O día que naceu Chuza só tivo 25 usuarios únicos. Era o 20 de febreiro de 2006 e botaba a andar o primeiro portal de información en galego no que os internautas, cos seus envíos e votos, decidían a importancia das noticias.
A fórmula, copiada como o código do español Meneame.net, funcionou. Chuza! converteuse nun fervedoiro de noticias, a miúdo novas procedentes de blogs á marxe da visión tópica dos grandes medios de comunicación.
Os 25 usuarios únicos superaban os 6.000 un ano despois. Os xornalistas comezaban a acudir a Chuza! para adiantarse á actualidade, en particular do nacionalismo.
E é que o feito de estar en galego axudou a que Chuza!, segundo recoñeceu o seu creador Berto Yañez, a converterse nun foro de referencia para os galeguistas.
Esta característica, clave do seu éxito, terminou por ser un factor na súa morte, anunciada hoxe por Yañez. A diversidade ideolóxica das noticias subministradas e votadas polos cidadáns minguou e moitos internatuas abandonaron o portal ou convertéronse en usuarios pasivos. Porén, Chuza! seguiu mantendo unha considerábel audiencia, a miúdo este ano por riba dos 3.000 visitantes únicos.
Unha base de lectores que non é suficiente para captar publicidade ao webmaster de Chuza!, socio e coordenador da axencia A Navalla Suíza. Chuza! deixou hai meses de publicar publicidade. Berto Yañez levaba meses sen incorporar funcionalidades ao portal, como si fixeran moitos dos seus “familiares” no Estado e outras autonomías. E finalmente hoxe, ao rebufo do anuncio da fin de Vieiros, anunciou o seu feche o 25 de xullo.
Yañez tentou que o proxecto non morrese, traspasando o portal a algún colectivo ou asociación. Ninguén aceptou até o de agora a responsabilidade técnica e legal de darlle servizo a unha comunidade de usuarios tan grande. O webmaster sigue intentádoo. "Calquera iniciativa que xurda e sexa representativa da comunidade actual será enlazada visiblemente ao acceder a chuza.gl no futuro", promete Ber.to.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O personalismo do señor Berto é incríble! Mesmo no último rss de peche da Chuza ten a desfachatez de misturar VIEIROS + CHUZA. Elixiu o día e a hora precisas para ter aínda máis protagonismo a pesares de que a morte máis terribel é, sen dúbida, a de VIEIROS. http://chuza.gl/historia/as-webs-ga... Xa sabiamos que Berto é un magnífico 'comunicador' pero aproveitarse da morte de VIEIROS para mellorar o IMPACTO do peche de Chuza paréceme moi mezquino pola súa parte. Saúde.
Berto promete máis non cumpre! E senón basta ver o WIKI que disque sigue aberto pero debe ser aberto para os catro amigos co fundaron. http://wiki.chuza.org/wiki/Politica Polas súas obras os coñeceredes... Alguén viu algunha vez na súa vida un WIKI colaborativo pechado durante anos ??? Por mín que se meta Chuza por onde máis lle guste e xa vai sendo hora de deixarnos de tanto PERSONALISMO do carallo.
Por raxozorza: Erasmo, a ti o que che fastidia é que os teus posicionamentos a favor de Galicia Bilingüe (como membro que eres desa "organización" en contra do idioma galego) nunca foran ben recibidas entre os chuzeiros (como é natural, por certo)
Por Borja Estévez: Benvidos ao nova GaliciaConfidencial Chuza! Coas mellores polémicas -xa previsibles- entre galiciabilingüistas, chuzeiros reintegratas, chuzantes de a pé e anónimos mordéndose as unllas por non poder replicar a todos! Morra o conto. Chuza! descansa en paz! e tanta gloria deixes como bo humor levas!
Os cidadáns canto mellor informados mais libres. Chuza e os seus usuarios tiñan defectos, con certeza, mais ninguén obrigaba nen obriga a entrar en chuza ou en calquera outra web, como non podia ser doutro xeito. Asi, isto só pode ser unha boa nova para aqueles que gostan da prensa subvencionada afin a quen é afin. Que o gozen. Poucos meses fican para 1984.
Todos seremos máis pobres sen Chuza e sen Vieiros. Tamén os trolls que se dedicaban a comentar só para amolar nestas páxinas. Que será deles agora? pobriños. Tamén é certo que ultimamente Chuza parecia, a veces, un valado publicitario exclusivo das teses lusistas. E que conste que eu comparto moitas das teses do reintegracionismo e me parecía ben que se mandasen novas de medios en portugués. O que non me gustaba era o extremismo dagúns que querían botar fóra a usuarios galeguístas, simplemente por non ser da súa banda. En calquera caso Chuza era o que os seus usuarios (dependendo da súa actividade) querían.
Por gelo: Vamos, sentidinho. Gostava de saber quais esses galeguistas que se tentou botar fóra: raxozorza, ofillodeclarck, pabltoelmalo, colazo, galizanafronte, lunet, tximbalee e um longo etc. que querem volva Chuza? Eu nunca tivem grande êxito em chuza porque, simplesmente, a maioria tinha outros interesses e simpatias mas nom ando a chorar por aí por nom ser o rei del mambo numha rede social. Nom o digo por você, mas isso existe.
Só ver as fontes de Chuza! deste mês: Xornal, Vieiros ANT e El Pais principalmente. Pode-se ver umha tendència para a esquerda nada estranha no galeguismo. Mesmo assim chegavam à capa os artigos do Cuíña e do Padín. Eu nunca votarei por Converxencia XXI mas tenho enviado artigos - poucos - do Padín porque me pareciam de certo relevo para a Galiza. E os chuceiros, mui poucos, que simpatizavam com essa organizaçom estavam com todos nós, com gente que acreditava que estar informado em galego é precisso. Um pouco de sentidinho, nem havia tantos lusitas em Chuza! Havia, sim, notícias em português nomeadamente de política internacional, divulgaçom científica e lercheio. Notícias enviadas, também!, por gente que utilizava o galego RAG. Antes essas notícias estavam limitadas ao espanhol e cuido que isso nom era o melhor para o galego, independentemente da normativa. Enfim, Chuza! fijo umha diferença.
con respecto a chuza... é moi probábel que alguns que aquí poñen a parir a esa rede social pequen desa mesma intolerancia e sectarismo que, dun xeito mesquinho, lle queren aplicar. En Chuza, como na mesma sociedade, há persoas e opinions libres e con moito sentido do humor, con perspectivas refrescantes e iso non quita que tamén as houbese máis ou menos extremistas ou intolerantes (as menos con diferenza). Sería unha boa nova que manhán mesmo se anunciase que Vieiros e chuza volven con novos folgos... e con maís apoios.
"A diversidade ideolóxica das noticias subministradas e votadas polos cidadáns minguou e moitos internatuas abandonaron o portal ou convertéronse en usuarios pasivos". Escribideo mellor: a diversidade ideolóxica desapareceu por completo, e o portal ficou nas mans duns poucos nacionalistas e lusistas extremos. Quen discrepaba recibía votos negativos ata que decidía irse. Non tiñas máis que ver as noticias publicadas, e o número de comentarios: cinco, dez como moito. Nin eles querían comentar, xa que é moito aborrecido darse a razón mutuamente e non discrepar. O extraño é que non morrese antes.
Por Alfonso García: Concordo bastante. Eu fun un deses aborrecidos e volteime tan pasivo que nin iniciaba sesión, chuzaba como anónimo... Non sei se é porque determinada ideoloxía ten máis tempo libre, ou é máis comprometida, ou fomenta máis o activismo, pero chuza tornouse mono-cor e monocorde nos últimos tempos. Aínda así, lamento que peche. Aínda que algúns pensen que era unha perda de tempo, coido que nos aforraba moito tempo para atopar o que de verdade se cocía na rede a diario -pero menos na fin, insisto-
Por Nemigo: foi un erro tremendo poñer votos negativos nos comentarios dos usuarios. Iso foi o inicio da fin. Advertiuse a bertiño que iso facía que grupos perfectamente identificados censurasen opinións. Non o quixo ver. A participación afundiuse. Así vai
Por Gamela: Efectivamente CHUZA converteuse nunha secta perigosa na que todo o que non pertencia a ela era expulsado aos infernos do Karma Negativo sen remisión. Lástima que unha boa ferramenta en mans de xentes con pouca cabeza rematara así en VÍA MORTA.
Por rosa: Eu comencei, pero teño o mesmo sentir que vós, se discrepabas de lusistas e outros extremos xa te machacaban
Por gelo: Nemigo, como anda Staline? Continua a combater ao Berto, já vejo.
Por raxozorza: Chuza non morreu por falta de usuários!! Ao revés! Ou sexa, que a xente que non deu satisfeito o seu ego ao través do Chuza! remataba por chorar "Chuza! me censura"... en fin, todo esto é moi típico das redes sociais. Por certo, o problema non foi negativizar os comentários, aínda que era moito mellor que ao igual que noutras páxinas semellantes, a identificación de quen votaba positivo ou negativo nos comentários. Así en vez de frases vitimistas tipo "Chuza non me quere", poderiamos escoitar outras mais racionais como "Mengano non concorda", ou "Zutano caeme mal"
Espero que o final atopen algunha solución. A crise está batendo en todos os medios, pero mentras algúns teñen teta outros vense obrigados a pechar.
Tí sí que eres un merdas rubenciño. Seguirás vivindo na merda...bueno, igual eres de alguna familia de estos de siempre. Os nacionalistas seguimos estando aquí dende fai moito tempo, eu xa levo 54 anos.
Berto Yañez en 2007. Foto:flickr Vieiros
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting