+Gz e BNG en caida libre...

Por Antón Tenreiro | | 12/06/2010

  • versión para imprimir

Despois de confirmarse a supremacía da UPG en Pontevedra, o seu dominio en Ferrol, o medre en Vigo a costa de +Gz, a victoria dos comunistas en Ourense e Lugo, e quedando so as dúbidas na Coruña, supoño que o comunicado conxunto dos principais lideres de +Gz negando problemas e dicindo que todo vai sobre rodas, empezará a desmoronarse.

Ese novo BNG do que se fala desde a cúpula de +G suponse que se practicará na propia asociación comenzando por asumir a responsabilidade politica do descalabro nas candidaturas das cidades, con un só candidato á alcaldía (Vigo) pero fortemente custodiado pola UPG e perdendo candidatos no resto do País, incluídos aqueles que eran ate agora tenentes de alcalde e portavoces.

Suponse tamén que en esa nova cultura politica contarase con asumir erros, e dar a responsabilidade toda a quén gañe e non compartir (como lle pasará a Antelo si non se soluciona) o piuor dos acordos, mentras que os que controlan o aparato saen indenmes de toda "quima" electoral e social.

Cecais os máximos responsábeis deberan ser os primeiros en convocar unha asamblea nacional extraordinaria de +Gz para poñerse a disposición da militancia da asociación e asumir as súas responsabilidades, correxir no posíbel os erros e afrontar de outra forma o resto do proceso, no que caerán alcaldes sen presentarse ás eleccións, caerán os apoios electorais por estar dominadas as listas pola UPG e comenzará a caída libre do BNG si non se pon freo a esta desfeita.

Ou seguiremos afrontando os problemas con paños quentes e escusas en vez de afrontar o futuro con valentía e sen medo a mudar un instrumento do período cuaternario na época das novas tecnoloxías?

Ate cando máis UPG e menos BNG? Aínda desde a honestidade, podemos equivocarnos, o valente é recoñecelo para poder millorar...

 

Antón Tenreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
7

manuel

Estaste cubrindo de gloria Antón.


6

Xan

Esta persoa non ten crédito ningún. Acaso as asambleas non son soberanas? Non vota o que quer votar cadaquén? Se poñemos en dúbida as regras do xogo haberá que cambialas, non? Que o BNG ten dúas, tres, catro formas de ver a realidade nacional e xeito de organizala é evidente... Tamén é evidente que a UPG é, por escaso marxe, maioritaria, non si? Pois haberá que respetar o que ditaminou a militancia (esa é a única soberana). O inimigo non é o BNG! Nin tan sequera o PSOE! O inimigo son os NEOCON do PP!!! Sen dúbida. Menos merda para o BNG e máis duros cos fascistas que nos des-gobernan


5

Xandokas

Ata cando tanto "caciquismo" e tanto "chupoptero" no Bloque??


4

AAA

??????????? Ponte a currar, ou será iso?


3

pedro

A típica pataleta do que quedou fora, como eu non fodo a puta ao río.


2

Xelo

Como tí sempre te apuntas a cabalo gañador, se cadra volves á UPG.

4 respostas
1

Por saña: Nono queremos mellor que se integra en desencontro Irmandiño, ali fai boa falta

2

Por raña: Pola condición rastreira que ten , da o perfil típico da UPG

3

Por caña: Vai rañala, raña.

4

Por Maña: Raña: tes moita razón, so sendo do OPUS DEI-UPG se pode ser tan rastreiro como Antón Tenreiro


1

antonto

ti cala ben mantido, es patético antonto, ou era antonte? antonte xa vin como e por onde andabas...

2 respostas
1

Por Mosquera: Se cadra é verdade o que dis, pero non deixa de ser certo que ás veces os tontos e os nenos son os que din a verdade.

2

Por Terneiro: E logo este sabio non estibo no goberno anterior, debeu de facelo moi ben.


Antón Tenreiro

Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog