O pase da "furia roja" á final do Mundial de fútbol desatou a alegría de toda España e fixo que centos, milleiros de persoas saíran á rúa para festexalo en todos os recunchos. Non faltou tamén a festa en lugares nos que, ata o de agora, era moi dífícil ver unha bandeira española coma San Sebastian ou Barcelona.
Unha situación que uns ven como unha provocación e outros como a manifestación da súa españolidade. De feito, o futbol estase a converter nun asunto de Estado. Os berros de "Viva España" y "Arriba España" en pleno centro de Barcelona e San Sebastián non gustaron a nacionalistas e, sobre todo, aos independentistas. Certos ámbitos políticos de Cataluña e Euskadi acusan a algúns medios, e principalmente a aqueles vinculados ao PP, como Intereconomia ou Cope, de "facer apoloxía do españolismo" e de vincular os éxitos da selección española con España e mesmo co PP.
Os cataláns, fundamentais no equipo
Por iso, non son poucos os que lembran que medio equipo español está conformado por cataláns e, precisamente, foi un deles o que este mércores lle deu a victoria a España. Esta situación mesmo foi utilizada por algúns medios deportivos para titular "Visca España". Unha "provocación" que estiveron a punto de respostar en Mundo Deportivo (xornal editado en Barcelona) con "Viva Espanya" pero que, finalmente, se decantaron por resaltar a importancia que tivo o gol do catalán Puyol para España.
A incomodidade tamén chega a algún ámbito do socialismo, especialmente, aos socialistas cataláns. Sen embargo, en Ferraz hai quen lle saca partido a esta situación, porque mentres España gaña partidos, non se fala dos problemas dos españois. Ou ese é o argumento que utilizan dirixentes do PP que, a pesar de ir coa "Roja" a morte, laianse de que, nas últimas semanas, tan só se fale de fútbol e non da crise económica e da crise do goberno de Zapatero.
E é que o campionato do Mundo está deixando imaxes para todos os gustos. Por unha banda, os que utilizan á Selección Española para facer apoloxía de tempos pasados
e outros que prefiren ir coas seleccións que se enfrontan contra España, como fan en Cataluña .
Galicia
Tamén en Galicia hai diversidade de opinións. Están os que van a Portugal a tentar celebrar unha victoria portuguesa
e os que saen a celebrar a victoria española en varias cidades como en Vilagarcía de Arousa:
Vigo:
en Cuatro Caminos, na Coruña:
ou Santiago de Compostela:
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Hoje França deu-nos uma grande alegría e fulminou aos p.... espanhois na Taça Davis.
Por Bo domingo: bueno, creo que non se durme hoxe en toda España coa desilusión... non se fala doutra cousa
Por José Antonio: No pasa nada, el tenis español representado por jugadores españoles muy orgullosos de serlo, sigue estando a un gran nivel. Por cierto, una preguntilla, ¿Hay algún independentista gallego que destaque actualmente en algún deporte? No conozco ninguno, solo destacais en la ingesta de alucinógenos
Por Brath: José Antonio (Primo de...?) vostede é dos que pensaria que a terra era chá porque o dizia todo o mundo? Pois isso, que razoar em base a número de pessoas é uma falácia. E para substancias as que há que tomar para em Gz apoiar aos que levam toda a vida fazendo deste canto da península um pais pobre, de emigrantes e sem futuro (que continua quase igual a dia de hoje so paliado pelos nossos esforços como povo), para isso si que há que tomar substancias mui duras ou muitas horas de tvs e medias espanhois no corpo.
Por Brad Pitt: entre este chamándolle fascista ao outro por chamarse José Antonio, outro coa merda e o outro cos p... españois, e despóis aínda vos cabreades se vos dí que sodes catro gatos.
Por Brath: Brad Pitt onde põe fascista? Quem se "cabrea"? O falar não tem cancelas...
Por Martinho: Razoar em base a número de pessoas é uma falácia. cc 100% O do Tenis, increibel, Não o publicarom em nenhum jornal espanhol¡¡¡¡ he he he...
Por Pai Martiño: Non, Primo de...Rivera era polo da familia dos da cervexa Estrella Galicia, non por chamarlle facha a ninguén...E O DAS FALACIAS dicirlle que sí, e que por sorte os de GBífida son catro gatos tamén, ou por sorte tamén os de Falange, se non vería vostede a falacia se fosen maioría, vería o que era unha falacia. O do tenis non nos deixa durmir á maioría, igual que cando perde o Alondras.
Por Brath: Os Falange antes não erão quatro gatos e seguiam sem ter razão. Saude
So hai que esperar a que Catalunya se independice, a selección española voltará a ser merda e a xente deixará de comprar trapos no chinos. Éche así!
Por Merlín: educado e respetuoso, coma ten que ser...despóis pídalle aos demáis o mesmo hacia vostede. País de túzaros.
Por Arturo: Merda deportiva, home, pensei que se entendía ben. Pido desculpas por ferir a súa hipersensibilidade. Referíame a que España voltará a ser esa selección que ostenta ser a peor anfitrioa da historia dos mundiais, a que sempre comeza favorita e se vai co rabo entre as pernas.
Por Merlín: Sí, en todos os deportes, sí, xa lle gostaría ter o palmarés dos deportistas de ESpaña nos ultimos tempos (xa sabe, balonmán, baloncesto, futbol, tenis, automovilismo, motociclismo, en fin, catro cousas...). Si é que aló do Padornelo (e acó tamén o disfrutamos, oes, sin necesidade de ser facha, nin do PP, nin todo o demáis), ten que estar a xente triste polos malos resultados deportivos, nada que ver cunha Portugal, Francia ou Alemaña, que ahí si saen campeóns en todo.
Por Arturo: Mertlín, cando dixen eu nada de fachas e do PP? Xa se sabe que nacionalistas españois hainos en todas partes. Alegrarse de que gane España ou deportistas españois é nacionalismo español, e non pasa nada, é lexítimo, pero aquí a xente vai con españa porque nos medios non sae outra cousa. Ou igual pensa vostede que non hai deportistas Portugueses, Franceses ou Alemáns que gañen moitas cousas; hainos exactamente igual, e os cidadáns deses paises ven na televisión que os seus deportistas o ganan todo, igual que en españa. Repase a procedencia dos gañadores de calquera deporte e mire as bandeiriñas... Simplemente en españa resáltanse os deportes nos que ganan españois, ou vostede seguiu de perto as olimpiadas de inverno (non esas non son importantes porque nunca gana un español). País...
Por Merlín: mire vostede os deportes máis populares e verá (home, si quere obviar a importancia do futbol, baloncesto e balonman no mundo occidental, alá vostede)...federados en turf, tiro con arco e biathlon debe haber poucos, penso. Si non se decata dos éxitos dos deportistas españois en deportes multitudinarios e os máis seguidos, vostede verá. A mín gostaríame que nos medios saísen moitísimos máis temas culturais, artísticos, de viaxes, historia, literatura, pero agora atribuílo todo aos medios, cando eiquí todos aprendemos antes a darlle patadas a un balón que a andar...O dos fachas ven polo discurso habitual, á merda (deportiva, claro) sucédelle case sempre o de que os que non somos da corda nacionalista xa temos que ser impositores españolistas, fachas, bandeiras de trapo, que si autoodio, etc... País
En El Mundo, Cope ou Intereconomía están a vincular descaradamente día tras días o trunfo da selección coa súa visión castiza de España. O outro Isabel Durán foi conxuntada de rojigualda á tertulia de El Gato al Agua, onde se fan comentarios alusivos a Euskadi pero sobre todo a Catalunya continuamente. Eles si saben interpretar o que queren os cataláns e non dubidan en falar da politización cando se trata da selección catalá, non agora. Polo demais, isto vén confirmar o que dicía aquel humorista: "Que é España? Un equipo de fútbol". A verdade é que no meu paseo de hoxe pola mañá polo ensanche e partes da zona vella compostelá había algunha que outra bandeira pero moi poucas, non é para tanto. Nin na Coruña vai saír máis xente agora á rúa que cando gañou o Dépor.
Por Pertyo: Claro, e todos os que están detrás son de El Mundo/Cope/Intereconomía... que simpleza de razonamento, entón os medios "castizos de Euskadi e Cataluña" non aproveitan para dar a súa versión "castiza" do acontecemento, e politizan todo? Todo o que cheire a español é de dereitas, negativo, "castizo" coma Intereconomía, meu? Que corto de miras
Por Bertyo: Meu querido amigo, di o aforismo latino: "excusatio non petita, acussatio manifesta". Das túas palabras entendo que te sentiches acusado ante a miña percepción de que hai sectores sociopolíticos e mediáticos que están a facer políticia identitaria de maneira descarada cos trunfos de "La Roja". Eu non falei de quen non politiza o deporte, falei dos que si o fan, que son moitos estes días, e non me dirás que dende eses medios non se está a facer tal cousa? Se non o ves tan claro será porque coincides con eles. Que alguén se alegre por estas vitorias non ten porque facelo dende posicións castizas pero hai quen o fai e moito: entendes a diferenza?
Por Pertyo: Xa que lle van os aforismos, dicía César "Fere libenter homines, id quod volunt, credunt", aínda que saiba traducilo, dí algo así como que a xente cré (ou entende) o que quere (non, non me sinto acusado, sinto que hai moita xente que ten que estar tan amargada polos exitos dunha selección coma os de Intereconomía por outras cousas, vostedexamentende. Que vida máis triste teñen uns e outros). Dicía que si emprega premisas falsas o razonamento sí e errado (humanum est). E por suposto, un non se alegra desde posicións castizas... pero alégrome, e danme moita peniña os da vida tan triste do ANTI (incluidos os "castizos" de Euskadi e Cataluña)
Como queren que non falemos de politica se a seleccion que eu apoio ou a seleccion que a maioria dos catalans (SI SI, MAIORIA) queren que os represente non poden participar por motivos politicos? Menos cinismo.
Por eu eu euuuuu: pero que selección non pode participar, si nunca houbo tal selección nin se oíu falar dela nin nunca houbo tal país, a que andamos? Motivos políticos? Cales? que eu saiba calqueira cidadán catalán pertence a España, a día de hoxe, dende que España é tal... que eu saiba, claro, sempre hai algún listillo que sabe máis que ninguén
Victoria de España na Eurocopa
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting