Xestionar victorias, xestionar derrotas

Os grandes equipos, as grandes empresas, os grandes líderes, recoñecense cando ademáis de xestionar as victorias, son capaces de xestionar as derrotas para facerse máis fortes.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 11/07/2010

  • versión para imprimir

Na politica, e en concreto no BNG, non se soubo asumir o paso polo goberno e moito menos a saída de este e polo tanto a xestión posterior de esta situación, nin social, nin orgánicamente.

A última Asamblea Nacional foi a que máis esperanza de cambio e modernización do nacionalismo xenerou desde a fundación do BNG en Riazor, pero os conservadores (UPG) especializados no control da endogamia, e os renovadores (+G), non souberon xestionar a situación de empate técnico levando á organización a unha situación que pode xerar o estrepitoso fracaso do instrumento institucional do nacionalismo galego levandoo a unha situación pseudo marxinal.

Na cultura politica do BNG hai tendencia a considerar personalista a quén destaca, crer inimigos a compañeiros, traballar máis polo control interno da organización que en aumentar a influencia na sociedade, idolatrar os movimentos de masas e sospeitar de aqueles que sesenvolven traballo institucional non sometido a consignas do aparato politico.

Así, moitos dos referentes internos do BNG son autenticos descoñecidos socialmente, sen influencia social e mesmo negativos á hora de trasladar á sociedade galega unha imaxe actual do nacionalismo e das súas bases sociais, conformamdo candidaturas de persoas da confianza do "aparato" de dirección, máis interesado no control interno que do éxito politico na sociedade.

Conformase así un nacionalismo máis parecido a unha ETT de colocación de empregados sumisos e cumplidores que unha organización forte, con cadros con perfil de liderazgo social e proxección pública, dos que tan escasos andamos.

En esta cultura, desenvolvese a vida interna de unha fronte de siglas de pouca influencia na sociedade por separado, e que se ten reproducido tamén en menor medida en +G cando na teoría se aspiraba a superar este modelo, e que lonxe de dar exemplo, reproduce tamén os vicios adquiridos polo BNG de aplazar debates que non conveñen, non recoñecer derrotas (e polo tanto renunciar a xestionalas) ou mesmo evitar responsabilizarse das decisións politicas.

En esta situación, non hai moita esperanza de cambio real e modernización do nacionalismo galego a curto prazo, polo menos no que depende do propio BNG, dos seus dirixentes actuais e de aqueles que a través de +G pretenden sucedelos á vista do acontecido desde a pasada Asamblea e do pasado proceso de escolla de candidaturas nas cidades.

Após do verán e a poucos meses das vindeiras eleccións municipais, reproduciranse os debates internos con repercusión negativa na sociedade, haberá alcaldes derrotados no propio BNG antes de presentarse ás eleccións, baixarase na representación a cotas por debaixo do 10% e convocarase unha Asamblea Nacional na que se nos xustificaráo fracaso, maquillaranse os resultados e non se asumirán responsabilidades. Gañará de novo o entorno da UPG e +G sairá derrotada (esta vez de verdade) por ter aplicado internamente os mesmos remedios que se pretendían mudar no BNG.

Despois da derrota polas candidaturas das cidades, virán as derrotas das candidaturas de vilas e pequenos concellos, e o 45% dos afiliados que apoiaron a +G na pasada Asamblea Nacional do BNG deixarán de crer nesa posibilidade de cambio que os ilusionou en aquela doce derrota, máis aínda cando o silencio é a resposta a esta preocupación e unha acción politica que non se diferencia (ou se descoñece) do resto de membros da Executiva do BNG.

Mentras, algunhas das voces criticas (habelas hainas) só se manifestan en pequenos circulos pero permanecen tamén ocultas en esa cultura consevadurista na que foron criadas á espera de que alguén (como non caia do ceo...) levante a voz e trunfe para sumarse ou seguir calados polo que puidera pasar.

Lideres que non son tal, non por falta de cualificación politica ou profesional, senón por falta de valentía politica e que serán si acaso, líderes internos ou de unha parte minoritaria da sociedade galega pero en ningún caso terán ese liderazgo politico que precisa o País Galego.

Mentras, Galicia seguirá gobernado polas politicas reaccionarias da dereita española, e o bipartidismo seguirase alimentando de fracasos do galeguismo e nacionalismo galegos mentras que os nosos dirixentes se desgastan en esforzos en raquíticos debates de control interno, illandonos da xente á que decimos representar e gardandonos na caverna da endogamia politico ideolóxica. Uns por conservar o miserable poder de non se sabe qué, e os outros por falta de valentía para cambiar as cousas.

Para que o nacionalismo mude, se modernice, ilusione e plantexe mensaxes dirixidas a todos os galegos e non só a unha parte que non chega a un 20% da poboación, é preciso xestionar as victorias (poucas) e as derrotas (numerosas) pero hai que comenzar por asumir a vontade de goberno e recoñecer tamén os fracasos, e en este momento, o BNG ten demostrado que nin sabe xestionar victorias e moito menos as derrotas. Cando así sexa, emerxeremos victoriosos.

Antón Tenreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
8

becerro

Si Antón, ti eres o mellor exemplo de como xestionar unha derrota.


7

Xurxo Barreiro

Magnífico Tenreiro. Os pitufos da UPG andan raibosos para defender a merenda...


6

insultado

Seguide insultando que así gañaremos sempre : "Conformase así un nacionalismo máis parecido a unha ETT de colocación de empregados sumisos e cumplidores que unha organización forte, con cadros con perfil de liderazgo social e proxección pública, dos que tan escasos andamos." Pódolle garantir que quen escrebe este comentario foi votar CONTRA o candidato de +Gz só por cousas como estas escritas no blog renovarobng

2 respostas
1

Por insultado: e despois, xa sabedes : "A xestionar derrotas"

2

Por Xato: Non o entendes, insultado, o Tenreiro fala de si mesmo : e sabe ben de que fala cando di iso de "empregado sumiso e cumplidor" ... Foron os seus moitos anos cumplindo !!!!!


5

Carlos Neira Suárez

Hai muitísimas cousas nas que ando dacordo dende há muito tempo. Poucas victorias que administrar tivo o BNG, ainda que o parecesen, nun bucle que nos tornou ao mesmo sitio en 30 anos. O debate éche mui ancho pra resolvermos en comentarios, así que só quero formular unha pregunta: a ninguén das correntes? que loitan dentro do BNG interesa recuperar, convidar, considerar a tantas e tantos militantes perdidos? Na comarca de Ferrol, centos e, entre eles, a maioría dos que formaron o mellor goberno da cidade con Xaime Bello.


4

Guillerme Docampo

algun que outro de Máis Galiza esta pensando en marchar para CXXI Converxencia)

1 resposta
1

Por Antón: Eu xa o fixen e de momento non me arrepinto. É moi triste ver ao Bloque así, pero eles buscárono. Tiveron o poder e desperdiciarono.


3

Wau

O BNG e un engano dende o comezo. Non representa ao nacionalismo galego, senón a súa antípoda ideolóxica: o marxismo-leninismo, no estremo do espectro eleitoral. O mellor que pode facer e deixar de existir e abrir a porta aos partidos galegos de tódalas representacións.

1 resposta
1

Por Salvador: Vai, que se suicide, non? E, xa se sabe, "os partidos galegos de tódalas representacións" son perfectos.


2

Carlos

É evidente que o BNG necesita unha refundacion e liberarse do sistema frentista que posibilita a dictadura da U. +BNG estao intentando mais non lle resulta doado. Se non o conseguen e seguen pensando que outro BNG é posible deberian desligarse do partido e formar a súa propia agrupacion

1 resposta
1

Por Eu tamén digo que si: ...e millor lles iría.


1

Xelo

Lideres que non son tal como lle ocorreu ó BNG contigo e con Aymerich en Oleiros.


Antón Tenreiro

Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog