O debate do proceso de elección de candidaturas para as municipais nas cidades dentro do BNG, non resolvía si Carril, Dominguez ou Cela entre outros son os mellores candidatos para as alcaldías, que poden selo perfectamente pola súa valia, cualificación política ou experiencia de xestión ademais das súas calidades humanas.
O verdadeiro debate foi sobre o camiño a seguir polo nacionalismo con dúas visións claramente diferenciadas e das que se poden extrapolar practicamente os mesmos resultados da pasada asemblea nacional, con un 45% fronte a un 55% aproximadamente segundo os casos.
Hoxe existen "de facto" dous nacionalismos dentro do BNG de moi dificil convivencia e a UPG sabedora de esa situación optou por un pulso asambleario que gañou (como sempre) diante da bisoñez de un +G que permitiu un regulamento de elección claramente beneficioso para a UPG e condena á frustración a milleiros de militantes e simpatizantes que tiñan a esperanza de cambiar o BNG e o futuro do nacionalismo galego.
Ademais de recoñecer a derrota, +G debe facer unha profunda reflexión interna e asumir os seus dirixentes a responsabilidade que lles corresponde, tal e como esixían que se fixera no propio BNG.
A UPG atopase tamén con outro problema que é presentarse por primeira vez en solitario a un reto electoral sen o colchón do apoio interno de outros grupos e con TODA a responsabilidade de saber xestionar esta pírrica vitoria sen poder botar a culpa a terceiros tal e como viña facendo permanentemente a pesares de gobernar o aparato interno e as listas electorais.
A sociedade galega sabe despois do "espectáculo" de primarias dado a menos de un ano das eleccións, que no BNG gañaron "os radicais", "os comunistas da UPG" etc. aínda que non sepan moi ben en que consiste a UPG nin o complicado entramado interno de unha organización que non mudou de estructura desde a súa fundación en Riazor.
Se cadra esa total responsabilidade debera trasladarse tamén á executiva nacional do BNG e que a UPG xestione agora en solitario os procesos electorais e a organización e dea contas tamén en solitario dos resultados asumindo as consecuencias en solitario. De esta forma o BNG terá iniciado un verdadeiro camiño de renovación; do contrario será máis do mesmo.
Antón Tenreiro
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
¿Que democracia é esa? Acódese a un procedemento asembleario e parte da asemblea desenténdese e non só se autoexclúe da loita subsiguiente, senón que traballa en contra. Así non van a ningures. Seguro que a UPG non sería tan desleal se os resultados fosen outros.
Eu son de esquerdas e son nacionalista mais non teño nada que ver con xente que sò ten odio no peito. A UPG e como unha sociedade limitada os seus fines son apañar choios para eles,non transformar a sociedade.Cando alguén responde queren matalo.Santa Mafia.Tenreiro resiste!!
Por saña: Nin eres de esquerdas nin eres nacionalista galego, mais ben chourizo pepeiro e nacionalista español.
Por maña: Saña: Tente de garda Pacorro para que respostes a tódolos comentarios que descubren a realidade da secta UPG?. Onde estas liberado no BNG, na CIG, no Forga, na Deputación de Lugo, na da Coruña?
Por saña: A tua realidade e vivir na inopia e darlle o palique sin sentido, pensa algo, si podes, antes de escribir, que te repites moito.
Por Postos pra todos: O que eu che diga, foreiro de garda da U, a garda pretoriana de Pacorro, os trinca-postos guardians das esencias e da pureza ideoloxica.. a cambio dun chupe a conta do erario publico
Antón...como eres tan valiente, xq no contestas a los lectores!! debe ser que te lleva tanto trabajo redactar esta sarta de memeces, que el estadio de contestar, se presenta como algo imposible para ti Vago, inutil, traidor...tienes alguna virtud??
Non entendo tanta xenreira contra os artigos do señor Tenreiro no Galicia Confidencial, porque o que realmente esta esnaquizando ao BNG e sobre de todo a + G e o ese blog de frikies teledirixido por un cínico no que se adican a insultar a todo Deus, dende a UPG ata calquera que non estea na liña que lle manda o seu patrón. Unha vergonza para o nacionalismo.
Por Friskies: DEFINICIÓN UPG:...frikies teledirixido por un cínico no que se adican a insultar a todo Deus, dende (...todooquenonaceptePACORRO...) ata calquera que non estea na liña que lle manda o seu patrón. Unha vergonza para o nacionalismo.
Por ana: Tan bo é Xan coma Pericán. Pero o do famoso blog dos Aymerich'boys é antolóxico. Difamadores anónimos asociados. Falan de todo menos do que teñen que ocultar.
Tenreiro: Díme o número de votos do BNG de Oleiros na túa época? Moi por debaixo da media. Probablemente non sexas tan brillante como pensas. Ou a política non é o teu. Xa está ben de buscar un protagonismo inútil. Estás en nómina do PP?
E agora publicaches un novo artigo no que afirmas que deixarás de meter o dedo no ollo de +Galiza si desde renovar o bng pechamos o noso blog http://www.blogoteca.com/antonte/in...
Por filipediez: Ola, son eu Filipe Díez, o de verdade, non Filipe10.... O noso blog non está construído por un propio ego, como si é o teu, o noso está para un labor político renovador, e non para desafogos persoais teus. Deberías abandonar o barco e deixar de lado a política, foches un cancro para +G, para o BNG e para Oleiros, a renovación pasa porque ti sexas un cadaver político, que xa o es, pero agora inda es un zombi que intenta vivir. Es noxento.
Por Filipe Antonio Fernández Diez: DNI 32804760K. Rogo deixedes de suplantar a miña identidade. Eu non insiro comentarios nos artigos do Sr. Tenreiro, polo que advirto que este é o primeiro e último. Saúdos a todas(os).
cala desorientado mental. veletas que es un veletas vai pra casa deixa ao BNG, a +G e a UPG
Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting