Demagoxia e política

Din algúns politólogos que a demagoxia acompaña case sempre a acción política. Eu digo que na xusta proporción xa que se a demagoxia campa as súas “anchas” desaparece a democracia.

Por José L. Orozco | | 31/05/2010

  • versión para imprimir

Ven a conto o que digo xa que hai un tempo que estou a oír que unha das causas da crise que existe hoxe foi o chamado Plan Zapatero, que, como se sabe, puxo en mans dos Concellos de España, de TODOS os Concellos de España - independentemente das siglas que representasen os seus Alcaldes e Alcaldesas - a importante cifra de 13.000 millóns de euros para investir nas necesidade que tivesen en cada un dos concellos.

Baixo o meu punto de vista gracias a esa confianza nos Concellos solucionáronse moitos problemas que de outro xeito tardaríanse anos en darlles solución e creáronse dotacións e equipamentos necesarios para os veciños. En Lugo hoxe en todas as Parroquias da zona rural non habería pistas de aglomerado en quente ou non teríamos arranxado o parque de FRIGSA ou non teríamos feitos os aparcamentos diante do campo de fútbol do Anxo Carro ou a escola infantil de Montirón-Sanfiz. E así ata 79 obras. E quedan as do Plan Zapatero deste ano.

Pero ademais preto de mil persoas traballaron nesas obras e empresas de Lugo tiveron a oportunidade de ter carga de traballo e non ter a necesidade de desaparecer. E volvo repetir e moitos veciños ver asistidos os seus dereitos e moitas necesidades cubertas.

Como se pode utilizar a demagoxia de por como causa da crise eses investimentos? Como se pode dicir que só se fixeron beirarrúas?Como se pode por en solfa a intelixencia dos cidadáns de España que se benefician desas obras?. A demagoxia é a corrupción da democracia. Temos que defendernos dela, da demagoxia, claro!

José L. Orozco




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Gamela

Orozco, non sabes nada sobre o tema do Parque Natural no Courel ? ¿Non te contou nada o teu amigo Pachi? http://chuza.gl/historia/o-alcalde-... ¿Alguén pode preguntarlle a Quintana de que falaron neste xantar?


1

Gamela

Xa... a demagoxía amigo fotógrafo é algo máis grave... é facer que os INTERESES PARTICULARES teñan categoría de INTERESES PÚBLICOS ! A demagoxía é MENTIR e priorizar todo aquilo que non é urxente nin ten motivos de converterse en GASTO PÚBLICO agás para maior gloria do papaostias de ZAPATERO ! ¿Ou acaso tamén é demagóxico denunciar o gasto en PROPAGANDA que supuxeron centos de miles de CARTEIS anunciando esa cousa perversa chamada Plan E que agora imos pagar funcionarios, pensionistas e mulleres a punto de parir? OROZO estás pasado das calores... ben sabes que o Filósofo tiña que Gobernar a República POR TURNOS... e penso que o teu TURNO xa está cuberto dabondo... RETIRATE e deixa que entre aire fresco na política municipal. Seguro que outros virán que bó te farán...! Pero para falar de DEMAGOXÍA deberas antes cambiar de PARTIDO !


José Clemente López Orozco

naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog