Piratas informáticos violan a web da Consellería de Industria

O Goberno investiga a procedencia do ataque, que acusaba a Feijóo de corrupción.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/06/2010

  • versión para imprimir

"A Consellería de Economía e Industria lamenta o ataque sofrido pola súa páxina web no transcurso da tarde de hoxe, que estivo bloqueada durante algúns minutos como consecuencia dun boicoteo informático do que se están investigando todos os datos, incluída a súa procedencia".

Así comeza un comunicado oficial da Xunta no que se recoñece que durante varios minutos deste mércores a web oficial da Consellería de Industria foi asaltada por piratas informáticos. Descoñécese se os piratas accederon a datos do Goberno, ou se só vulneraron a primeira barreira de protección da web.

Na portada do sitio podíase ver a caricatura do presidente que acompaña esta información. Feijóo tiña un billete na boca e outra na man. Da súa boca saía as palabras "dadme dinero y os sacaré de la crisis" escrito en español.

A web da Consellería de Industria mantén o mesmo deseño vixente na época do bipartito. De feito, non foi até ben entrado 2010 que publicou os convenios firmados polo Goberno do PP, pois durante meses só mantivo as axudas a dedo concedidas na época de Fernando Blanco.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Landa

Como se pasan estos del PSDG! Como les están sacando los trapos sucios se calientan, contratan a 4 camaradas comunistas rusos y pasa lo que pasa.

1 resposta
1

Por Volverán banderas victoriosas: Y todo subvencionado con el ORO DE MOSCÚ... Menos mal que D. Francisco dejó todo atado y bien atado con el PP, y pronto en España volverá a amanecer


Imaxe de Feijóo introducida na portada da web da Consellería de Industria por un pirata