Claridade

Por X.M. Barreiro | | 16/06/2010

  • versión para imprimir

José Blanco, antes de ser ministro, proclamábase garante das obras que Fomento estaba a acometer ou tiña aínda pendente de executar na provincia de Lugo, a verdade sin moito éxito pola súa parte. Cando se fixo cargo do ministerio, non só mantivo os compromisos no que atinxe ás grandes actuacións en infraestructuras como autovías e a propia chegada do AVE senón que asumiu algúns outros.

Pero chegou o día no que o Sr. Blanco subiuse á palestra do parlamento para anunciar que o seu ministerio ía acometer un drástico recorte inversor que conlevaría tamén un retraso na execución das obras, incluso das xa iniciadas.

Non se trata de dubidar da palabra dada do noso conveciño, o propio presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo dixo confiar nela en todo o que atinxe ó denominado Pacto do Obradoiro. Pero, aínda así, o certo é que o ministro Blanco segue a prodigarse moito por esta a súa provincia pero onde antes había moitísimas verbas, agora hai excesivo silencio. Evita agora dar detalles sobre o cumprimento de prazos e orzamentos e a repercusión que na nosa provincia terá ese plan de racionalización e reaxuste que vai acometer no seu ministerio.

No concello de Lugo e na propia Deputación, entre outras administracións locais, adoptouse por unanimidade o acordo de instalo a que nin os recortes nin os retrasos afecten ás actuacións previstas na provincia. Lugo non pode permitirse máis retrasos nunhas obras imprescindibles para a súa vertebración e moitas das cales, hai que telo presente, xa tiñan que estar operativas ou a piques de entrar en servicio. A preocupación é evidente e lóxica.

Non estaría de máis, para tranquilidade de todos, que José Blanco nunha das súa continuas visitas á provincia abandoara o seu mutismo é nos clarexara o antes posible en qué medida nos vai afectar ós lucenses os recortes previstos. Que explicite, para que non haxa ningún xénero de dúbidas e argumentos que conviden á especulación, cales son, neste intre e dadas as novas circunstancias, as prioridades do seu ministerio.

A falla de información sobre o alcance da reducción orzamentaria denota certa improvisación. Esta imprecisión suscita, ademais, alarma na cidadanía en xeral, nas administracións, que directa ou indirectamente se verán afectadas, e incluso nas empresas adxudicatarias que, en función dos detalles que se desprendan dese plan de axuste, veranse máis o menos perxudicadas.

A ninguén se lle escapa que a cancelación ou demora destas obras, pola súa magnitude e cuantía orzamentaria, repercutirá nas previsións económicas das adxudicatarias ou aspirantes a selo e, por extensión, na dimensión das súas plantillas.

A claridade, en definitiva, será ben recibida por todos.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
2

alfareiro

Piscifactoría de Rinlo, declarada ilegal polos tribunais. Dada a dedo por Barreiro ao cuñao de Álvarez-Cascos co goberno da Xunta en funcións Portos de Galicia, Pablo Crespo, Xefe da Gürtel, ... Barreiro, cos pés de barro


1

Claro, claro, Barreirín

Este señor era o conselleiro de MEdio Ambiente, de quen depende PORTOS DE GALICIA, onde estaba un tal PABLO CRESPO? Pero como o tiña dependendo da súa consellería, señor Barreiro, si Fraga dixo que cando descubriron as falcatruadas do tal Crespo prescindiron del? Ou sexa, que sabían que delinquía e vostede colocóuno nun ente que dependía da SÚA CONSELLERÍA? QUE MAL FEDE, necesitamos CLARIDADE NA RESPOSTA, Barreirín

10 respostas
1

Por Sindo: Ti eres o mesmo baballocas de sempre. Seica ten razon Barreiro e por iso te alporizas. Os do PSOE e os do BLOCO sodes a gran lacra de este pais. Mais, a realidade e tozuda e xa vedes como deixastes Galicia o famoso BIPARTITO, e tamen xa vedes como deixou España Zapatero co incondicional apoio do BLOCO.

2

Por Pepeirin: Claro que si, o chouriceo para vos, por certo que baballocas será quen defende aos que tiñan que estar fora da política, ou no trullo

3

Por Homer Sindo: Sindiño, tí cala,cando oio esa frase na serie PPadre Casares, sempre penso en tí, meu Sindiño.

4

Por Sindo, Feli Sindo: Home, tampouco vos metades co da sede do PP, o tal Sindo, que bastante lle costóu entrar enchufado por Cacharro para que agora non se gane honradamente a vida defendendo as chourizadas dos seus, porque xa sabedes que os que nos metemos cos chourizos pepeiros somos de Zp ou do BNG, e non cidadáns ata as pelotas de Crespitos e quen os agocha

5

Por Sindiño: Cantos ornean por eiqui, todos eles amiguiños dos Bloqueiros resentidos porque a xente os mandou para as suas casiñas nas últimas eleccions. Parece que ainda escoce, pois se vos escoce botadalle BETADINE...

6

Por DINE, BETA DINE: Claro ho, os que estamos contra os vosos chouriceos somos do PSOE ou do Bloque, claaaro. O que non somos é destes chourizos. Que opinas desto?: Silva dimite de sus cargos en Diputación y Ayuntamiento Tras ser condenado a seis meses de cárcel y a siete años de inhabilitación por prevaricación... http://www.farodevigo.es/comarcas/2...

7

Por Liberado: Xa o teño claro, pois parece que non tes nada que facer e solo estas pendente dos comentarios desta páxina, ti debes ser liberado da CIGA ou da UXT.

8

Por Izo, Chour Izo: Xa, claro, antes socialista ou benegueiro e agora sindicalista, joder machiño, non das unha: Por que hai que ser dalgun equipo?. Non se pode criticar aos chourizos?. Eso sí, ti non podes ocultar o teu enchufe cacharril nin apagando a luz. Algo que dicir dos escandalazos que lle saen aos teus?

9

Por Escocedor: Para chourizos os do PSOE e os do BNG, por iso os largaron fora do BIPARTITO. Seica escoce, pois ajo... i agua...

10

Por Cido, Co: Home, supoño que lles escocerá, pregúntelle a eles, pero non se preocupe que o escozor vai por barrios... e a todo porco lle chega seu san escozorciño, nonseisimeentende. Por certo, dos asuntos da corrupción no seu partido hoxe non toca facer declaracións, amijo?


Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog