Perdemos galego

e agora tamén na internet. A rede social Chuza! e o diario de información Vieiros desaparecen. É a noticia que recibimos na véspera do Día da nosa Patria. Perdemos información en galego na rede e perdemos patria.

Por Alberto Quián | Madrid | 24/07/2010

  • versión para imprimir

Eu agora lémbrome destas palabras do bo de Francisco Castro: “Temos a pura e bendita impresión de que, cando menos no Reino do Virtual, no País Galego Electrónico, as cousas son normais”. Iso pensaba eu, pero recibimos outra hostia de realidade. Se ninguén o remedia, o galego que vai subsistir é o subvencionado polo poder político, o de La Voz de Galicia, un galego robotizado, desvirtuado, violentado e aldraxado por un sistema de tradución automática que converte á nosa lingua en obxecto de sodomización política e xornalística. Subvencións millonarias para un galego que non é galego, senón unha parodia da nosa lingua. E desprezo político, empresarial, e, por que non dicilo, tamén civil, aos medios que si traballan pola normalización do noso idioma.

Semella que o galego non é rendíbel política, económica e socialmente. Vieiros e Chuza! non son as primeiras nin serán as últimas canles dixitais a prol do galego en desaparecer. Xa asistimos á defunción de Gznación e todo parece indicar que o diario nacionalista A Nosa Terra podería ser a próxima vítima da recesión galeguista no sistema de medios de comunicación do noso país. Perdemos información en galego no metamedio e restamos viralidade á nosa lingua.

Desde o poder político e económico só interesa apoiar a medios tradicionais e castelanófilos que manteñan o statu quo mediático galego. Un sistema anquilosado, arcaico e conservador. Un sistema incluso xenófobo, onde calquera intento de vertebrar unha canle forte e sólida monolingüe en galego e galeguista é marxinado ou ignorado.

Subscribo aqueloutras palabras do meu respectado Francisco Castro: “Ás veces penso o bo que sería (utopía, utopía, utopía) que os xornais escritos, que as teles, que as radios, que os medios de comunicación que adoitamos cualificar como tradicionais lle concederan á nosa lingua, á nosa cultura, aos nosos creadores, a metade dá visibilidade que na blogosfera conseguimos ter”.

É o que nos queda, os blogues, é dicir, a resposta civil. Para todo o demais xa temos o castelán, ou iso queren algúns.

Alberto Quián




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

Antonio

El problema es que no acabais de asumir la realidad y se prefiere el lloriqueo habitual. El nacionalismo gallego es ya afortunadamente marginal gracias al bipartito. La juventud a la que tanto gallego impusisteis pasa de este idioma, que si alguna vez estuvo asociado a Rosalía y a prohibiciones absurdas, hoy se considera como un invento sobre el que lusistas y normativos no os acabais de poner de acuerdo. Y lógicamente nadie quiere leer periódicos, digitales o de papel en dicho idioma.


2

Non neofalante

"un galego robotizado, desvirtuado, violentado e aldraxado por un sistema de tradución automática que converte á nosa lingua en obxecto de sodomización política e xornalística. Subvencións millonarias para un galego que non é galego, senón unha parodia da nosa lingua" Mimá!! Pois se o galego de Vieiros e Chuza é o auténtico galego... que veñan os non neofalantes e o vexan!!


1

Esteban Gámez

Mentres os medios tradicionais galegos sexan na Rede meras réplicas do que sae na súa páxina en papel (algúns, sobre todo en edicións locais, sen abrir aínda comentarios) non hai que facerlle. E que inda por enriba medios que comezaron na Rede e agora se pasaron ao papel só se adiquen a informar-contrainformar do que fai determinado partido e esqueza por completo o que ocorre nas comarcas e só entreviste a politiquillos no canto de canteiros, escritores, músicos e xente que fai país, mal imos. Como dirían en Chuza! farémonosunbló!


Alberto Quián

Nace en Vigo o 7 de agosto de 1976. No ano 2000 comezou a súa carreira como xornalista, sempre ligado aos medios impresos, ata que no 2008 deu un xiro co Máster en Periodismo Dixital da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Dende entón desenvolve o seu traballo no eido dixital. É o responsable de Redes Sociais de Galicia Confidencial, labor que compaxina coa súa actividade en internet a través do seu blog e redes sociais, e con traballos para distintas empresas públicas e privadas no eido dixital e en medios tradicionais.