Os negocios de Telmo Martín e o irmán do conselleiro de Cultura

Ademais de ser propietarios nos apartamentos do Grove en pé malia unha orde de derrube; o líder do PP de Pontevedra e Fernando Varela son socios na sociedade Gralicia. Ademas, nas casas de Raeiros tamén é socio o constructor do concello de Sanxenxo, adxudicado por Telmo Martín, e que se desviou máis dun 30% do orzamento.

Por Galicia Confidencial | | 07/06/2010

  • versión para imprimir

A promotora da urbanización Raeiros en San Vicente do Grove é Inproin SL . Son 52 chalés cunha orde de derribo do TSXG que debería executarse en 3 meses. Tanto Xunta como o Concello do Grove están a buscar o xeito de adiar a decisión da Xustiza.

Pero quen esta detrás desta promotora?

Segundo o Rexistro Mercantil , os administradores de Inproin son:

  • Fernando Varela, irmán do concelleiro de cultura Roberto Varela e actual presidente da Asociación Galega de Graniteiros
  • Jose Ramón Vallejo Sueiro
  • Jose Fernández Vidal, constructor de Meaño
  • Jose Abal Vidal, de Construciones Abal de Meis.

José Abal Vidal, a través de Construcciones Abal, foi tamén quen fixo a nova casa do concello de Sanxenxo baixo o mandato do aquela alcalde e hoxe líder do PP na cidade de Pontevedra, Telmo Martin.

A nova casa do concello foi financiada pola conselleria de Xustiza en 2005 sendo titular Xesús Palmou, mediante unha subvención de 675.000 euros a pagar 5 anualidades e no devandito convenio para “ obras de reforma e ampliación da casa do concello” o importe total ascendía a 843.749 euros.

Despois de varios bailes de cifras, ao final a obra adxudicase por 955.000 euros firmando o contrato administrativo o 15 de maio do 2006. Porén, ao entregar a última certificación da obra o custe da obra aumenta en 278.323,76 euros, tendo o Concello de Sanxenxo que levar ao pleno de setembro do 2008 esta modificación por exceder do 10% dos recursos ordinarios do presuposto da obra. E é que o custe dispararase máis dun 29% dende a adxudicación.

Ademais dos seus vínculos en Raeiros e no Concello de Sanxenxo, Fernando Varela e Telmo Martín son amigos dende hai moitos anos e socios na empresa Gralicia Pedras Elaboradas SL, na que tamén participa o conselleiro Roberto Varela. Por iso o nome de Fernando Varela soou como un dos posibles candidatos a alcaldía de Sanxenxo polo PP.

Os estreitos vínculos de políticos conservadores cos chalés de Raeiros, xa coñecidos como “Villa PP”, sitúan a demolición desta urbanización ilegal como un dos puntos clave da campaña das eleccións locais.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

19 comentarios
7

unqueleva25anosroubando

GALEG@S: ha,ha,ha..... sodes gilipollas, estamos-vos fodendo por todo-los sitios - facemos da vosa administracion o que nos sale dos collons - mexamos por vos e decides que chove - desfacemo-lo pais (riqueza natural,industria,cultura... - somos una pandilla de delincuentes e rimo-nos a escachar nos vosos fociños - etc,etc... - ¡¡¡...POR QUE SODES GILIPOLLAS, SEGUIDE ASI, JODER, SEGUIDE ASI......!!!


6

Ricardo

telmito o corrupto en acción de novo, con diaños como este quen necesita o inferno, cada vez que fala sae merda da súa boca pustulante. Se este desgraciado chega a algo xa sabemos moito antes o que había. A min recórdame (salvando as distancias) a outro insigne corrupto que era Juan Miguel Diz Guedes, represor e dilapidador de recursos públicos nos seus intereses privados.


5

Felipe Santiso

Rapaces de GC, sodes pouco "activos" na denuncia da corrupción. Tedes que aprender da Cope, que hoxe deixou entrar a Antoñito de Allariz no seu informativo (galaico oyes) da unha e media en plan reporteiro dicharacheiro para dicir que estaba na consellería de Traballo "a investijar" e que eses papeis do PSOE e as subvencións a organizacións agrarias afíns cheiraban moi, pero que moi mal. Pablo Acción si que mola! Non se lle nota nada!

1 resposta
1

Por Peridismo servil: Moi ben toñito, moi ben, pero digo eu... como CARALLO segues en política despois de cacharte TRINCANDO DA CAIXA PÚBLICA co tema das dietas mentres ías en COCHE OFICIAL de Baltar? COMO TES AS SANTAS PELOTAS DE CONTINUAR? Como hai periodistas tan malos que nunca os escoito preguntar a esta tropa estas cousas? TOÑITO, DIMISIÓN


4

un dos nosos

O que é un escándalo é todo o que están dicindo os xornais en contra do PP. Non entro en se é verdade ou mentira, entro en que coa pasta que nos gastamos en untar a eses cabróns se permitan falar de algunha cousiña mediolegal que podería haber por ahí. Faltaría máis, para esto gastamos os cartos?. Os corruptos son os do bipartito home, o que pasa é que a estes xornalistas hai que voltarlles a ler a cartilla...

1 resposta
1

Por Un dos meus: Estos sinvergonzas, ata sacan o de Gondomar, mira tí a quen lle interesará o de Gondomar, si total son dous concelleiros de nada, ao ex-alcalde collérono noutra trincada e está nun caso aparte. E ZP sen dimitir, que seguro que ata se leva cousas da Moncloa. E o do Gurtell, non haberá máis problemas neste país, e o do ex-presidente de Baleares, co paro que hai e sacando un palacete de nada, mira tí a quen lle vai importar un palacete máis ou menos. E ao outro, ao de Castellón, o que lle teñen é envexa porque sabe escoller os décimos e ten sorte, joder que a ver a quen non lle tocóu cinco ou seis veces a lotería, coño. E Baltar, mete aos fillos de catro amigos e tanta historia xa, si é normal, á prole hai que coidala.


3

sempre os mesmos

Estes últimos días non oimos máis que casos de corrupción urbanística, de licenzas mal concedidas, de denuncias por tráfico de influencias, por prevaricación e sempre hai un denominador común moi popular, entón algo hai, porque casualidade poden ser duas veces pero tantas, o máis triste de todo é que en este país non hai un fiscal con ovos suficentes para empezar a meter man como o están a facer no Levante.


2

Nacho Cid

¿Y...? ¿cual es la noticia? ¿que se conocen? Vaya panda de especuladores que sois! Que se conozcan y tengan negocios en común porque todos son empresarios no quiere decir que hayan amañado ninguna adjudicación, es decir que por mucho que lo disfraceis, no se ha cometido ningún delito. Noticias perniciosas como ésta lo único que intentan es desgastar al PP. ¿O es que en Galicia además de no poder hablar español no se puede tener amigos ni socios?

7 respostas
1

Por de Sanxenxo: unha cousa é ser socios e outra é que cada vez que sae algo sempre están os mesmos detrás, porque mira ti que non habera xentiña en Galiza sin ser os 4 de sempre.

2

Por galleguiño: Tés rasón nacho Cid, fixeron unha urbanización de chaletes en Sanxenxo con licencia amañada para todos os membros do partido, pendente de derribo, pero no fondo son boas persoas. Por certo, déixasme ulirche o zapato, jujujuju. Nas próximas volto votar ó PP que son os máis honrados de todos, jujujuju. E ademáis non me impoñen o galego.jujujuju.

3

Por que no te enteras: Galleguiño, enterate, a Urbe non é en Sanxenxo, e no concello de O Grobe

4

Por galleguiño: Cres que é iso no único no que non me entero? jujuju, Déixasme ulirche o zapato?.Jujujuju. Menos mal que nos goberna Feijoo. Jujujujuju.

5

Por El oro de Moscú: Eso, o que importa é o Concello no que se fai o chourizo, no o chouriceo en sí, mira tí que lío por catro licencias, sabedores como sodes que outra cousa non, pero no pepé escrupulosos coa legalidade non os hai máis, o de tí facendo son contos dos roxos, que sodes uns roxos. Crespo, liberdade, xuices prevaricadores.

6

Por xiabre: pregunta inocente: ¿os catro de sempre son Constru4?

7

Por silgar: ajajaj menos mal que non lle puxeron constru12.


1

faneca brava

se fora a casa dun pobre xa a terian tirado mais coma a xustiza que temos e so para os ricos asi esta a cousa. REVOLUCION XA !!!!!!

3 respostas
1

Por un mais: Vaia, Villa PP. eu conozco Villa Psoe na Illa...... ¿que pasa ser empresario e delito? Eso e o que quixo inculcar Zp e os seus socios a todos españoles e así nos vai, convirteuse el no empresario mais grande Si Nas colas do Paro

2

Por Un menos: A min gostame moito a xente así, optimista coma tí, xente decente que pensa que os do PSOE son uns chourizos, e que cando se colle nas berzas aos do PP é por culpa do PSOE, que son uns chourizos, e que si collen a os do PP trincando a culpa é do paro e de ZP, e que si collen a todos os que quedan (porque sin trincar no PP hai catro) é culpa do PSOE, de Felipe ou de Roldán, ou de Pablo Iglesias ou de quen sexa... os teus, HOOLIGAN PEPEIRO, non fan nada malo, nunca trincan, e si cheira a merda tapamos o nariz. Da gusto, con xente coma tí. Os empresarios pepeiros son o mais honrado baixo as estrelas, ata os narcos do Salnés. E todo isto sin caeros a cara da vergoña

3

Por nunca: curioso que villa PSOE fora construida por un empresario do PP e aprobada por una xunta do PP... ademáis de decir a xustiza que non hai delito, todo o contraio que o de O Grove