Piratas informáticos fanse cunha das webs de Radio Nacional

A páxina de podcast de Radio 3 é hacekada nunha das fins de semana de máis audiencia para emisora estatal.

Por Galicia Confidencial | | 17/07/2010

  • versión para imprimir

Unha mensaxe en inglés advirte a esta hora que a páxina de podcast de Radio Nacional de España Radio 3 está hackeada. Os autores do ataque informático asinan como “LatinHackTeam”.

O ataque prodúcese nunha das fins de semana con máis visitantes na web da emisora estatal especializada en música pop, pois son numerosos os oíntes que se conectan a Radio 3 para seguir festivais como o de Benicasim.

Os piratas conseguiron modificar a aparencia da web que permite descargar os programas da emisora estatal. O ataque comezou antes das 13 horas do sábado e persiste cando as 18 horas, o que apunta a que os servizos informáticos de Radio Nacional non teñen aínda controlada a situación.

A emisora estatal vese no compromiso de explicar se só se trata dunha modificación do sitio, ou se os piratas aproveitaron o acceso aos podcast para tentar difundir algún virus entre os suscriptores dos programas.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Web hackeada dos podcast de Radio 3