galeguista de dereitas. E os da UPG que se fusionen cos da FPG, MPB e outros. Así teriamos o espazo politico ben cuberto, sen escisións absurdas e debates ermos. RACIONALIZAR as forzas politicas galegas é o que fai falla.

    3 respostas
    1

    Por lobo: Pois adiante xa¡¡¡ a que esperades, agora onde colocamos a Beiras?

    2

    Por Exmilitante: Deixa ho!, co tranquiliños que estamos fora do BNG sen esa panda de pseudocomunistas.Desas fusions nin falar

    3

    Por roi: ah? pero na UPG hai alguén de esquerdas?? quen? donde? e que política de esquerdas fai? por deus se donde gobernan son máis caciques ca o PP...


    8

    Xosé

    A UPG ten que recuar. Tello pode, e mesmo se cadra debe, ser vencido "en buena lid". Pero non así.


    7

    Xurxo Remeseiro

    É impresionante o esforzo que adica a UPG ao control interno e as poucas ideas que se lle ocurren para mudar a sociedade. Viva o BNG (e non certos burócratas)

    2 respostas
    1

    Por saña: Pois un servidor, simpatizante da UPG, tiven que agardar a que pasaran as votacions pra elexir a direccion local de Vigo do BNG, e segun creo a maioria pertenece a tan denostada como imprescindible UPG.

    2

    Por Raña(la): E xa lle apañaron algún postiño?


  • Páxinas
  • 1
  • 2