Por Alberto Quián
A directora de Relacións Institucionais e da Área Legal de Microsoft Ibérica, Bárbara Olagaray, compareceu este martes 1 de xuño na Comisión de Presidencia, Xustiza e Interior da Asemblea de Madrid a petición do PP, PSOE e IU, que colaboraron co Defensor do Menor da Comunidade de Madrid, Arturo Canalda.
Os deputados madrileños e o Defensor do Menor responderon así ás denuncias do blogger Marcelino Madrigal e doutros internautas sobre estes contidos de pedófilos e pederastas. Microsoft é acusada de presunto deixamento e permisividade por non aplicar os filtros necesarios para bloquear estes contidos e non ter un sistema efectivo de detección e de denuncia, ademais de non dispor de controis para que non haxa menores de 13 anos na súa rede.
Estas denuncias, que se propagaron pola rede de microblogging Twitter, tamén se trasladaron a representantes da política galega. Polo menos o PSdeG foi informado en xaneiro pasado, a través de Twitter, dos contidos ilícitos en Windows Live, que foron á súa vez remitidos á dirección do PSOE en Madrid e ao Ministerio do Interior, segundo informaron a través da súa conta en Twitter. O PSdeG comprometeuse a “traballar no asunto”. Pero a día de hoxe este grave problema non chegou ao Parlamento español e tampouco foi levado ao Parlamento galego polo PPdeG, PSdeG e BNG. A Asemblea de Madrid foi a primeira en exercer presión política sobre Microsoft.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Está ben o artigo. Hai que facer un chamamento para evitar este cancro que se está a prpagar pola internet. Cantos máis colaboremos, mellor.
Sen dúbida máis interesante sería estudiar a que se deben estos milleiros de arquivos pedófilos. ¿Que ocorre coa xente para chegar a estos extremos?. Hoxe Microsoft controlará estes arquivos, mañá estarán noutras redes; se non se atalla de raíz, máis vale qeu se olviden porque Internet non é controlable por moito que lles gustara aos gobernos.
Operación contra a pornografía infantil
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting