É de agardar que cando menos certo rubor apoderarase de Zapatero cando lle reprochen todo o que dixo. Así, por exemplo, confirmada a recesión, mantiña que era “opinable” que España entrara en crise ou aseguraba que non había “atisbo de recesión económica” ou incluso que o sistema económico español “era un modelo internacional de solvencia e eficiencia”. Eso diciao a finais de 2007 e a principios de 2008 insistía en que a crise era “unha falacia, puro catastrofismo” e enarbolaba eslóganes “polo pleno emprego” e prometía a creación de dos millóns de novos postos de traballo.
Non foi ata xullo de hai dous anos cando pronunciou (e recoñeceu) por primeira vez a existencia da crise. E foi a partir de aí cando periódica e tercamente auguraba un fin inmediato da sangría do desemprego e atisbaba unha próxima mellora económica que nunca chegaba a producirse. En abril de 2009, segundo dicia, o peor da crise xa pasara e as cifras do paro ían ter “outro color” nos próximos meses; en xuño xa “tocaramos fondo”; en xaneiro deste ano “obxectivamente o peor da crise xa pasara” e incluso a finais do pasado mes de abril afirmaba que a reducción do paro era inminente.
Pero nada foi como dixo que sería. Temos máis de cinco millóns de parados e un déficit do once por cento e a súa encadenación de erros, a presión dos mercados e o mandato da Unión Europea fixo que Zapatero se vira obrigado a contradecirse a si mesmo e imaxino que a arrepentirse de repetir tantas veces que “mientras yo sea presidente, las políticas sociales no tendrán recortes”.
As medidas de axuste que plantexa supoñen, de feito, a maior rebaixa no gasto social da democracia. Este cambio de visión e mesmo de acción, parido da noite para a mañá, merece ser obxecto de estudo porque posiblemente non existan precedentes dun cambio de ideario político tan radical coma este. E aínda menos que esta transformación extrema se leve a cabo cunha precipitación de tal envergadura que ata se prescinda de aderezar a súa presentación cun gran feixe de explicacións que tenten, cando menos, poñerlle pes e cabeza a semellante revirivolta, ó inicio dun máis que probable novo espiral de enganos.
Zapatero e o seu goberno mantiveronse impasibles durante meses ante as alarmas que se ían disparando e agora, nin sequera por vontade propia senón obrigado pala presión internacional e polo medo non a contaxiarnos da situación grega senón a converternos noutra Grecia, arremete contra todo e contra todos (especialmente contra os que menos teñen) cun paquete de medidas que ninguén comparte e que todos consideran que non serán as máis axeitadas para arranxar a grave situación á que nos levou e que probablemente non sexan nin sequera suficientes para amañar a desfeita.
Agárdannos meses moi difíciles. En eso si que ten razón Zapatero.
X.M. Barreiro
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O Goberno central parece esquecer que o primeiro problema de España é o paro por iso urxe tomar decisións para crear emprego, en vez de centrarse só en medidas para reducir o déficit. Zapatero, vaite XA!!!
Esta é a nosa alternativa: http://www.elpais.com/fotografia/es... jaja, o pais seguira indo igual de mal pero os vendedores de caracois e de traxes a verdade é que van a sair do bache...
E aquel tal Feij009, que dixo que o arranxaba en 60 días? Porque xa hai máis dun ano e vai todo a peor... bueno, todo non, os COMPLEMENTOS DE EX-ALTOS CARGOS seguen pagándose relixiosamente (3 millóns de euros) as subvencións á LA VOZ DE FEIJOO suman xa varios millóns de euros e JAVIERITO DORADO E CENTENARES DE ENCHUFADOS SIN OFICIO NIN BENEFICIO seguen a cobrar do ERARIO PÚBLICO SIN FACER SIQUERA ACTO DE PRESENCIA...
Hai que ter valor e moito rostro. Vos que tomastes medidas moito máis inxustas, supresión de becas para os non afiliados o PP, conxelación salarial, venderlles as empresas do estados os amigos Vilallonga, fomentar a especulación e o fraude que agora se ve no sumario Gurtel e outros, etc. E ti Barreiro que ademáis viviches en estreita connivencia con Cacharro, en fin que medo me dades no poder.
Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting