Detido un ex-concelleiro do PSOE en Baiona

A Garda Civil detivo este luns a Fernando Leyenda Estévez, ex-edil socialista nos anos 90 e na actualidade patrón maior en Baiona. A Consellería do Mar tíñalle abertos varios expedientes por pesca ilegal e por un coflito na vixilancia contra o furtivismo.

Por Galicia Confidencial | Baiona | 21/06/2010

  • versión para imprimir

A Garda Civil detivo este luns a Fernando Leyenda Estévez, ex-concellal do PSdeG en Baiona nos anos 90 e na actualidade patrón maior en Baiona. A súa detención ten que ver coas súas funcións como responsábel dos pescadores locais, entre as que está estender certificacións aos buques.

Dende a súa entrada como patrón maior na primavera de 2009, Leyenda tivo varios enfrontamentos coa Consellería de Pesca da Xunta (PPdeG). O máis grave é en torno á loita contra o furtivismo. Este último venres, directivos da Consellería de Pesca lembraban publicamente a Leyenda a súa obriga de "cumprir estreitamente cos deberes que esixe a Lei".

Leyenda e o seu equipo de goberno decidira recentemente rescindir o contrato do xefe e de varios membros do grupo responsábel da loita contra o furtivismo na zona, alegando queixas dos propios pescadores. Os vixilantes reaccionaron denunciando unha "persecución" por parte de Leyenda, que vetaría calquera intervención que non fose de percebe.

O asunto desenvorcou nunha investigación por parte da Xunta, que agora dá un novo xiro tras a detención de Leyenda. O patrón maior tamén tiña denuncias anteriores ante a propia Consellería por pesca ilegal.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Xandokas

Ao cárcere con el!!!


Leyenda, no centro de verde, nunha reunión o venres coa Xunta. Foto: Consellería do Mar.