Constatemos que, por unha vez, o máximo líder do PPdG aceita que non é o grande xestor de eficacia asegurada que figura en case todas as biografías realmente existentes.Recoñece que non pode –e,ademais, non quere- promover un novo Estatuto e, simultaneamente, atacar o devalo económico.
Semellante posición política contén dúas proposicións implícitas que ofrecen suxerentes reflexións.A primeira: Alberto Núñez non lle outorga importancia política e/ou económica a un cambio estatutario que mellore a calidade do autogoberno.E a segunda:o presidente considera que está actuando coa máxima eficiencia no combate dos graves problemas económicos que padece a maioría da sociedade galega.
Se asumiramos a lóxica da argumentación presidencial teriamos que agardar seguramente unha década para elaborar o novo Estatuto.As predición dos analistas económicos mais serios non permiten manexar horizontes temporais mais próximos.Reparemos no paradoxo:o mesmo dirixente político que se atreveu a prometer que en 45 días de goberno ía deter o avance da doenza económica pídenos que teñamos mais paciencia que o famoso santo e practiquemos unha rigorosa e austera abstinencia estatutaria mentres non se recuperan os índices macroeconómicos e rematan cos malestares dos milleiros de universos microsociais.
Sorprendentemente, o presidente Feijoo tardou poucas horas en navegar polo pantano que supostamente quería evitar.Se Estatuto e crise eran realidades incompatíbeis, por qué lle dedicou minutos do seu precioso tempo a intentar demostrar a inutilidade do uso do termo nación no limiar do Estatuto ou por qué nos anunciou futuras entrevistas cos dirixentes do PSdG e do BNG, alterando a dedicación completa da súa “Superaxenda Anticrise”?
Para quen gustan de aplicar na política os criterios de selección de persoal que rexen en moitas empresas privadas, xa saben o que debe aparecer na vindeira “oferta laboral” para a presidencia da Xunta:buscase persoa con capacidade para resolver, ao mesmo tempo, un mínimo de dúas tarefas de complexidade manifesta.
Xesús Veiga
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
E que nos dís da túa irmá na Deputación de Lugo e do mantido que ten con ela: Xaquín Ros ( en Emafesa o andan buscando)?
Por surenho: Seica que cando non hai nada que dicir, algúns non teñen nada mellor que sairse pola tanxente; e se é tratando de desprestixiar, aínda que sexa tocando a un familiar, vale todo. Rio da Sardiña, es un auténtico fdp por faceres un comentario así. Xa é casualidade que a palabra que aparece na imaxe para enviar o comentario é: VILEZA
Por Susana: É incrible que os artigos de Xesús Veiga poidan suscitar comentarios tan infantís e simples como o de Río da Sardiña que se queda nos tópicos habituais, sen ser capaz de ler e rebatir con argumentos o contido do artigo.
Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting