Desde a rexión do Porto de do Norte de Portugal denuncianse os beneficios que o Goberno portugués sempre tivo co sur do país, principalmente, con Lisboa, Algarve e Alentexo. Por iso, os cidadáns comezaron a mobilizarse e non se descarta o inicio de protestas, manifestacións e mesmo folgas.
O conflicto sanitario en Valença do Miño de hai uns meses, que enchou a vila fronteiriza de bandeiras españolas, non foi máis que a espresión do abandono que os portugueses do norte din sentir dos seus gobernantes. Esta situación de desamparo repitese tamén nos ámbitos económicos, educativos e industriais.
Peores índices económicos
O norte portugués ten un índice de paro máis elevado que a media do país, 12% fronte ao 9%, e nos últimos meses pecharon máis pequenas e medianas empresas que no resto do país, princpalmente de calzado, madeira e téxtil, con moita man de obra. Lisboa é privilexiada fronte a Porto. O 90% dos empregos públicos máis cualificados están na rexión lisboeta.
Esta situación está favorecendo o xurdimento de sentimentos rexionalistas que, ata o de agora, nunca foran fortes. De feito, para o vindeiro inverno está previsto a presentación pública dun novo partido que defenda os intereses do norte e que engloba a ex militantes socialistas e do centro-dereita descontentos coas súas antigas formacións. Este partido pode levar o nome do Movimento Pro-Partido do Norte ou Partido Portugués das Rexións.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Penso que o cabeçalho não é correcto: o norte de Portugal não renega da sua capital: Porto. Ou qual outra capital tem o norte de Portugal? Braga? (...também não renegaria)
De verdade é necessário, numha publicaçom galega, castelhanizar topónimos e nomes portugueses?
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting