As exportacións galegas aumentan un 22,6% no primeiro trimestre do ano

Galicia segue afundida na crise económica, como o resto de España, pero as grandes empresas comezan a ver a luz. A balanza comercial galega acadou un superávit de 635,5 millóns de euros no primeiro trimestre do ano.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 26/07/2010

  • versión para imprimir

Unhas cifras positivas que animan ás empresas a iniciar novas misións comerciais no estranxeiro segundo os datos apotados polas Cámaras de Comercio galegas. Así,  o balance comercial de Galicia foi no primeiro trimestre do ano de 3.712 millóns de euros en exportacións, fronte aos 3.076 millóns de importacións. Un incremento dun 22,6% con respecto ao mesmo periodo do ano anterior.

Sectores punteiros

As exportacións creceron, sobre todo, no sector do automóvil, manufacturas de consumo, bens de equipos, alimentos e semi-manufacturas. Europa segue sendo o destino principal destas vendas con incrementos significativos nos mercados de Portugal, Bélxica, Francia e Luxemburgo.

Estas cifras son superiores á media estatal. O crecemento medio do estado foi dun 14,8% o que coloca a Galicia como sexta comunidade máis exportadora, tras Cataluña, Madrid, Andalucía, Comunidade Valenciana e País Vasco.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Fabricación de veículos en Vigo/ notodocoches.com