Non serei nacionalista...

Á vista do que hai, non debo ser nacionalista. Dinme de baixa no BNG, pero ademáis non concordo coas teses da UPG, autenticos garantes da pureza e expendedores de titulacións de heroes patrioticos.

Por Antón Tenreiro | | 27/07/2010

  • versión para imprimir

Non debo de ser nacionalista cando cuestiono as teses emanadas do todopoderoso aparato politico-ideolóxico e renego de politicas endogámicas nin xuzgo ao resto de galegos como inimigos ou alienados polo sistema.

Non debo ser nacionalista cando defendo que todos os galegos e galegas debenter cabida en un proxecto nacionalista con vocación maioritaria que poña por diante o autogoberno de Galicia e aposta en valor de todas as potencialidades do País, no económico, no social, no cultural ou no politico, incluida a independencia (sí, a independencia) sen tabús, falandolle á xente sen enganos nin dobles mensaxes.

Non debo ser nacionalista cando creoen un empresariado propio, comprometido coa xeneración de riqueza e a criación de emprego e identificado co respeto ao territorio e a realidade do País.

Non debo ser nacionalista cando renego de sectarismos arcaicos e de exclusións ou defendo unha forza politica aberta a toda a sociedade galega e con vocación exemónica.

Non debo ser nacionalista, pois non me emocionan as consignas nin me motiva esa disciplina que algúns confunden coa sumisión.

Non debo ser nacionalista por non entender que "o que non está comigo, está contra min" ou por ter amigos que non son nacionalistas nin pensan coma min.

Porque si estes son os cánones do nacionalismo sería terrible...por iso sigo a ser nacionalista por diante de todo e cecais s que deberan repensar o seu nacionalismo sexan outros.

Tempo ao tempo...

Antón Tenreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

29 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 22

    Xandokas

    This is the new signing for the Spanish Socialist Workers Party (PSdeJa-PSOE)


    21

    Antonio

    Que mal escriben los nacionalistas gallegos, críticos incluidos. La expresión "posta en valor" aparece en todos sus artículos.


    20

    Xandokas

    A este acabóuselle a "chupeta", .... e cabreouse. Os novos caciques galegos está a punto de afundir ao Bloque, .... e co beneplácito da UPG.


    19

    Pedriño

    Pois como non consiga contratos da UPG, a súa empresa "Dalle que libras" terá que petar na porta do PSOE ou do PP dado que é unha empresa montada para chuchar da teta pública. Algúns contratos deses partidos xa papou como Equiocio en Ferrol . Será por iso que ataca tanto ó BNG-UPG?


    18

    amaeo

    A forza política na que vostede acredita estase a construir, chamase Converxencia. Haberá que deixalos algún día soiños na súa organización marxinal e minoritaria e pasarmos a facer país libremente dende organizacións políticas como as que vostede define. Un saúdo


    17

    Costadamorte

    Antón, mira como te utilizan os enemigos da Galiza: http://www.periodistadigital.com/ga... A min preuparíame moito que "estes" falaran siquera medianamente ben do que digo ou do que fago...

    2 respostas
    1

    Por periodista digital: Muchas gracias por pubilicitar nuestro medio, aunque sea llamándonos "enemigos da Galiza".

    2

    Por Artur: home... moi amigos non sodes


    16

    Xose

    Antón fai mal chistándolle á UPG. Mira o que lle fixo a UPG aos labregos (ao Sindicato Labrego). Mira o que lle fixo a UPG aos ecoloxistas (a ADEGA). A UPG vai esmagar aos que queiran loitar por Galiza e poñer en perigo o seu chiringuito.

    1 resposta
    1

    Por DanielErreCe: Pois si.


    15

    corunhês

    Cos pes na terra di: "Un erro histórico que podería lastrar o futuro do nacionalismo de prosperar a vosa respectable (sempre que se siga dentro da organización), pero non compartida visión." Vaia ou seja que se não fazes parte do BNG ja não es respeitavel. Parabens pelo conceito de democracia que manifestas. Eu sou nacionalista progressista, mas não sou de esquerdas, logo que tenho que irme do meu pais segundo a tua-vossa opinião. Defendo a economia de mercado productiva que crea riqueza, benestar social e a vez e solidaria com as pessoas. Nestes momentos nesta parte do mundo estamos mal (ainda que eu lembrome de crises piores). O capitalismo tem problemas:certo, mas os regimes socialistas fora duma ditadura social e falta de liberdades que aportou a humanidade?


    14

    Xancote

    Pero, quen se cre este tipo?. Se deixaches o carné do Bloque, pois xa está. É a túa decisión. Pero quen te cres que es? Haiche unha cantidade de Mesías frustrados. É incríbel. Outro producto aUpado pola U, cando xa se vía que, o pobre, non valía dous pesos. É o que teñen os mercenarios dos que se vale a U. Dan de si o que dan. Teñen outra xente capaz, valiosa, pero non lles vale, soio lles valen os brutos. Puagggggggggggggggggggggggg, esta Upegallada non da unha, esto non ten remedio


    13

    Hugo

    ¿Qué che pasou? Conta tío, porque pareces un pouco resentido.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Antón Tenreiro

    Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog