Diz Guedes contratou 4 veces co Gürtel nun ano

O ex-conselleiro de Agricultura, que recoñeceu seu amigo persoal de Pablo Crespo, contratou, ademais de a Special Events, á empresa da muller de Francisco Correa.

Por Walter Burns | O Irixo | 10/06/2010

  • versión para imprimir

A edición galega de El País publicaba esta semana que a Consellería de Agricultura pagou 156.000 euros a Special Events, unha dos centros do Gürtel, por un estudio para un sistema telefónico, estudo do que non hai constancia.

Feijóo di que se publicará o expediente

O presidente da Xunta mostrouse hoxe aberto a remitir ao xuíz instrutor e ao Parlamento o expediente deste gasto pois “non hai nada que ocultar”. Feijóo tamén se mostrou “sorprendido” por ser cuestionado por este expediente, cando estivo “custodiado” polo bipartito por catro anos.

O certo é que o sistema telefónico en cuestión, tramitado a mediados de 2001 a través de Tragsa, é o cuarto encargo da Consellería de Agricultura á trama nun só ano. Daquela Agrigultura estaba dirixida por Diz Guedes, quen recoñeceu ser amigo persoal de Pablo Crespo.

En canto saltou o escándalo da detención de Crespo (ex-número 3 do PP), a prensa informou que Agricultura encargáralle a Special Events un traballo de promoción do vacún tras as vacas tolas. En realidade foron dous contratos, como se pode comprobar no DOG. Un concurso para “consultoría e asistencia” por 246.000 euros e outro pola campaña publicitaria por 1,2 millóns.

A policía incautoulle ao contábel da trama un lapis de memoria. Nel había un arquivo nomeado “Gastos Vacas Locas” no que se detallan unha serie de gastos en viaxes e restaurantes, varios deles coñecidos establecementos galegos, na mesma época en que Special Events gañou os concursos das vacas tolas.

O que pasou desapercibido á maioría dos medios é que nesa mesma resolución do DOG aparece como adxudicataria Vox Pública, a empresa na que traballa a muller de Francisco Correa e que tamén fixo unha enquisa electoral para o PP de Pontevedra de Rafael Louzán. Malia ser especialista en sondaxes de opinión, Voz Pública fixo para Agricultura unha "enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite".

Como sinalou ANT, foron máis de 75.000 euros para a empresa na que eran directivos dous imputados, o construtor José Calvo e María del Carmen Rodríguez Quijano, esposa do líder da trama Francisco Correa.

Alberto Nuñez Feijóo insistiu esta mañá que a Xunta colaborará en calquera investigación, pero indicou que sobre o asunto das vacas tolas pende o segredo de sumario.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

Un de Tui

Saro. É que Tui é moito Tui.


3

Marcos Torres

Normal que lle chamara "gastos vacas locas". Ou xa non lembrades ao ministro con Aznar Arias-Cañete degustando tenreira por todo o país como un poseso? Pos eso O PP sempre soubo tirar bos rendementos das desgrazas. Vacas tolas e Prestige son exemplos magníficos. E ven que a xente os segue a escoller, así que... para que cortarse?


2

Saro

Que pasa que todo o PP de Tui está tocado pola corrupción?


1

Xandokas

Dentro de pouco as patacas vanse plantar co/ou/por teléfono. As vacas vaiselles facer unha enquisa para preguntarlle cando queren ser muxidas e inseminadas e ás leitugas, patacas e demais productos de horta, consultarannas sobre o seu estado do benestar.- Os corruptos, ao CÁRCERE con eles.... pero XA!!!