A abstención dalgunhas forzas políticas, que antepuxeron o interese propio ó común (actitude que deberán explicar ós seus militantes e á cidadanía en xeral pola incompatibilidade de defender e acusadar a un tempo), permitiralle seguir adiante co seu recorte de dereitos sociais, pero xa non cabe dúbida de que Zapatero está aillado e solo.
Ata algún socialista de relevancia atrévese a dicir en público o que moitos recoñecen en privado: as súas decisións (impostas, improvisadas e inxustas) están o causar un dano irreparable para o país (e para o seu propio partido).
O que principiou sendo un ruxe ruxe, defendido en solitario polo Partido Popular, é un clamor xeralizado: O presidente do goberno é o principal problema da economía española e un lastre moi pesado para sequera otear unha nimia recuperación a corto prazo. A convocatoria de eleccións xerais non é xa unha discusión acotada á lexítima disputa partidista, é unha necesidade, unha saída (creo que a única) a este pozo negro que non ten fondo.
Esa soidade e esa debilidade parlamentaria é tan inmensa que ata difumina esa penosa imaxe á que asistimos atónitos nestes últimos días: as continuas contradiccións nas que incurrían os vicepresidentes, as rectificacións drásticas nun puñadiño de horas, as versións paralelas e antagónicas sobre esas rectificacións que se facían no discurrir polos pasillos…
E acecha sombría outra batalla, a amenaza de (tentar) aprobar, tamén vía decreto, a necesaria reforma laboral.
Ninguén está contento e eso que os efectos do decretazo e da suba de impostos aínda non se fixeron notar.
Os partidos políticos dixéronlle moi clariño a Rodríguez Zapatero que, se realmente quere axudar, recolla o seus bártulos e se vaia. Agardo que entenda a mensaxe e non espere a que llo esixan na rúa.
X.M. Barreiro
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
E coma alternativa, un partido que ten a algúns dos seus principais dirixentes nos TRIBUNAIS por TRINCÓNS, o seu tesoreiro imputado, presidentes autonómicos, empresas fantasmas, privatizacións da sanidade, partidarios da "flexibilización laboral", portavoces trincóns, capos aos que lle toca unha e outra vez a lotería, fillos que heredan o cargo do pai... esto vai ao carallo, porque o PP non é precisamente a solución a nada. Recollede os bártulos todos os que os adicades á política, empezando polo delfín de Cacharro Pardo. Por certo, canto cobras de COMPLEMENTO DE EX-ALTO CARGO?
O que deberan facer os SINDICATOS é deixarse de xogar a radicais e selo de vez... A Zapatero non o bota da Moncloa nin un tifón... é o cínico máis esgrevio que tivemos o gusto de coñecer en tódolos anos de democracia que levamos ao lombo...! A única folga xeral xusta é a folga xeral REVOLUCIONARIA! TODOS Á MONCLOA e a vivir do conto ata que dure ! E ao día seguinte facemos SUBASTA do Patrimonio do PSOE para saldar as débedas máis urxentes deste 'enfant terrible' do novo socialismo español. Borrón e conta nova! E por favor que alguén inclúa a Leire Pajín nos textos de Educación para a Cidadanía coma modelo do que sucede cando un goberno demogóxico leva adiante a chamada política de cotas ! TODOS Á MONCLOA! PSOE = RESPONSABLE CIVIL SUBSIDIARIO !!!
Por semprepopular: Os sindicatos non sirven para nada! Onde están agora con todos os parados que temos? Resposta: Esperando un Goberno de dereitas para sair a rúa pedindo traballo para todos. ¡Pena, penita pena!
Por nuncappodre: Cando un facha do PP fala de que os sindicatos, coas suas eivas, non valen para nada, é cando penso que máis hai que colaborar na defensa dos traballadores. PPodre nunca máis.
Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting