Feijóo dá clases de xornalismo

Por Walter Burns | O Irixo | 17/06/2010

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Amigo, o presidente da Xunta éche un político intelixente. Cando remata a comparecencia ante os medios de cada xoves non marcha inmediatamente. Baixa do estrado de San Caetano e achégase aos informadores.

Dígoche máis, Alberto Nuñez Feijóó é un gran tipo. Incluso cando comeza a rolda de prensa advertindo que ten moi pouco tempo para responder preguntas, sempre atopa uns quince minutos para debater cos xornalistas. Sen micros, de ti a ti. Con Galiciaconfidencial e con La Voz.

Din que non é un político conservador normal, é diferente, un home moderno, de orixes humildes, foi aos Maristas, 'campechano', bo xestor e próximo. Vamos, a pouco que soe a frauta, o próximo presidente de España.

E de que fala o 'presi' coa precaria e atenta canallesca? Diso nada, amigo, iso non cho digo, está protexido polo off the record. Feijóo conta cousas aos xornalistas, pero os xornalistas non podemos publicar que el as contou.

Sirva esta hipótese de exemplo, por se o xoves che toca ir cubrilo. Se Feijóo se achega e che solta que a Xunta mercoulle a Carrumeiro carpetas de coiro a 400 euros, ti podes buscar probas, pero non titular "Feijóo asegura que una empresa próxima al BNG se lo llevó crudo de la Xunta".

Que iso é intoxicar? Que se ten algo que dicir o faga diante dos micros?

Lamento que penses así, compañeiro, que eu deses corrillos saquei grandes exclusivas. Ía pórche un exemplo. Mágoa que agora mesmo non me lembre de ningunha, polo menos de ningunha que acabase publicando.

Tampouco entendo porque te enfadas cando no corrillo critica abertamente a liña editorial de tal medio, ou cando se mete coas informacións que hoxe asinaron algúns compañeiros.

Eles están diante, de corpo presente, poden defenderse. Non é tan difícil rebater ao home máis poderoso do país, escoltado polos seus lugartenentes repetindo como un mantra "el único que lo enfocó bien fue el ABC".

Amigo, non te cabrees, Feijóo é un bo fulano. Ten todo o dereito a criticar os teus titulares e a dar leccións de xornalismo todos os xoves as 13:30 en San Caetano.

A ti que che importa? As clases son gratis e, como na universidade, a asistencia non é obrigatoria. Pero mírao ben, din que puntúa. 

Walter Burns




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

15 comentarios
6

un memo

No entiendo que os ofendan las clases de Feijoo. Esta claro que entiende y mucho de manipulacion politica. Por tanto no es dificil presumir que puede entender tanto o mas que vosotros de manipulacion informativa.


5

tras

non creo que o Pachismo sexa unha alternativa comercial... que sen complicarse moito a vida, simplemente non son bos tempos para o xornalismo impreso. Todo se resolve agasallando un croissan, non era así? Tal vez o Ipad.


4

Enteirada

Señores do Galicia Confidencial, gozo moito cos seus artigos sobre as cloacas do xornalismo galego. Lamento iso si que sempre lle arreen aos mesmos. Propóñolles tema para o próximo. O afundimento de A Nosa Terra. O martes contáronlle a luz e xa lle deben cinco meses aos seus traballadores. San José xa dixo chao e dentro de pouco tamén haberá cambios en Xornal para facelo máis próximo ao 'Pachismo', que é o que se leva agora. Outro fracaso da UPG. Mejuto dimisión.

1 resposta
1

Por Alfonso García: Tranquilo home. Botémoslle terra. Temos tempo. Incluso tempos novos. San Martiño é en novembro. Calma. Asoségueseme!


3

Juan carlos

Pousada, das pena. Informarse en Galicia Confidencial es malo para la salud. Acabarás defendiendo un único idioma y una única raza. Basta comprobar el nivel de este artículo, intentando arruinar la carrera del mejor líder que tenemos españa. El único que no negó la crisis y que tiene derecho molar a quejarse cuando se publica algo que no le gusta. Adelante Alberto!

4 respostas
1

Por Sofi: Dales duro Juanca, que ya está bien con la canallesca y con los despiadados ataques a nuestro amado líder, guía y PRE-SI-DEN-TE Kim Il Feixón, el hombre que no niega las crisis: las acentúa.

2

Por abraiado: presi,¿tamén on-line?,descanse,ho. :P

3

Por Hugo: Juan Carlos, cipaio, galego de pau, a ver se mandas a Frijolete para Madrí e marchas tí con él, que aquí non queremos neo-fachas asasina-linguas. Si colega, o teu Frijolete esta a matar a lingua que che ensinou a túa nai e tí aínda o defendes, porco inmundo!

4

Por Enfin: Juan Carlos: malo para a saude e ser coma ti! A tua ignorancia impideche ver que este articulo (por desgraza) e unha loa a "Adelante Alberto" como a maioria dos que escribe este columnista pero, claro, Juan Carlos saber ler e escribir implica mais que ser capaz de xuntar letras... (Perdoade polos acentos, que non me funcionan no ordenador)


2

Sofía

desde luego, cuanta razón tiene Juanca, si es que la canallesca on-line (a la otra la tenemos a raya con las subvenciones/ayudas/mordidas) son una panda de rojos, mira que no seguir los "consejos" de nuestro líder espiritual y amado guía EL PRESIDENTE. Desde luego, que cercanas suenan las palabras de nuestro querido ex-líder espiritual y ex-amado guía EL EX-PRESIDENTE: ... Hoy hemos podido analizar los condicionamientos generales de orden político, social y económico, que influyen en el proceso informativo ; podemos calibrar las mayores posibilidades que tienen algunos países respecto a otros, en cuanto al control de datos y en cuanto a su producción, así como la posibilidad que tienen de usarlos como instrumento de su propia política... MANUEL FRAGA IRIBARNE, LEY DE PRENSA DE 1966


1

Juan Carlos

Sois un medio de pacotilla, no os le nadie. Es evidente que os hacen falta no muchas, sino muchísimas lecciones de periodismo. Os iría muchísimo mejor si siguiérais los consejos del Presidente. Tiempo al tiempo, a ver si estais en la red dentro de un año.

4 respostas
1

Por Pep: Calma Juan Carlos. Concordo contigo en que en Galiza hai moitos medios que lles vai "moito mellor", por seguir os "consellos" do presi. Seguro que ti e mais eu coñecemos algúns exemplos, verdade? Outra cousa é que estes medios teñan que impartirlle "muchisimas lecciones de periodismo" aos que non abaixan ás orellas.

2

Por Pousada: Seran de pacotilla, Juan Carlos (menudo nome¡¡¡) pero eu paso todos os días por aquí a enterarme do que non me contan os da Coz de La Colonia, os fachas do aporreo gallego, ou os mandados da radiotvgalega

3

Por Andrés López: Se te quedaron en el tintero (estos aún usan tinta de la de antes) El País, con sus grandes exclusivas socialistas, los del Faro, con una de cal y cuatro de arena, los de Ideal/DiarioArousa/etc, que escriben "asejún" sople el viento... Anda, pero si sigo va a ser que no "te" hay prensa independiente en este país, filliño.

4

Por Hugo: Libertas Digital e Intereconomía, eses si que son medios serios e respetables, que poñen de puta "parriba" a calquera que non pense coma eles. Eres patético Juanca!


Walter Burns

Walter Burns foi editor xefe do "Chicago Examiner", unha das cabeceiras máis populares na capital dos grandes lagos no comezo de século. Formou un dos mellores tándems do xornalismo norteamericano canda o afamado reporteiro Hildy Johnson.