Pero os que acreditamos en un país moderno e rico, xusto e libre non nos damos por vencidos, e a nosa próxima estación será a esperanza. A esperanza en unha forza politica na que se sintan representados a maioría de galegos e galegas.
Unha forza politica orgullosa da historia antiga e recente con vocación maioritaria de goberno que impida a forzas alleas deseñar politicas contrarias aos intereses dos galegos e galegas.
Unha forza alegre, que gaste as enerxías en construir e non en destruir o seu millor capital en función de afinidades de grupo: militantes e simpatizantes, o capital humano.
A esperanza de que galeguistas e nacionalistas sexan hexemónicos en Galicia con instrumentos non sectareos nin excluintes, senón integradores e eficaces socialmente.
A nosa próxima estación: ESPERANZA. Máis que nunca, Galicia precisa ese instrumento. Os galegos tamén...
Antón Tenreiro
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Deixa de berrar "quiero que me echen!!" e largha dunha vez, que xa non che quedan sensibilidades nas que militar... pasaches por todas e a todas criticaches...non se fia de ti nin... os que che deixan oubear!!
Iso pasounos fai moito aos que non pasábamos nin por ser opusinos do PNG nin claramente de esquerdas. Sen mala fé, deixastes que a UPG se cobrase en exceso a súa meritoria laboura anterior, que acadase un protagonismo que non lles corresponde, e que se fisexen donos da "casa común do nacionalismo galego". Agora qué? De verdade, sen mala intención. Un saúdo. Xoanma Rial
Hai máis partido alén do Bng. Vexamos o recentemente chegado Converxencia XXI...
Por andrea: Anton ten un pouco de dignidade, se ainda che queda algo !!! ¿ Como é posible que un membro do Consello Comarcal poda botar merda todos os dias contra a súa organización ?? O que buscas é que expulsen para facerte a vitima !!Pobre Antón pobre miseria....
Por pasadomañá: Iso, iso. Todos os podres para Converxencia XXI... Bueno, si lles deixa o Padín, claro, que si entra moita xente de vez lle poden quitar o control do chiringuito "y yo por Andreita MA-TO"
Por País, tinto: Home, pois sí que tería pelotas que os do BNG votaran a un partido de dereitas (centro-dereita?) coma estes "liberais"...agora, que eu coñezo algún que por facer "país" anti-españolista colonizado ReisCatólicos, etc...son capaces de calqueira cousa, ata votar á dereita.
Semella que o ¿señor? Tenreiro borrou todo o seu blog. Menos mal que temos o webarchive e a caché do google para lembrar o mellor dos seus escritos.
Mais que nunca, Galicia ... A que me sonará iso a min??? Non fora esa a contracampaña do PP contra Nunca Máis????? Veña, liscade e gañádevos o pan ...
Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting